Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 1913-05-18 - 1940 (Creación)
Nivel de descrición
Fondo
Extensión e medio
1 rollo de microfilme e 7 PDF con actas, libros de rexistro, listaxes de socios e correspondencia
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
Os naturais de Dodro, emigrantes en Bos Aires, crearon esta sociedade agraria e mutualista, no país de acollida para axudar no funcionamento da Sociedade Agraria de San Julián de Laíño (parroquia do seu concello natal).
Entre os seus fundadores podemos citar a Tomás Viturro (primeiro presidente da entidade), Ramón Torrado, Perfecto Blanco, Manuel Reboiras ou Manuel Viturro, entre outros.
Con finalidades agraristas e instrutivas, os seus estatutos sociais recollen que entre as súas prioridades están apoiar a loita do sindicato agrario da súa parroquia contra o caciquismo local e axudar no desenvolvemento da instrución da xuventude da súa terra natal.
Ao pouco tempo da súa fundación, fan un envío de 6000 pesetas á sociedade de agricultores, para a construción en Tallós dun edificio, que debía funcionar como a súa sede e no que debían habilitar unhas aulas para escola dos nenos e nenas da parroquia.
En decembro de 1916, hai noticias do remate das obras e da inauguración do edificio social. Ademais do financiamento das obras, mandan cartos periodicamente destinados ao seu mantemento e ao pagamento do soldo do mestre, ata o ano 1956.
Esta entidade formou parte da Federación Agraria del Distrito de Padrón en Buenos Aires, entidade que tiña como voceiro a revista El Eco de Teo.
O nome fundacional desta sociedade fai referencia á orixe parroquial dos socios fundadores. En 1940, debido ao cambio de finalidades, prodúcense disensións que provocan a súa disolución.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato microfilme e dixital:
Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios correspondentes aos anos 1913-1926 e 1940.
Libro do copiador e correspondencia dos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940.
Libros de rexistro de socios da "Sociedad hijos de las Tres Parroquias de Dodro" do ano 1914 e da "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" do ano 1937.
Listaxe de socios da "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" do ano 1937.
Regulamento publicado en 1936.
Conservada en formato dixital:
Libros de actas das reunións da Comisión directiva e da Sección de Propaganda e Festas correspondentes aos anos 1936-1939.
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 20/03/2019
Modificado por Adriana Cousillas o 23/04/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino