Identity area
Reference code
Title
Date(s)
- 1911 - (Creation)
Level of description
Extent and medium
3 actas
Context area
Name of creator
Administrative history
Esta sociedade parroquial creouse o 31 de decembro de 1911 na cidade da Habana polos emigrantes da parroquia de Santalla da Devesa. As súas orixes remóntanse a 1898, cando o 31 de decembro, fúndase nesta parroquia de Ribadeo unha sociedade co mesmo nome, aínda que na práctica son sociedades independentes.
Foi fundada por emigrantes da zona e outros compatriotas que traballaban en Tampa (Florida, Estados Unidos) e que se trasladaron a Cuba en 1911. A súa finalidade foi recreativa e instructiva. En 1919 inauguran unha escola na súa terra natal que funcionará para os nenos da Devesa, Rinlo e Vilaframil. A ensinanza será gratuíta para os alumnos de ambos sexos pertencentes ás citadas parroquias e nese mesmo ano, mercaron uns terreos para facer unha nova escola.
Na Habana celebraban festas de confratenidade e outras actividades de lecer co fin de conseguir fondos ademais de potenciar a unión entre os socios.
En 1913 a Xunta Directiva deste centro estaba composta por: presidente xeral, José Antonio Acevedo Martínez; vicepresidente, Ramón Murias e secretario, Ramón Alonso.
Na actualidade é un sociedade recreativa presidida por Susana Jaqueline Vilaboy Barreras, neta de galegos.
Repository
Archival history
Immediate source of acquisition or transfer
Content and structure area
Scope and content
Actas relativas á constitución da sociedade en España, conservadas en formato dixital e impreso:
- Certificado da Acta número 1 da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en A Devesa, Ribadeo, do día 09/10/1911, relativa á financiación da construcción do edificio social. Contén o "Legado Pedro Murias" (7 páxinas)
- Acta da reunión celebrada na Habana entre a Xunta Directiva da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" de A Habana e a Comisión de doantes da parroquia de Devesa o día 03/01/1912 con motivo da constitución dunha sociedade homónima en España (4 páxinas)
- Acta da reunión da Xunta Directiva da sociedade habanera o día 12/01/1912 na que se aproba a constitución dunha sociedade homónima na Devesa, Ribadeo, e a construcción dun edificio social e de recreo (5 páxinas)
Appraisal, destruction and scheduling
Accruals
Aberto a novos ingresos
System of arrangement
Conditions of access and use area
Conditions governing access
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Conditions governing reproduction
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Language of material
- Spanish
Script of material
- Latin
Language and script notes
Physical characteristics and technical requirements
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Finding aids
Allied materials area
Existence and location of originals
A propia institución
Existence and location of copies
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Related units of description
Notes area
Alternative identifier(s)
Access points
Subject access points
Name access points
- Círculo Habanero de La Devesa (Subject)
Genre access points
Description control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation revision deletion
Creado por Adriana Cousillas o 13/08/2019
Language(s)
- Galician
Script(s)
- Latin