Publicado
Publicado
Esta asociación recreativa e de socorros mutuos, foi creada por un grupo de emigrantes, naturais do concello de Oleiros, residentes na Arxentina. Entre os seus fundadores podemos citar a Ramón Suárez, Antonio Portela, Juan Portela, José M. Souto, M. Sánchez, Francisco López, Joaquín Suárez, Jesús Suárez, Manuel Cajigal, José Portela, Francisco González, José Doldán, José Ares, José Breigo, Manuel Pita, Alejandro Ramón, Melchor Salinas, José Portos, Francisco Blanco, Juan Vázquez, Manuel Vázquez, Manuel Fuentes e José Fernández.
Foi fundada para protexer e repatriar, en caso necesario, aos seus asociados; tamén tiñan en mente crear escolas e fomentar o ensino no seu concello natal, ademais de cultivar e difundir o espíritu de asociación entre os conveciños residentes na república americana.
Actualmente manteñen unha vida social bastante intensa celebrando as festas tradicionais de Santa María de Oleiros, o Fin de ano ou o Día de Galicia. Teñen un programa de televisión, para divulgar a cultura galega na Arxentina. Priorizan a axuda entre os asociados: concesión de subsidios por falecemento, asistencia médica e farmacéutica.
Publicado
Formato microfilme:
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva (1918-1960):
- 1918-1921
- 1921-1924
- 1924-1929
- 1929-1933
- 1933-1937
- 1937-1941
- 1941-1944
- 1944-1951
- 1951-1957
- 1957-1960
Os documentos microfilmados precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.
Na propia institución
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria.
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica