Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 1933-07-09 - (Creación)
Nivel de descrición
Fondo
Extensión e medio
1 cartafol cos estatutos
1 rollo de microfilme cos estatutos
2 rollos de microfilme e 4 PDF con libros de actas´
1 rollo de microfilme con correspondencia enviada e libros de rexistro de socios
1 rollo de microfilme e 1 PDF con correspondencia recibida
4 PDF con folletos
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
Esta sociedade mutualista e recreativa foi creada por un grupo de emigrantes naturais do concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, residentes na Arxentina e fundada baixo o nome de CÍRCULO DE VILLAGARCÍA DE AROSA, o 9 de xullo de 1933. Entre os seus fundadores destacan Domingo Antonio Ramos e Julio Quiteiro. O seu obxectivo principal era manter a unión entre os seus paisanos e conceder axudas aos socios máis necesitados. Teñen tamén actividades recreativas e de esparcimento.
No ano 1943 os socios votan polo cambio de denominación da entidade pasando a chamarse SOCIEDAD DEL AYUNTAMIENTO DE VILLAGARCÍA DE AROSA que integra a todas os emigrantes naturais desa comarca. Dende 1944 ata 1952 non temos noticia de que teña actividade. Xa no 1952 no libro de Asambleas de Socios aparece especificado que se produce unha segunda época constando como unha refundación da mesma baixo a comisión directiva presidida por Domingo Antonio Ramos e Julio Quinteiro.
En asemblea xeral ordinaria do 14 de setembro de 1991 se decide o cambio de denominación da sociedade, que pasará a denominarse ASOCIACIÓN VILLAGARCÍA DE AROSA e a funcionar con carácter de personería xurídica dende o 2 de febreiro de 1993.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel, microfilme e dixital:
Estatutos sociais (fotocopias) (1952)
Conservada en formato microfilme e dixital:
Libros de actas das Reunións da Comisión Directiva (1933-1990)
Libros de actas das Reunións das Asembleas de Socios (1933-1944, 1952-1991)
Correspondencia recibida (1936-1941)
Conservada en formato microfilme:
Correspondencia enviada (1934-1943)
Libros de rexistro de socios (1935-1952)
Conservada en formato dixital:
Estatutos sociais (1991)
4 folletos sobre actividades mutualistas (1935-1941)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Os documentos microfilmados precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 12/03/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino