Subserie 01 - Teo : Órgano oficial de la Federación de Residentes de Teo en Sud-América

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-FRTeo-07-01-01

Título

Teo : Órgano oficial de la Federación de Residentes de Teo en Sud-América

Data(s)

  • 1910-05-15 - 1920 (Creación)

Nivel de descrición

Subserie

Extensión e medio

2 volumes con fotocopias
1 sobre con 4 microfichas

Área de contexto

Nome do creador

(1909-11-26. Non existe na actualidade.)

Historia administrativa

Esta federación acolle ás sociedades de emigrantes naturais das parroquias de Luou, Calo, Cacheiras, Recesende e de Oza, todos eles residentes de Bos Aires. Defende posturas agraristas e a prol da instrución de Galicia, apoiando dende Arxentina, económica e moralmente, as actividades dos sindicatos agrarios da súa terra natal.
Entre os seus fundadores podemos destacar a José M. Iglesias, primeiro presidente social; Manuel Lueiro, Manuel Liñares, Avelino Sixto, José López e Jacinto Rodríguez, entre outros.
En 1911 editan o boletín oficial da entidade baixo o nome de "Teo"; nas seguintes décadas, tamén financiou as publicacións "El Eco de Teo", "Hércules" e "Unión de Teo y Vedra".

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Esta publicación comezou a editadarse en 1910 polas sociedades agrarias de emigrantes da comarca de Teo e Vedra. Informa da vida interna e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analizando a situación das diferentes parroquias, desde unha perspectiva agrarista, e denunciando as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle diversas notas sociais como nacementos, vodas, viaxeiros, etc. dos persoeiros da comarca, e colaboracións literarias. A partir de 1916 pasa a denominarse «El Eco de Teo» e xa nos anos 20 continúa chamándose «Unión de Teo y Vedra»

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1911: n. 16-20
1912: n. 21-32
1913: n. 33-44
1914: n. 45-56
1915: n. 57-60

Anos conservados en formato microficha:

1915-1918

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala a todos os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

O material que está en formato microficha non se pode reproducir por cuestións técnicas. O resto da documentación permítese reproducir.

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

As fotocopias da revista están encuadernadas en dous tomos. O primeiro tomo comprende os n. 16-32 (1911-1912) e o segundo tomo os n. 33-60 (1913-1915). Os documentos en microficha precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

Biblioteca da Real Academia Galega
1915: n. 66, 68
1916: n. 69-71, 73
1917: n. 81, 92
1918: n. 94-95

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Nota

Documentación doada pola Sociedade Agrícola y Cultural del Municipio de Vedra e o concello de Vedra

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Xéneros relacionados

Almacenamento físico

  • Cartafol: AE/Mf-10