Sociedad fomento de Porriño y su distrito

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Sociedad fomento de Porriño y su distrito

Forma(s) paralea(s) do nome

  • Fomento de Porriño y su(s) distrito(s)

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • Relacionar con: Sociedad residentes del municipio de Porriño (1938)

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1916 ata 1938, ano no que as sociedades de emigrantes de Porriño se fusionaron para crear unha nova entidade denominada "Sociedad residentes del municipio de Porriño"

Historia

Esta entidade foi creada en 1916 polos emigrantes porriñeses residentes en Bos Aires.
A súa primeira Comisión Directiva estivo integrada por Marcelino Sequeiros, como presidente; vicepresidente, Pedro F. García; secretario, Carlos Fornos; prosecretario, Ignacio Paz; tesoureiro, Ricardo Saavedra; protesoureiro, Emilio Coto; contador, Emilio Rodríguez Leirós; bibliotecario, David Pereiro; vocais: Maximino Pereiro, Jesús Pérez, Verisimo Pérez, Juan Carrera Valverde, Manuel R. Fernández, Eleazar Pereiro, José Leiras, Evaristo I. Catalán, J. Domínguez, M. Afaro, E. Rodríguez, J. Saavedra, Antonio Casalmorto, J. González, F. Oya.
Os fins recollidos nos Estatutos son: "a unión dos naturais de Porriño e aportar desde América alentos e apoios morais e materiais en pro da cultura e da redención do caciquismo ó que está sometido o pobo galego". Entre outros obxectivos está a fundación e lograr o sostén económico de escolas gratuítas para nenos e nenas no seu concello natal, e salientan a importancia da educación física no programa escolar e as clases nocturnas. Tamén desexa fundar bibliotecas en todo o distrito para o público en xeral e axudar no desenvolvemento comercial da súa terra natal, cooperando na construción e conservación dos camiños comunais e veciñais. Outro aspecto sería a loita pola derogación de determinados impostos municipais que pesan sobre os artigos e produtos de primeira necesidade. Pide ás autoridades a creación dun corpo de bombeiros para toda a comarca".
En decembro de 1923 un grupo de socios descontentos da actuación da xunta directiva decide separarse e crear outra sociedade que se denominará "Unión Agraria Parroquias Unidas del Distrito de Porriño"; esta sociedade quince anos despois, en 1938 apoiará a idea de fusión das sociedades de porriñeses existentes en Bos Aires e crean a actual "Sociedad residentes del municipio de Porriño".

Lugares

América
Arxentina
Bos Aires
Porriño

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Benéficas e mutuais

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Sociedad residentes del municipio de Porriño (1938-06-12 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-SocResPor

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1938-03-21

Descrición da relación

Fusión das entidades de emigrantes do concello de Porriño en Buenos Aires

Entidade relacionada

Unión agraria parroquias unidas del distrito de Porriño (1923 ata 1938-03-21)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-UAPor

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1916 ata 1938-03-21

Descrición da relación

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-AR-SocPor

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG.

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados