Esta sociedade foi fundada o 26 de agosto de 1922 baixo o nome de "Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubión", polos emigrantes do partido xudicial de Corcubión residentes na capital arxentina. Os seus primeiros estatutos foron aprobados na Asamblea social do 24 de marzo de 1923, recollendo as súas finalidades principais:
"Capítulo I: Art. 2º: son sus fines: a) propender por todos los medios al mejoramiento agrario de aquella parte de Galicia; b) procurar asimismo la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquellos que esté comprendido en el orden cultural; c) proteger a sus asociados y cuidar de su mejoramiento físico, estableciendo todo lo que conduzca a este fin, sin descuidar la asistencia médica, cuando sus medios se lo permitan y llegando a establecer una sal de primeros auxilios (...)".
Dende a súa fundación manteñen un labor en pro da beneficencia e da cultura dos seus asociados. Destacan no seu labor a favor da educación dos nenos deste partido xudicial, chegando a construír catro escolas nas parroquias de Estorde (Cee), Nemiña (en Muxía), en Pasarela (en Vimianzo) e en Suarriba (Fisterra).
O 26 de agosto de 1925 sae o primeiro número da revista "Alborada", órgano oficial da asociación, coa pretensión de que se convertise no voceiro das súas aspiracións colectivas e de recoller canto de interese xeral acontecese na súa comarca natal. Actualmente segue a editarse.
Contan cunha sede social en propiedade dende 1930, onde funciona a secretaría social; e en 1940 mercaron dous terreos onde instalaron o seu recreo social, para organizar reunións e festas para os asociados.
Na actualidade están centrados nas actividades recreativas, deportivas e culturais, ademais dalgunhas actividades benéficas que realizan segundo as súas posibilidades, colaborando co Hogar Gallego de Domselaar. Asesoran gratuítamente aos socios e membros da colectividade no referente a trámites consulares, pensións, bolsas, campamentos ou axudas especiais.
Grupo constituído no seo do Centro Gallego de Buenos Aires, formado polos membros máis novos dunha das faccións en liza pola presidencia desta institución.
Ademais da defensa dun programa político marcadamente nacionalista, dedicouse a organizar actividades culturais e recreativas.
Fundada co obxectivo de fomentar o cultivo da música e a arte teatral, con preferencia da cultura galega. Para realizar as actividades vencelladas con este fin, tiña un salón-teatro de 520 butacas, salas de entretemento e xogos, e un bar para os socios. Dispoñía dun fondo bibliográfico importante con máis de 2.500 volumes, dos que 500 son de língua galega.
No ano 1920 preside a entidade José Villamil e como director artístico traballa Ricardo Fortes. En 1923 o presidente foi Manuel Fernández Taboada e como vicepresidente Maximino Matalobos que no ano 1928 será presidente. En 1935, o presidente foi Manuel Alvarez Lueiro. En 1937, sendo presidente José Rivera Luaces, nomease presidente de honra a Paulino Fernández.
Creou unha masa coral e un grupo teatral fundado en 1920, e desde 1925 contará cun orfeón e coros típicos galegos.
Debido un incendio perdeu moita da súa documentación histórica e a súa rica biblioteca. Actualmente están en proceso de restauración do edificio e do seu teatro onde seguen a organizar diferentes actividades culturais: bailes, obras de teatro, actuacións musicais, etc. Ten unha agrupación coral enxebre "Salayos", un coro denominado "Vigo" e o grupo de danza "Compostela".
Na actualidade o seu presidente é Julio Santamarina e conta con máis de cincocentos socios.
Esta sociedade cultural e artística foi creada por emigrantes galegos na Arxentina, para participar na homenaxe que a colectividade galega de Bos Aires lle fixo nese ano a Rosalía de Castro, con motivo do centenario do seu nacimento, celebrando un gran festival o día 24 de xullo no Teatro Avenida.
Esta asociación continúa no seu labor en defensa da cultura e a arte galega ata xaneiro de 1963 en que aproba a súa integración no "Centro Pontevedrés".
A Agrupación Cultural Abrente constitúese o 8 de novembro de 1969 en Ribadavia. Nos seus inicios acolle un cineclub, mais logo céntrase no teatro.
Nun contexto de recuperación cultural e socioeconómica que existe a partir da década de 1960 en España, entre 1973 e 1980 Abrente celebra as Mostras de Teatro e o Concurso Abrente de Textos Teatrais en Galego, que contribúe para que xurdisen ou se desen a coñecer novos autores. Arredor destas mostras, xorden os autores do grupo Abrente, o primeiro grupo xeracional de dramaturgos profesionais en lingua galega, grupo entre os que destacan os autores Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño e Euloxio R. Ruibal.
A Agrupación Cultural Auriense organízase en Ourense, no ano 1967, contando coa xente que se reunía no Café Miño e o estudantado de Maxisterio do Café Coralín. A súa primeira sede localizábase na rúa Curros Enríquez, logo asentarías na praza do Correxedor, 17, onde hoxe ten actividade o Café Cultural Auriense. O primeiro presidente da agrupación foi o xurista Nemesio Barxa Álvarez e como presidente de honra, Ramón Otero Pedrayo. Nos primeiros anos, a actividade xirou ao redor da organización de actos e semanas culturais, así como cursos de galego e a publicación do Boletín da Auriense. Nos últimos tempos celebrou actividades que reflicten o seu compromiso coa dignificación cultural de Galicia, como a recuperación e participación en festas e tradicionais populares, campañas de normalización lingüística, concursos literarios, exposicións, xornadas de cinema ou concertos.
Esta sociedade recreativa e cultural foi fundada o 17 de decembro de 1996 por un grupo de emigrantes galegos asentados en Badalona. Constitúe un lugar de encontro entre estes galegos para conmemorar datas como o Día de Galicia ou o aniversario social, tamén crearon un grupo folclórico de baile e música galega formado polos socios e un grupo de teatro, facendo representacións en datas destacadas.
Dende 1997 editan unha revista social: "A Palloza".
Esta entidade de emigrantes galegos asentados nos barrios de Horta, Carmelo e Verdum, da capital catalana, foi fundada en setembro de 1982 como unha entidade cultural co obxectivo prioritario de "promover e defender todos os valores de Galicia, da súa arte, da súa lingua y da súa cultura, así como as súas tradicións e costumes populares (...)". Ademais recollen nos seus Estatutos a posibilidade de axudar economicamente aos socios que o poidan necesitar e de server de lugar de encontro para todos os galegos da zona.
Celebran o Día das Letras Galegas, a festividade de Santiago Apóstolo, o aniversario social, Festa do Magosto e Fin de ano. Nestes actos realizan representacións teatrais e actuacións do seu afamado grupo de baile e música galegos.
Imparten na súa sede cursos de informática, organizan viaxes culturais, exposicións, excursións, festas sociais, conferencias, cursos de galego, de cociña, etc. Teñen un programa de radio titulado "Saudade".
Esta entidade cultural galega en Cataluña foi fundada por un grupo de emigrantes galegos residentes na localidade barcelonesa de La Llagosta o 2 de maio de 1992. Entre as súas finalidades (recollidas no seus Estatutos sociais de 1994) destacan: conservar e protexer a cultura galega dende os seus orixes e facilitar a comunicación e o contacto cultural entre os galegos residentes en Catalunya; ensinar, facilitar e fomentar o coñecemento do folclore galega a través de cursos monográficos; fomentar as actividades deportivas, recreativas e benéficas que teñan por obxecto a convivencia e a unión entre todos os galegos.
Organizan diversas actividades culturais e recreativas como a "Festa Galega" na honra de Santiago Apóstol que levan a cabo dende 1998 e da que editan un folleto no que aparece o programa festivo, con conferencias, representacións teatrais, actuacións de grupos folclóricos galegos, etc.
A Agrupación Cultural O Galo xorde no ano 1961 en Santiago de Compostela por iniciativa de Mario Orjales Pita, Xulio Maside Medina, Ventura Cores Trasmonte, Salvador García Bodaño, Aurichu Pereira Carballo e Mercedes García Fernández. Non será ata 1962 cando se conformen os estatutos da asociación, cuxa legalización impulsaron Óscar Fernández Refojo, Justo García Díez, Mario Orjales Pita, Salvador García Bodaño e Mercedes García Fernández. A primeira directiva constituirase ao ano seguinte, estando integrada por Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón (presidente), Carlos Herrero Álvarez (tesoureiro), Xusto García (secretario), Antón Santamarina Fernández (vogal) e Xosé Luís Fontenla Rodríguez (vogal). Os cambios na directiva serán sucesivos nos anos seguintes, a excepción da presidencia, que estará ostentada por Xosé Mosquera Stolle durante varios anos. O primeiro acto público desta asociación foi a exposición 20 pintores para a paz, ubicada no Hostal dos Reis Católicos en xuño de 1961. Para a inauguración de dito evento, contouse coa presenza de Vicente Risco, quen pronunciou un discurso titulado “Galicia y la revolución estética”. As actividades que seguirían a esta mostra serían fundamentalmente teatrais (poñendo en escea obras como “As cadeiras” de Ionesco ou “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao). Tamén abundaron os recitais poéticos e os concertos (especialmente en colaboración co coro Cantigas e Agarimos e con Voces ceibes). As clases de galego na década dos 60 caracterizaron o quefacer desta organización, impartíndose as mesmas no Instituto Padre Sarmiento e no Colexio Peleteiro. Destacaron ademais as conferencias públicas, moitas delas impartidas por Fernando Mon, o Padre Gándara ou Ricardo Carballo Calero, entre outros. Cabe aludir tamén ao Premio de Teatro Castelao, impulsado polos membros de O Galo animados por Ramón Piñeiro. Celebraríase entre os anos 1963 e 1967, resultando premiados Ángel de la Peña (coa obra “Cando morren os faroles”), Jenaro Mariñas (con “A revolta”) e Xohana Torres (con “Un hotel de primeira sobre o río”). No ano 1966, o premio quedaría deserto, argumentándose a pouca calidade do presentado. Para a dotación económica do galardón (10.000 pesetas), realizábase a coñecida como “Campaña do Peso”, centrada en acadar que 2.000 santiagueses doasen diñeiro. A entrega do premio realizábase nunha cea celebrada no Hostal dos Reis Católicos. Detrás de todas estas aparentemente inofensivas accións de O Galo, atopábanse reivindicacións galeguistas e de liberdade, enmarcadas dentro dun contexto opresivo como era o da ditadura franquista. É por este motivo polo que moitas das actividades organizadas debían ser autorizadas polo Ministerio de Información e Turismo, así como polo Goberno Civil. Non só afectaba este requisito aos actos públicos, senón tamén ás reunións que a xunta directiva celebrase. A traxectoria de O Galo continúa até os nosos días, xa nun contexto diferente, pero mantendo unha dinámica actividade baseada na organización de conferencias, visitas culturais e presentacións de libros.
Na década dos 40 do pasado século, dentro da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" primou a idea de agrupar ás sociedades de naturais dunha mesma comarca ou da mesma provincia, ou tamén de reunir baixo unha única entidade a todos os galegos residentes nun mesmo territorio fóra da gran Buenos Aires. Pretendían así superar o localismo de moitas das microsociedades existentes, para así lograr máis forza e apoios na defensa dos seus idearios. Así no número 4 do xornal "Acción Gallega", voceiro da FSGA, se lanza un chamamento " (...) respondiendo a los principios de nuestra Federación, para que agrupen en forma organizada a un extrarodinario número de coterráneos que viven en los pueblos suburbanos de esta capital y que todavía no están federados ... Esta sociedad representa a los gallegos residentes en Lanús".
Nace así esta entidade cuxa comisión fundacional estaba integrada por membros destacados da colectividade asentada en Lanús como Lisardo Castro, quen foi o seu primeiro presidente, Eugenio Rodríguez, Antonio Pousa, Santiago Suárez, José Valladares, Melchor Vigueira, Hermenegildo Cambados, Odulio Gallego, Lisardo Martínez e Manuel Lodeira.
Foi unha sociedade con fins culturais e recreativos.
Sociedade vencellada aos concellos de Viana e Valdeorras na provincia de Ourense, fundouse na Habana o 23 de xaneiro de 1928 como "Agrupación Valdeorresa". Aínda que no seu nome orixinal non aparecía Viana nas reunións trataban asuntos do Distrito xudicial de Valdeorras e Viana do Bolo; no mes de xullo de 1929 aproban o cambio de nome e pasan a denominarse "Agrupación de Valdeorras e Viana".
A súa directiva fundacional estaba composta: presidente, Mario Prada; secretario, José Rodríguez; tesoureiro, Augusto Fernández; vocais: César López, José Núñez, Paz López, Elvira Sánchez, Carlos Salgado, José Gómez, Francisco Maseda.
Tivo como fin prioritario a instrución pública, exemplificada na construción de escolas no seu lugar de orixe. Nos seus primeiros meses colaborou coa Sociedade Unión Orensana para facer unha biblioteca e crearon unha comisión "Pro-carretera Barco-Viana". Esta sociedade centrouse na beneficencia aos seus asociados máis necesitados.
Dende o 2003 é presidente desta sociedade, José Ramón Marín Castro.
A Agrupación Galaica promove o achegamento dos galegos en Venezuela e as iniciativas de acción asistencial comunitaria. Fomenta e desenvolve actividades de carácter deportivo, recreacional, de previsión e axuda. Órgano de opinión dentro de la Hermandad Gallega de Venezuela, concurrindo aos procesos electorales efectuados por dita entidade, e en xeral ten un carácter benéfico e de socorro mutuo.
Foi creada para "cumplir con el principio de defensa de los derechos de los socios de la Hermandad Gallega y de los gallegos en general"
Esta sociedade cultural e recreativa foi fundada polos emigrantes galegos residentes na cidade chilena de Valparaíso, nos anos vinte do século pasado.
En 1930 a súa directiva estaba integrada así: presidente, Antonio Collazo; vicepresidente: José de la Fuente; secretario, Emilio López; tesoureiro, Alejandro Álvarez; prosecretario, Tomás Veiga; protesoureiro, Antonio López Pérez; directores, Eloy Estévez, Bienvenido Rodríguez, José Pérez Busto, Antonio Fernández, Manuel Uzal e Feliciano Farmigo.
No ano 1929 comeza a editar como voceiro social a revista “Galicia en Chile”, dirixida por Emilio López Pérez
Organiza diversas actividades recreativas e festivas para manter a unión e solidariedade entre os galegos da cidade, como a celebración anual dunha romaría campestre celebrando a festividade de Santiago Apóstol.
Esta sociedade de emigrantes galegos foi fundada o 4 de maio de 1952 polos galegos residentes en Sestao baixo a denominación "Sociedad Cultural Recreativa Agrupación de Hijos de Galicia", coa finalidade de "Crear na rexión vasca unha continuación espiritual de Galicia, irmanando aos galegos no culto a España e no recordo vivo de Galicia, dando a coñecer a ésta no seu dobre aspecto espiritual e material, velando polo benestar dos seus fillos e estudiando á vez os costumes, a historia e a cultura peculiar do pobo no que vivimos".
Na súa sede social, que teñen en propiedade dende 1969, imparten clases de baile e música galegos. Alí desenvolven todo tipo de actuacións culturais e actividades recreativas.
Celebran a "Semana Cultural de Galicia", con diversas actividades para difundir a nosa cultura, con actuacións do seu grupo folclórico "Hijos de Galicia". Celebran o Día de Santiago Apóstolo e o Día das Letras Galegas e participan activamente nos actos que organiza a Irmandade de Centros Galegos no País Vasco co gallo do Dia de Galicia nesta comunidade.
Foille recoñecida a condición de galeguidade en novembro do ano 1987.
Esta sociedade foi creada o 20 de febreiro de 1926 en Bos Aires, polos emigrantes residentes alí, e naturais da comarca de Sarria. Entre os seus fundadores pódese citar a Enrique Díaz, Eduardo Núñez, Julio Martínez, José Lago, Luis López, Constantino Núñez, Casto Olmos, Antonio García, Benedicto Darriba, Manuel López, Rafael López, Demetrio Díaz e Vicente Rivas.
Esta sociedade instrutiva e mutualista, tiña entre as súas finalidades: fomentar o espíritu de sociabilidade entre os socios e as súas familias, mediante actos e reunións que serviran de expansión e fraternidade; velar polos asociados, emprestándolles axuda moral e material, dedicando a maior atención aos enfermos e necesitados; dar a coñecerse en Galicia, a fin de que os seus veciños coñecesen qué podían obter da entidade que "los recibirá fraternalmente y orientará facilitándoles trabajo y prestándoles la ayuda pecuniaria que precisen".
O 10 de decembro de 1942 aproban en asembleia xeral de socios a súa disolución para integrarse nunha nova entidade que englobaría ás sociedades de emigrantes da provincia de Lugo, o "Centro Lucense".
A revista "Andaina" inicia a súa publicación en 1983 mais a Asociación Cultural Andaina de Mulleres inicia a súa actividade en 1995.
O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como un programa dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995 aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992. O labor esencial do Arquivo Sonoro de Galicia xira en torno á recuperación do patrimonio oral e musical galegos e xorde co propósito último de se converter ou, cando menos, sentar as bases para a creación e posta en funcionamento da necesaria e futura Fonoteca de Galicia.
A organización nace en 1976 como o núcleo de Pontevedra da Asociación Galega da Muller (AGM). Nos anos 1980 refúndase como Asamblea de Mulleres de Pontevedra.
Esta sociedade foi creada por un grupo de xóvenes, descendentes de emigrantes galegos, que desexaban potenciar a cultura e a realidade galega na terra de acollida dos seus pais. Foi creada na sede da editorial "Follas Novas", organización galega que desde Bos Aires difunde o libro galego en toda América. Entre os seus obxetivos pódese citar: os culturais coa edición de libros e organización de cursos sobre xeografía, historia, arte, literatura e economía galegas. Tamén queren crear un grupo de teatro vocacional con raigame galego.
Entre os seus membros estaban Antonio Pérez Prado (que foi presidente da entidade), José M. Reynoso e Alberto Abalo.
En 1960 organizan ciclos de estudos e debates sobre obras galegas como "Sempre en Galiza" e cursos de lingua galega, un deles impartido por Eduardo Blanco Amor.
En 1962 publican como voceiro social a revista Alen-Mar, que foi dirixida por P. López Romero.
Esta sociedade recreativa e cultural foi fundada o 30 de novembro de 1983 por un grupo emigrantes galegos orixinarios do partido xudicial de Lalín que residían en Caracas e que foran socios da "Hermandad Gallega de Venezuela". A primeira directiva fundacional estaba integrada por David Mato López, como presidente; vicepresidente, Jesús Fernández Ramos; secretario xeral, José Manuel Varela González; tesoureiro, Gonzalo González Rodríguez; secretariod de relacións públicas, Adolfo Vázquez Martínez; vocais: Celso Martínez Villamayor, Antonio Souto González.
Os obxetivos fundamentais da asociación, recollidos nos seus primeiros estatutos (1983), céntranse na promoción de todo tipo de actividades de índole social, cultural e recreativa: entre varios dos fins está promover e auspiciar o labor de axuda mutua entre os seus asociados, no campo médico, social, docente, asistencial, cultural; propiciar programas de divulgación do coñecemento de Galicia, promovendo actividades culturais e recreativas, dirixidas á mellora dos niveis cultural, social e económico das persoas integrantes da Asociación.
Esta sociedade cultural e recreativa foi fundada o ano 1984 por un grupo de emigrantes galegos integrantes da "Peña Coruñesa" da Hermandad Gallega de Venezuela.
Nos seus inicios reuníanse na sede da HGV pero dende 1989 contan cunha oficina na zona da Candelaria, aínda que para realizar actividades recreativas, culturais ou deportivas continúan a empregar as instalacións da "Hermandad".
Entre os seus fundadores destacan Arturo Ces Chisca, primeiro presidente social, Antonio Corgo Casal, Julio Fernández Candamio, Juan José Vázquez Calviño, Salustiano Piñeiro Piñeiro, José Antonio Vázquez, Gerardo Blanco Paseiro, Genciano Silva, Juan Antonio Fernández, Francisco Regueiro e Celso Baleiro.
No Artigo 2 dos seus Estatutos sociais recollen que o obxectivo básico desta asociación é o seu carácter benéfico e de protección ou socorro mutuo entre todos os asociados. Para o seu cumprimento poderán promover, fomentar e desenvolver actividades de carácter cultural, deportivo, recreacional, coa finalidade de obter fondos para beneficios asistenciais, de previsión e axuda en xeral para os socios.
Esta sociedade de emigrantes de orixe pontevedresa foi creada en Caracas o 8 de xaneiro de 1988 durante unha reunión na sede da "Hermandad Gallega de Venezuela", segundo indican na súa Acta constitutiva: "A los ocho días del mes de enero de mil novecientos ochenta y ocho, reunidos en la sede social de la <Hermandad Gallega>, ubicada en la Avenida Principal Mariperez, de esta ciudad de Caracas y estando presentes (...) quienes hemos convenido en constituir, como en efecto constituímos en este acto, una asociación civil que se denominará <Asociación Benéfica Provincia de Pontevedra>".
Destacan entre os seus fundadores: Santiago Oviaño Cerviño, Juan López Pita, Jaime Tosar Silva, Raimundo Toubes, José Manuel Díaz, Abelardo Rios Giraut, José Ramil Martínez, Eduardo Meilán Sánchez, Alberto Jesús García Hernández, Manuel Ramos López, José Manuel Carpintero, Ofelia Otero Fernández Sanmartín, José Sanmartín López, José Ferreira, Benigno Rossua Vasquez, Francisco González Otero, Maribel Muñiz Méndez, Ernesto Chao Pazos, Ana María Rodríguez, Ramiro Muñiz Martínez, Moisés Muñiz Méndez, José Rodríguez Sánchez e José Antonio Chao Louzao.
Trátase dunha asociación de carácter benéfico cuxo fin é promover actividades de previsión e socorro mutuo para os seus asociados. Segundo os seus Estatutos, o seu obxectivo fundamental é promover o achegamento dos fillos e amigos da provincia de Pontevedra; promover iniciativas de acción asistencial comunitaria; propiciar accións de carácter cultural autóctono e defender o carácter da provincia, así como iniciativas de carácter comunal, cooperativo, asistencial, etc. para a colectividade que asocia; fomentar e desenvolver actividades de carácter deportivo, recreacional, de previsión e axuda xeral para os membros da Asociación; propiciar programas de divulgación dos valores autóctonos galegos e en xeral ter un carácter benéfico e de socorro mutuo para os seus asociados.
Organizan actos, conferencias e charlas sobre cultura e historia de Galicia e celebran a Festa da Virxe da Peregrina (patrona de Pontevedra).
Esta asociación de emigrantes foi creada tras a fusión das sociedades "Hijos de Ois" e "Hijos de Coirós" co fin de xuntar esforzos para lograr os seus fins: dar protección e instrución aos seus veciños na terra natal.
Entre os seus fundadores podemos citar a Andrés Bugallo, Pedro Vázquez, quen foi o seu primeiro presidente tras a fusión, Pedro Vara ou Manuel Bugallo.
O lema da entidade foi "la instrucción es la base de la familia, del bienestar y la felicidad".
Os seus primeiros fins foron de carácter mutualista, pero a partir de 1912 cambiaron de obxectivos primando a idea de propagar a cultura e lograr unha maior preparación dos futuros emigrantes do seu pobo natal. A súa finalidade pasou pois a a ser instrutiva e cultural, aprobando en asemblea a creación no seu concello dunha escola que respondese á necesidade de alfabetizar e preparar aos nenos para o seu futuro.
Dende 1913 comezan a enviar regularmente cartos para a construcción dun edificio escolar no seu pobo. En 1919 mercan un local que foi usado como escola para os nenos da parroquia, que eles manterán económicamente.
No seguinte ano mercan unha casa no lugar de Chás (Coirós), no que se instala unha escola e vivenda para os mestres. Esta edificación está rodeada dun amplo terreo cunha superficie de 6.400 m2, que destinan a xardíns e canchas de xogos deportivos para a mellor educación física e moral dos alumnos. O colexio foi inaugurado en 1924. Dende Arxentina, a entidade crea un fondo de reserva para o funcionamento da escola.
Nas actas de 1925 recóllense os novos propósitos sociais como son a creación dunha Escola de Artes e Oficios e de preparación agrícola, e un campo deportivo.
Dende xaneiro de 1924 publican a revista "Nuestra Obra" como órgano oficial da sociedade.
En 1941, apróbase uns novos Estatutos sociais que seguen a rexir a sociedade na actualidade. Así pasa a ter unha novas finalidades centradas no mutualismo e nas actividades recreativas: socorrer aos asociados nos casos de morte ou necesidade, mediante a formación dun fondo común procedente das cotas sociais; fomentar e estreitar os lazos de unión e amizade entre todos os asociados, organizando a tal fin reunións sociais e actos culturais e soster relacións de amizade coas asociacións de igual índole.
O 20 de setembro de 1918 creouse unha entidade baixo o nome de "Casa de Galicia de Buenos Aires" coa finalidade de acadar solidariedade, cultura, arte e recreo para os seus socios, así como reivindicar e valorar a galeguidade na Arxentina.
Esta entidade sufriu unha escisión dun grupo de socios disconformes coa política da directiva no ano 1927, que pasan a crear unha nova sociedade chamada "Nueva Casa de Galicia".
Tras un periodo de crise, en 1933 hai unha refundación da entidade, baixo os auspicios de Manuel Rigueira Montero, primeiro presidente, Domingo González, Emilio Monelos e José Maceira entre outros.
Esta entidade centrase en fins culturais e recreativos. En agosto de 1935 sae o primeiro número do seu voceiro social, a revista "Casa de Galicia", que ten carácter mensual; en 1944 publican ademais a revista "Airiños".
No ano 1954 mercan un campo recreativo que chaman Airiños, para reunirse todos os socios e organizar festas. Finalmente en 1974 mercan un edificio na rúa San José, da capital porteña, que converten na súa sede social.
Asociación civil con personalidade xurídica, de servizos á comunidade e de carácter apartidario que da cabida a todos os nacidos na Provincia de Lugo, así como aos seus ascendentes e descendentes.
Nos seus Estatutos queda constancia das súas finalidades básicas:
"A) Protección o socorro mutuo y prestar apoyo moral, social y jurídico a cada uno de sus asociados, según lo exija el caso, y en lo posible a todos los hijos de la provincia de Lugo en general.
B) Prestar servicios a la comunidad y/o a la propia Asociación Fillos da Provincia de Lugo, promoviendo o realizando obras benéficas asistenciales cooperativas, deportivas-recreativas, culturales, etc.
C) Para el cumplimiento de estos objetivos, la Asociación podrá promover, fomentar y desarrollar actividades de carácter cultural, recreacional o cualquier otro evento con la finalidad de recabar fondos para la realización de estos objetivos".
Esta sociedade de emigrantes galegos naturais de Ourense e residentes en Caracas foi creada o 27 de xaneiro de 1983 por un grupo de socios de "Hermandad Gallega de Venezuela", coa idea de reunir aos naturais da provincia de Ourense residentes en Caracas para así poder realizar algunhas prestacións específicas que non podían ser obtidas a través da "Hermandad Gallega". O número de socios fundacionais foi de 60.
A finalidade da asociación é “esencialmente benéfica, de asistencia social, cultural y deportiva” e sen fins de lucro. Neste sentido prestan apoio moral, social e xurídico aos seus asociados. Tamén proporcionan axuda monetaria en casos de enfermidade grave ou accidente que supoñan incapacidade física parcial ou total. Entre os seus fins destaca o de promover o achegamento dos ourensanos en Venezuela, ademais de crear iniciativas de asistencia comunitaria e propiciar accións de carácter cultural autóctono; tamén queren fomentar e desenvolver actividades de carácter deportivo, recreacional, de previsión e axuda para todos os membros da asociación.
No aspecto cultural tratan de “preservar y difundir” o idioma galego e os “valores culturales autóctonos de Galicia”. Publican un boletín con carácter trimestral dende 1996 chamado Reporte Ourensán, que distribúen de maneira gratuita entre os socios. Dende o ano 1997 emiten, con periodicidade semanal, un programa de radio, chamado Xuntanza Fillos de Ourense, pola emisora Radio Uno 1340, de Caracas. E contan coa Banda de Gaitas Xuntanza Fillos de Ourense, fundada e dirixida por Jonathan Casal Montesinos.
Celebran a Festa do Magosto (San Martín, patrón de Ourense), Feria do pulpo (mes de abril), Feria dos callos. Para estas celebracións e para as súas actividades ordinarias, utilizan as instalacións da HGV, tanto na súa sede de Maripérez, como na de Valle Fresco. No aspecto deportivo contan con 15 equipos de fútbol sala e con 1 equipo de fútbol.
Esta asociación foi creada por emigrantes galegos que residen en Andorra no ano 1994 baixo os auspicios de Manuel Fernández Boán.
Os seus fins están recollidos nos seus primeiros Estatutos, do mesmo ano:
- Promover contactos e actividades destiñadas a fomentar o coñecemento da cultura e do folclore dentro do Principado
- Facilitar a comunicación e contactos culturais entre todos os galegos residentes en Andorra
- Enriquecer culturalmente á comunidade galega abrindo a súa propia cultura á do Principado sen discriminación de ningunha clase para fomentar a solidariedade cultural entre todos os pobos
- Ensinar, facilitar e fomentar o coñecemento do folclore e a cultura galegos a través das diferentes actividades que se leven a cabo
- Fomentar actividades deportivas, recreativas e benéficas que teñan por obxeto a convivencia entre todos os galegos
- Prestar apoio e orientación ós galegos que, pola súa condición de emigrantes, o necesiten.
O 12 de outubro de 1994 concedéuselles a personalidade xurídica.
Publican a revista "Bolboreta" e organizan diversas actividades de carácter cultural como a celebracións do Día das Letras Galegas, o Antroido, Magostos ou o Día de Galicia; actos festivos como romarías e actuacións folclóricas e culturais e actividades deportivas como a práctica do futbol-sala.
Asociación cultural que foi fundada o 20 de outubro de 1985 por un grupo de galegos residentes no Distrito de Sant Martí (Barcelona) coa finalidade de manter contactos entre eles e manter a identidade cultural e sociolóxica das súas raíces tradicionais".
Dende a súa fundación levan a cabo unha intensa labor recreativa, organizando festivais, conferencias, coloquios, concertos, exposicións de libros e traxes, instrumentos, etc. Crean tamén unha escola de gaitas e danzas galegas.
Entre as súas celebracións destaca a "Semana Gallega de Cultura" e o aniversario fundacional, cun festival de música galega. En 1990 presentan o seu primeiro traballo discográfico coa gravación dun LP composto por melodías da nosa música tradicional e popular.
Editan un boletín mensual "Info-Arxela" desde 1995 e, dende 2014, a revista societaria "Galicia en Catalunya", froito do traballo en común realizado polas comunidades galegas en Cataluña para fornecer a Galeguidade.
Esta asociación cultural constituíuse o 10 de agosto de 1979 en Helmond, unha pequena cidade próxima a Eindhoven, en Holanda.
Contan cun grupo de baile, Saudades da Terra, celebran o Día das Letras Galegas, organizan cursos de idiomas, soldadura, salón de peiteado de señoras e conferencias de tema galego. Dende 1979 publican o boletín "O Pote".
Tamén contan cun equipo de fútbol e, dende o ano 1992, organizan o Torneo de fútbol "Xunta de Galicia".
O Toxo fundouse en 1975 como asociación cultural para espallar entre os galegos o estudo e manifestacións da cultura e do pobo galego. Desenvole a súa actividade en París, onde organiza conferencias, exposicións, proxecciós cinematográficas, etc., participando en tódolos actos culturais de interés que se celebran na cidade.
Naceu como elemento aglutinador de tódolos galegos que queren dar a coñecer Galicia, loitan pola súa cultura e participan no seu desenvolvemento histórico. Os seus membros consideran que é necesario revitalizar a lingua galega, polo que o cultivo da lingua galega e a súa defensa constitúe un dos meirandes obxectivos perseguidos pola asociación.
Quere ser o lar onde o galego atope o sentimento ceibe de Galicia, manifeste a súa personalidade e xunte o seu esforzo aos homes que teñan os seus mesmos principios de xustiza e liberdade. Así, O Toxo e os seus membros participan no desenvolvemento histórico do pobo galego.
A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà foi creada en 1980 en Cornellà de Llobregat, Barcelona, coa finalidade de promover a cultura galega en Cataluña e desde a súa fundación esa foi a súa principal función dentro do tecido asociativo da cidade. A entidade organiza a Festa Galega no parque de Can Mercader, coincidindo co Corpus, festa maior da cidade. Durante tres días levan a cabo actividades de exaltación da cultura popular e tradicional, con actuacións de grupos de danza e música popular de Galicia e de Cataluña, así como de outras comunidades autonómicas, ademáis de outras actividades de carácter social, solidario, cultural, lúdico e de interés público.
Esta asociación cultural foi fundada por un grupo de emigrantes españois, case todos galegos, liderados polo a Padre Samuel Martínez, que compartían a aspiración de divulgar a cultura e a lingua españolas na cidade de Salvador, capital do estado de Bahia.
As primeiras reunións tiveron lugar na parroquia de Pituba, na capital bahiana; ese mesmo ano aproban os estatutos sociais e escollen o nome de Caballeros de Santiago, como símbolo de unión da cultura española. O seu primeiro presidente foi Manuel Nemesio Sánchez.
A institución funcionou inicialmente no barrio de Pituba, onde fundou unha escola para os nenos necesitados do barrio, coa axuda da Secretaría municipal que donou mobiliario e pagou o soldo dos mestres.
En 1967, consegue inaugurar a súa primeira sede propia, no edificio San Luís, no centro da cidade. Implanta entonces as aulas de formación en lingua española e organiza diversas actividades para divulgar na cidade de Salvador a cultura española (con cursos de música, danza, películas, artesanía e tamén gastronomía, exposicións, etc.).
En 1988, sendo presidente Orsí Pousada Covelo, comezou a construción da actual sede, no barrio de Rio Vermelho, que foi inaugurada un ano más tarde. Alí imparte clases de lingua e danza españolas e galegas a toda a sociedade bahiana. Tal como se titulan na súa páxina web: “Caballeros de Santiago, unha institución ao servizo da cultura galega no Brasil”.
Dende a súa fundación en 1989, AEGA-CAT tivo o obxectivo fundamental de aglutinar a todos os empresarios galegos afincados en Cataluña, aos que despóis uníronse os residentes en Andorra, para servir como plataforma de expansión dos seus negocios e promover e apoiar a creación de novas actividades empresariais. Os seus fins fundamentais son fomentar a solidariedade e a cooperación entre os asociados, velar polo respeto dos valores éticos e de solvencia moral no desempeño dos negocios, facilitar a relación dos empresarios coas distintas administracións, institucións e entidades, transmitir as raíces históricas e culturais da galeguidade e potenciar un foro libre que constitúa un centro promotor de negocios. A Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña é multisectorial e está integrada por aproximadamente 300 compañías punteras, moitas delas multinacionais, pertencentes aos sectores da industria, o turismo, a comunicación, os servizos, a construcción, a biotecnoloxía, o audiovisual e a restauración, entre outros. Asociación empresarial pioneira no seu momento, logrou consolidarse como entidade de referencia tanto pola súa traxectoria como polo seu espíritu integrador.
Dende a súa fundación a Asociación apoia sen fisuras aquelas iniciativas que demostren unha sensibilidade especial con Galicia, organiza actividades orientadas a favorecer contactos e relacións entre os seus asociados, intermedia entre as empresas que o soliciten e diferentes institucións ou entidades e serve de canle de acceso aos servizos prestados por outras organizacións.
O programa de actividades organizadas por AEGA-CAT é unha das súas columnas vertebrais. A partir de él foméntase o coñecemento mutuo entre os asociados, o contacto directo cos líderes de opinión máis destacados do momento, a confianza necesaria para o establecemento de novos negocios e o aproveitamento de sinerxias. Os Encontros AEGA-CAT, as Axendas Empresariais, o Ágora XXV, os Títulos de Excelencia Galega entregados durante a Cea de Gala institucional, son iniciativas, nacidas e desenvolvidas no seno da asociación.
En 2004 naceu a súa revista Feitos, de periodicidade anual, como publicación que recolle as actividades relacionadas, ben pola súa organización ou porla súa participación, coa Asociación, ademáis de entrevistas e reportaxes tanto de empresarios como de compañías galegas ubicadas en Cataluña y fora do seu ámbito xeográfico. A inclusión, en todos os seus números, do Directorio de Empresas Asociadas converteuna, ademáis, nunha ferramenta imprescindible para darse a coñecer ao tecido empresarial galego tanto nacional como internacionalmente, facilitando así as oportunidades de negocio de ámbito multisectorial.
Tal e como o seu nome indica ésta é unha asociación de empresarios de orixe galega asentados en Madrid que se creou para ser voceiro das inquietudes profesionais e empresariais dos socios, ofrecendo información, orientación e propostas para a mellora dos seus negocios.
Creouse como entidade xurídica sen ánimo de lucro en maio de 1990, dentro do movemento asociativo galego que irrumpía con forza en América e Europa a finais dos anos 80.
Neses anos, un grupo de empresarios galegos afincados en Madrid, encabezados polo avogado lucense Enrique Santín Díaz, coinciden na necesidade de establecer redes e canles de comunicación, intercambio, mutua colaboración e apoio entre o colectivo.
Dende 1994 editan un boletín social onde informan aos seus socios de todo tipo de proxectos empresariais, lexislación, política económica, etc.
A "Asociación de Jóvenes Savia Nueva" constituíuse na sede social da "Hermandad Gallega de Venezuela" en Caracas o 20 de marzo de 1989 por un pequeno grupo de mozos, na súa maioría galegos, coa idea de fomentar a participación xuvenil galega no novo marco da Galicia actual.
Segundo consta nos seus Estatutos o seu obxectivo principal é "fomentar la participación de la colectividad gallega y española en Venezuela para mantener los lazos sociales y culturales con Galicia, sus gentes y su historia, así como su lengua y cultura". Ademáis, perseguirá "unificar la acción de los jóvenes españoles en Venezuela, con la finalidad de que tenga alcance a nivel de toda la colectividad, iniciar y mantener contactos con otras asociaciones de ese tipo a nivel mundial y en España, crear instrumentos de difusión dirigidos a la colectividad española y divulgar los aspectos culturales, sociales, educativos, comunicacionales, etc., de España".
Dende xullo de 1989 publicaron o boletín "A Nosa Voz", dirixido pola súa primeira Presidenta, María del Carmen Tato Dacasa, no que informaban das súas actividades e de temas de interese para os emigrantes. Organizaban charlas, conferencias e proxeccións de vídeos sobre temas relacionados coa cultura galega e coa emigración, recitais de poesía, exposicións, talleres, concursos, representacións teatrais, etc.
Na sede da "Hermandad Gallega de Venezuela" celebraban o Día de Galicia e actividades recreativas. Organizaron campionatos de tenis de mesa e unha maratón.
Tivo unha corta existencia, desaparecendo a comezos dos anos 90 do século XX.
Esta asociación recreativa e de socorros mutuos, foi creada por un grupo de emigrantes, naturais do concello de Oleiros, residentes na Arxentina. Entre os seus fundadores podemos citar a Ramón Suárez, Antonio Portela, Juan Portela, José M. Souto, M. Sánchez, Francisco López, Joaquín Suárez, Jesús Suárez, Manuel Cajigal, José Portela, Francisco González, José Doldán, José Ares, José Breigo, Manuel Pita, Alejandro Ramón, Melchor Salinas, José Portos, Francisco Blanco, Juan Vázquez, Manuel Vázquez, Manuel Fuentes e José Fernández.
Foi fundada para protexer e repatriar, en caso necesario, aos seus asociados; tamén tiñan en mente crear escolas e fomentar o ensino no seu concello natal, ademais de cultivar e difundir o espíritu de asociación entre os conveciños residentes na república americana.
Actualmente manteñen unha vida social bastante intensa celebrando as festas tradicionais de Santa María de Oleiros, o Fin de ano ou o Día de Galicia. Teñen un programa de televisión, para divulgar a cultura galega na Arxentina. Priorizan a axuda entre os asociados: concesión de subsidios por falecemento, asistencia médica e farmacéutica.
Asociación fundada por emigrantes españois, traballadores en Suíza para poder establecer vínculos de apoio mutuo en caso de necesidade e tamén con fins eminentemente recreativos.
Dende a súa creación a finais dos anos sesenta, esta asociación desenvolveu unha grande actividade en todos os sentidos dirixida á emigración. A cultura, o retorno, os dereitos sociais e económicos para o traballador e emigrante son as súas preocupacións máis destacadas. A ATEES xorde como a máis importante asociación de españois en Suiza, a partir de sendas asembleas celebradas nas localidades de Zurich e Renens, cidade industrial de Lausana; nestas asembleas participaron varios centenares de traballadores españolis, e en decembro de 1968 aparece xa establecida como unha organización legal.
Ó longo dos dous anos seguintes ten lugar un importante esforzo para desenvolver a ATEES nunha estructura federativa ó longo de todo o terriorio suizo, a partir dos núcleos locais de españois, para o que se levan a cabo numerosas asembleas de información nas comunidades e cantóns, e nas que se adhiren numerosos simpatizantes e se crean comisións provisionais.
Esta sociedade de axuda mutua e recreativa foi fundada nos anos 30 do pasado século polos naturais do concello de Carral. En xullo 1939 participou na homenaxe, que a colectividade galega de Bos Aires lle fai a Rosalía de Castro, con motivo do centenario do seu nacemento, celebrando un gran festival o día 24 de xullo no Teatro Avenida da capital porteña.
En 1947 publican como voceiro social a revista "Carral".
En setembro de 1963 os socios reunidos en asemblea xeral aproban a súa disolución para integrarse no Centro Coruñés de Buenos Aires.
Esta entidade foi creada na cidade de Florida (Uruguai), por un pequeño grupo de vinteún emigrantes españois coa finalidade de fundar unha asociación de socorros mutuos. Xa na primeira reunión manifestan a súa preocupación por acceder a unha asistencia médica e lograr un lugar onde poder sepultar aos seus compatriotas.
O 8 de diciembre de 1878 resolven que debía estar integrada por emigrantes e descendentes de españois, aprobando o seu estatuto social, no que se chamaban Asociación española de Socorros Mutuos de Florida.
A partir dese momento comezan as súas actividades sociais, ofrecendo servizos médicos e medicamentos aos seus socios. Ademais, mantiveron vinculacións con España, chegando a colaborar economicamente para axudas de inundacións e outras catástrofes puntuais. Colabora tamén en proxectos na súa cidade de acollida como a creación de: Escuela Pública No.1, para nenas “Artigas”, do Colegio Nuestra Señora del Huerto (privado), da Alianza Francesa e a construción do Monumento a la Libertad que se colocou na Plaza Asamblea.
Co aporte dos asociados, mercaron un terreo no barrio “Prado Español” onde construíron unha glorieta, na que celebraba romarías a partir de 1885. Tamén adquiriu tres parcelas no cemiterio local onde erixiu un panteón. En anos posteriores compraron un edificio que converteron na súa sede social, con varios locais comerciais que alugaba para obter ingresos cos que financiar as súas actividades benéficas.
En 1985, esta asociación debeu adaptarse ás normas legais uruguais en materia mutual, e non podendo manter a asistencia sanitaria, transfórmase nunha sociedade cultural, recreativa e social. Pasa así a dnominarse “Asociación española cultural, recreativa y social de Florida”, e aparece como continuadora da antiga sociedade de socorros mutuos. Agora os seus fins están centrados nas actividades sociais e culturais, para a afirmación e difusión dos valores culturais hispano-uruguaios. A prioridade neste intre foi a reconstrución da súa sede social, que actualmente conta con dous amplios salóns, patios con fontes, churrasqueira, secretaría, sala de sesións e biblioteca.
É membro activo na Federación de Instituciones Españolas en el Uruguay (FIEU) e centro colaborador da galeguidade, por designación da Xunta de Galicia.
A Asociación Española de Beneficiencia é unha institución altruísta fundada na cidade de Guatemala pola colectividade española alí asentada. En 1866, Melitón Luxán, Encargado de Negocios da raíña Isabel II, foi un dos promotores e fundador desta institución. O seu primeiro presidente foi D. Pío Benito e os asociados pagaban un peso como cota mensual.
Os seus principais obxectivos foron e son: “realizar accións de axuda dirixidas aos españois sen recursos; promover a relación dos españois recén chegados ao país coas persoas ou entidades que poidan axudarlles a conseguir a súa adaptación ao medio social guatemalteco e impulsar plans de axuda mutua; promover a cultura e o deporte español, fortalecer programas de saúde como loitar contra enfermidades raras, etc.”.
A Bene, como é coñecida popularmente, construíu o Panteón Español no Cementerio General. E en 1925 estableceu o primeiro local social para a asociación.
O 12 de outubro de 1963 inaugura a primeira sede do seu Sanatorio Nuestra Señora del Pilar, na avenida Simeón Cañas, que en 1981, trasládase a zona 15 da capital de Guatemala. Foi creado co obxecto de prestar servizos de saúde personalizados que permitan dar benestar e a mellor atención profesional aos pacientes. Conta con persoal altamente capacitado e cualificado, cun corpo médico de 600 médicos especialistas, o último en tecnoloxía avanzada e capacidade para 115 camas. Este hospital é un dos máis importantes do país, con modernas instalacións médicas.
En 1974 inaugura o Club Centro Español, como lugar de recreación e encontro dos españois e amigos que poden disfrutar das súas instalacións deportivas e sociais como o restaurante “El pimentón”.
Na actualidade a entidade conta con preto de 8.000 socios e leva a cabo un labor solidario moi destacado na sociedade guatemalteca. Ademais de manter a 44 pensionados, colabora coa Municipalidade de maneira periódica con xornadas de saúde que se organizan en beneficio dos veciños, facilitando consultas médicas e medicamentos de forma gratuíta.
Ten numerosas distincións do goberno español e guatemalteco, como a Corbata de la Orden de Isabel La Católica ou a Medalla de Emigración, outorgada en 2016, con motivo do seu 150º aniversario fundacional.
Esta sociedade foi fundada por membros da colectividade española emigrante en Costa Rica, liderados por Gaspar Ortuño y Ors (quen foi o seu primeiro presidente), secundado por José Ventura Espinach, Martín Echeverría e Bartolomé Calsamiglia. O seu propósito era socorrer a todo español, desprovisto de recursos ou enfermo, residente no país.
En 1880 conseguíu a a personería xurídica co fin de alcanzar os seus obxectivos.
A Asociación Española de Beneficencia é unha das máis antigas organizacións de beneficencia do país, con importantes logros para a colonia española, sempre fiel ao seu espíritu filantrópico e caritativo, e rexida pola tolerancia e a diversidade. Dacordo cos seus estatutos só poden ser socios da entidade os españois por nacemento ou dereito, fillos e netos de españois.
Nos seus estatutos recóllense as súas finalidades: “1. Practicar la beneficencia en favor de los españoles y españolas por nacimiento o por derecho, sean asociados o no, que se encuentren en necesidad comprobada; 2. Socorrer a sus asociados necesitados en caso de enfermedad y proporcionarles digna sepultura en su fallecimiento; 3. Facilitar esparcimiento y solaz a sus asociados, mediante el fomento de actividades recreativas, culturales y deportivas; 4. Contribuir a una mayor compenetración de la colonia española con la sociedad costarricense, desarrollando actividades culturales, artísticas, deportivas y recreativas, así como fomentar y conservar las costumbres españolas y costarricenses; 5. Contribuir, en la medida de sus posibilidades, al bienestar de los habitantes del país colaborando con el Estado en la atención de quienes tienen menos recursos; 6. Propiciar el intercambio educativo y cultural entre Costa Rica y España a través de instituciones y organismos, tanto oficiales como privados, de los dos países en beneficio de los ciudadanos de ambas nacionalidades”.
Para levar a cabo estes fins conta cos seguintes activos e institucións:
- A chamada “Casa de España”, un fermoso edificio situado no barrio da Sabana Norte, en San José, que se comezou a construír en 1991, e inaugurouse en 1992. Conta cun gran salón multiusos, varios consultorios médicos para a atención gratuíta dos asociados que o necesiten, un “Patio Andaluz” como centro recreativo e que se emprega, principalmente, para a implementación dun programa diurno do Adulto Maior que se pretende sexa similar aos do IMSERSO, unha biblioteca para a lectura e préstamo de libros aos asociados, cafetería e bar, dous salones adicionais, e outros espazos para a recreación e promoción da arte e a cultura.
- A “Residencia de Ancianos José Pujol Martí”, na Ribera de Belén, que se comezou a construír en 1986 nun terreo, doado por José Pujol Martí, e da que foi impulsor Narciso Garabito Fernández. A súa inauguración foi en 1988. En 2008 construíuse un novo módulo de 31 apartamentos ao estilo de residencia veraniega.
- O “Club Campestre Español” do que a Asociación posúe o 40% da propiedade e polo que os socios da entidade teñen dereito a pertencer e desfrutar das súas instalacións.
- Unha capela privada, feita nun solar entre o Club Campestre e a Residencia, coa colaboración económica da familia Raventós López. Está para servizo dos residentes, dos socios do Clube e dos veciños, en xeral.
- Un mausoleo no Cemiterio de San José, que se inaugurou en 1914, deseñado polo arquitecto catalán Lluís Llach.
A Asociación conta con numerosas propiedades inmobiliarias que lle permiten ter sostenibilidade financieiro-económica, ademais do pago das cotas dos socios e dos intereses que xeneran as súas inversións. Tamén conta con axudas do goberno español.
Esta asociación mutualista foi creada polos emigrantes españois residentes na capital arxentina con fins de axudarse en momentos de necesidade.
En 1910 un grupo de 128 españoles residentes en Comodoro Rivadavia, liderados por D. Vicente Gómez, fundan unha institución civil con fins solidarios baixo a denominación de "Asociación Española de Socorros Mutuos de Comodoro Rivadavia", da que foi o primeiro presidente D. Toribio Larrea.
Esta sociedade recreativa e cultural nun primeiro momento, foi recoñecida legalmente o 26 de febreiro de 1914, centrando os seus esforzos en conseguir un servicio sanitario gratuíto para os asociados, pero non será ata o ano 1954 cando inauguren as obras do sanatorio da entidade.
No ano 1974 crean un departamento de aforro e empréstimo coa finalidade de crear un fondo de axuda mutua.
Na actualidade contan cun moderno sanatorio onde reciben atención todos os seus asociados e demais persoas da cidade de Comodoro Rivadavia, ademais de seguir organizando numerosas actividades culturais e recreativas.
Esta asociación foi fundada por un grupo de emigrantes españois residentes na localidade arxentina de Coronel Dorrego, liderados por Tomás Villacampo, quen foi o seu primeiro presidente, José A. Mayo, Julián e Ricardo Arrizabalaga, José M. Tejería e Alfredo Piquero entre outros.
Centrou as súas actividades na confraternidade dos seus asociados e descendentes, fomentando a cultura española e as súas tradicións e chegaron a construír o Teatro Español da cidade. Teñen tamén fins de axuda mutua para os seus socios.
Presentación pública a comezos de 1976 con núcleos de mulleres de Vigo, Santiago e A Coruña, en poucos meses súmanse a estes núcleos de Lugo, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía e Ourense.
Integra mulleres independentes e tamén outras dobre militantes en partidos políticos de esquerda (Movemento Comunista, Liga Comunista Revolucionaria, Asamblea Nacional-Popular Galega...)
Organización considerada como a grande parideira de grupos e colectivos que co tempo son o xermolo de diferentes feminismos organizados (diferenza, socialista, reformista, radical, lesbiano...). As primeiras asembleas chegan a contar coa participación de entre 500 e 800 mulleres.
Primeiros temas de debate: autonomía do movemento, dupla militancia, despenalización do adulterio, anticonceptivos, divorcio, aborto, violencia, traballo, educación
Implicadas na creación da primeira época da revista Andaina en 1983 http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/index.php?p=2000&id=7050
Xa desde 1978, pero á sobre todo na década de oitenta cando pasa por máis escisións e rupturas. A mediados de noventa o único núcleo AGM activo é o de Compostela
Da ruptura de 1978 xurden as Feministas Independentes Galegas. Escíndense os grupos de Lugo e A Coruña
No 1979 as de Vigo participan da creación da Coordinadora Feminista de Vigo e unha parte das de Compostela xunto coas da extinta Asociación Democrática da Muller Galega forman o Grupo Feminista. As unidades existentes funcionan cada vez con máis autonomía, se ben a comezos de oitenta hai correntes de reunificación mediante a activación da Coordinadora Feminista Galega. A revista Andaina, concretamente a primeira época, é unha mostra desto
VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS
-
Integrada en: Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español.
-
Organizacións que apoian as súas actividades: Comisión da Muller da Asamblea Nacional-Popular Galega, Asociación Galega da Muller, Liga Comunista Revolucionaria, Movemento Comunista Galego, Unión do Pobo Galego, Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos.
Organización que nace do núcleo de Asociación Galega da Muller en Ourense.
VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS
-
Integrada en: Coordinadora Feminista Galega
-
Organizacións que colaboran nas súas actividades Comisión da Muller da Asemblea Nacional-Popular Galega, Asociación Galega da Muller, Liga Comunista Revolucionaria, Movimento Comunista Galego, Unión do Pobo Galego, Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos, Sindicato Galego de Traballadores do Ensino, Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores, Partido Socialista Obreiro Español.
Presentación pública a comezos de 1976
Integra mulleres independentes e tamén outras dobre militantes en partidos políticos de esquerda (Movemento Comunista, Liga Comunista Revolucionaria, Asamblea Nacional-Popular Galega...)
Primeiros temas de debate: autonomía do movemento, dupla militancia, despenalización do adulterio, anticonceptivos, divorcio, aborto, violencia, traballo, educación
Implicadas na creación da primeira época da revista Andaina en 1983 http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/hemeroteca/cabeceira/index.php?p=2000&id=7050
A máis lonxeva de todas as AGM.
VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS
-
Integrada en: Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español.
-
Organizacións que apoian as súas actividades: Comisión da Muller da Asamblea Nacional-Popular Galega, Asociación Galega da Muller, Liga Comunista Revolucionaria, Movimento Comunista Galego, Unión do Pobo Galego, Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos, Sindicato de Traballadores do Ensino Galego, Colectivo Homosexual de Compostela, CGC, Grupos de Mulleres da Universidade, Grupo Feminista de Santiago.
Primeiros pasos en 1975, como Asociación Galega da Muller desde 1976. Integrada na Coordinadora Feminista de Vigo e na Coordinadora Feminista Galega desde os inicios de ambas coordinadoras. Participa na creación de Andaina e ten presenza na primeira época desta revista.
VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS
-
Integrada en: Coordinadora Feminista de Vigo, Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español.
-
Organizacións que apoian as súas actividades: Asociación Galega da Muller
Este centro foi creado por un pequeno grupo de galegos, membros do Centro Español de Perú, para manter unidos aos galegos e os seus descendentes residentes no país andino.
A iniciativa partiu dun histórico desta colectividade, Francisco Vázquez Candamo, que se constituiría no seu primeiro presidente e poucos meses despois pasou a ser Presidente Honorario. A directiva fundacional estaba tamén integrada por: vicepresidente, Mª del Carmen López de Leturia; secretario, José Luis López Acuña e tesoureiro, Germán Torres.
Esta entidade está fortemente vinculada ao Centro Español, de feito aparece como "sección autonómica del Centro Español".
Nos seus estatutos renovados (1997) especifican os seus obxectivos e finalidades: "difundir e fomentar a vixencia das tradicións e os valores da cultura galega a través das súas diferentes manifestacións; fomentar e propiciar a unión e solidariedade entre os seus asociados; manter relacións permanentes coas autonomías rexionais españolas no Perú, o Centro Diurno, o Centro Español de Perú, etc."
Trátase dunha sociedade recreativa, defensora da cultura e tradicións galegas no país andino.
En 1994 comeza a editar o boletín societario "Nosas Follas".
Entre as súas actividades están a organización de conferencias, visionado de películas, recitais de poesía, etc. Asistencia como organismo na Feria Internacional del Libro de Lima. Dende 1996, organiza coa axuda da Xunta cursos de galego para os socios. Celebra a Semana Gallega en Perú, con mostras gastronómicas, talleres de creación literaria, etc., tamén colabora na creación dun curso de galego na Universidade limeña de San Marcos. Celebra o Día de Santiago, a Festa de San Xoán, o Nadal, etc. con comidas e bailes para os socios.Promociona tamén actividades deportivas, como a creación dun equipo de voleibol e de baloncesto integrado polos socios. En canto a actividades asistenciais, xestiona a concesión de axudas económicas para os socios máis necesitados, así como colabora con asilos coa recolleita de roupa e víveres para donalos aos máis necesitados.
Esta sociedade integrada polos emigrantes naturais do concello de Zas, residentes na Arxentina, foi creada con fins mutualistas, para dar axudas económicas aos máis necesitados ou asistencia médica e tamén manter a cultura galega.
A súa directiva fundacional estivo formada por Francisco Miranda, como presidente; vicepresidente, José Mourelle; secretario, Manuel Mouro; tesoureiro, Ovidio Esmorís; e como vogais: José Mª Mouro, Constantino Amigo, Ramón Moreira, José Blanco Silva, Francisco Ferreiro, Manuel Mourelle, José Espasandín, Alejandro Ríos, Francisco Rojo, Francisco Mallón, Manuel Espasandín e Francisco Pose.
Nos anos 50 cambia as súas prioridades e pasa a ser unha asociación con fins recreativos e culturais recollidos no Artigo 1 dos seus Estatutos: "a) Servir de vínculo entre los residentes de Zas en la Argentina; b) ser instrumento de sociabilidad y cultura entre todas las personas que compartan su obra; c) fomentar la beneficencia, de acuerdo con las posibilidades de la asociación; d) organizar actos recreativos, culturales y deportivos".
Conta con sede social propia na rúa Suárez da capital bonaerense, inaugurada en 1997, onde se reúnen todos os socios e veciños: contan con salón de festas, sala de reunión, buffet e biblioteca. Ademais dispón dun campo recreativo en Quilmes, onde celebra as súas festas e demáis actividades recreativas como bailes, banquetes, etc.
Esta sociedade foi fundada por un grupo de emigrantes galegos, naturais do concello de Maside e residentes en Bos Aires. Un dos seus promotores e primeiro presidente foi Cándido Fernández. Foi creada con fins mutualistas e de axuda ao seu concello natal na medida das súas posibilidades.
Xa en 1924 os seus socios aprobaron a adquisición dun terreo en Maside co obxeto de que comenzasen os traballos para construír unha escola graduada; pero no ano seguinte, por problemas internos, aproban nunha asambleia a súa disolución e que os fondos sociais fosen doados ao seu concello natal para realizar melloras no seu pobo.
No ano 1928 aparece a noticia en varios xornais da refundación desta entidade e comézase a construción en Maside do primeiro pavillón-escola, financiado dende Arxentina.
En febreiro de 1934 fusiónase coa sociedade "Centro Cultural y Recreativo Masidense" e en outubro de 1935 nomea un delegado ante a "Comisión Pro-unión de los residentes del Partido de Carballino" para tratar unha posible fusión de todas as sociedades de emigrantes naturais deste partido xudicial, que fructificará en 1936 coa fundación dunha nova entidade co mesmo nome, integrada ademais pola "Sociedad del Distrito de Carballino", "Residentes de Lobanes y sus contornos" e o "Círculo Daconés".
Tras o estalido da guerra civil española, é unha das sociedades galegas que envían varias remesas de roupa e produtos alimentarios para os defensores da república española.
En 1959 publican a revista "Maside" como voceiro social.
Esta entidade foi creada en Villa del Cerro (barrio de Montevideo) por un grupo de emigrantes galegos, naturais do concello coruñés de Porto do Son, residentes na capital uruguaia. Foi creado con finalidades instrutivas e recreativas, aínda que primaron as segundas, aínda que non esqueceron a axuda mutua entre os socios e benéficas en casos de necesidade ou catástrofes na súa terra natal (como axudas para as vítimas de naufraxios, etc.)
Nos seus estatutos que datan de 1930 aparecen como finalidades as seguintes: “Art. 2 - Su objeto es: Tratar de unir a todos los nacidos y a aquellos que se hallen vinculados por lazos familiares a los nativos de dicho ayuntamiento para ayudarse mutuamente, siendo ésta la base fundamental: la mutua protección, teniendo como fines secundarios la instrucción y el recreo.
Art. 3 - Haciendo efectiva su finalidad de mutua protección, esta asociación ayudará pecuniariamente a los socios en los casos de enfermedad o fallecimiento, no pudiendo gastar más de treinta pesos como maximun de lso fondos sociales
Art. 4 - Como instructiva, creará una escuela diurna y nosturna cuando los fondos sociales lo permitan, en el radio donde esté instalado el local social; como recreativa, organizará bailes y veladas y otras fiestas de carácter social, para lo cual propenderá a la formación de un cuedro filo-dramático de aficionados entre sus asociados
Art. 5 - En caso de fallecimiento de un socio que no tuviere deudos en el país, este será velado en el local social, y la Comisión Directiva, estará obligada a correr con los trámites correspondientes hasta darle sepultura, no pudiendo disponer para el efeco con más recursos que los que establece el artículo 3
Art. 6 - Sus principales fines son:
a) proteger a todo el que emigre del ayuntamiento antedicho, facilitándole datos con respecto al trabajo o proporcionárselo si fuera posible
b) cooperar a su bienestar en todo lo que sea posible, siempre que su conducta y buen comportamiento lo hagan acreedor a ello”(…).
Os seus estatutos foron reformados no ano 38, potenciando a axuda mutua entre os asociados. Actualmente priman as actividades recreativas e culturais.
No ano 1925 merca unha casa que converte na súa sede social, situada en Villa del Cerro, barrio industrial no que traballan e viven a maioría dos seus socios. Consta de dous salóns, un na planta baixa, provisto de cantina, cociña e un amplio “parrillero” onde se preparan as comidas dos numerosos banquetes que organiza a sociedade. Na planta alta conta cun espacioso salón de festas. Posúe unha grande e surtida biblioteca.
Ademais de organizar festas (celebración do día da Virxe do Carme, Día das letras Galegas ou o Día de Galicia) con bailes e banquetes, excursións e romarías, os socios practican tamén diversos deportes, organizando unha "Volta Ciclista al Cerro". Conta cunha agrupación folclórica "Aires de Porto do Son" e un corpo de baile "Airiños do Son", integrados polos socios e que actúan nos diversos actos da colectividade galega no país.
Durante varios anos editou un "Boletín Social Informativo", con carácter trimestral e gratuíto.
Creada o 27 de xuño de 1905 na cidade da Habana, por iniciativa de José Fontenla, quen preside a Comisión Xestora que estaba formada ademáis por: Ángel Barros, Juan J. Domínguez, Miguel Bendamio, José López Pérez, Adelardo Novo, Félix Pérez Choza, José Abeleira, José Barros Agra, José Fontenla, José Cerdeira, José Margharide, José A. Fernández, José María Candia, Enrique Mañan, Agustín Montoto, Ramón Sánchez, Juan Castro, Joaquín Galindo, Alfredo Nan de Allariz, José Castro Chané, Antonio Villaamil, Atanasio Escalante, Juan Martínez e Leopoldo Pita.
Esta sociedade constitúe o precedente histórico da Real Academia Gallega. Coñeceuse tamén polo nome de "Asociación Iniciadora y Protectora de la Gran Academia Gallega" e como tal o seu fin era crear unha "Academia Gallega", que se encargara da defensa da língua e a cultura galegas. Con este fin póñense en contacto intelectuais galegos para aúnar esforzos.
O obxectivo vese cumprido o 4 de setembro de 1905 cando tras ese contacto os intelectuais Manuel Murguía, Andrés Martínez Salazar e José Pérez Ballesteros constitúen a ansiada Academia na cidade da Coruña.
Como Presidente de Honra nomearon a Manuel Curros Enríquez e entre os Académicos residentes na Habana atopábanse: Alvaro de la Iglesia; Alfredo Nan de Allariz, presidente do Centro Gallego e director de "Galicia"; Mercedes Vieto Bouza, Ramón García Mon, Laureano Rodríguez, Angel Barros, José Mª. Arrarte, José López Pérez, José F. Fuentes, Plácido Lugris, Aniceto Valdivia, José Fontenla e Adelardo Novo.
Tras a fundación da RAG en Galicia, terán como finalidade o mantemento económico da mesma, así como a axuda a intelectuais necesitados. Esta sociedade tivo delegacións nas cidades de Cienfuegos, Santa Clara, Guantánamo e Bayamó.
No ano 1920, á morte de José Fontenla, o seu fundador, a sociedade envía á cidade da Coruña a súa biblioteca por doazón testamentaria á Biblioteca da Real Academia Galega.
Esta sociedade de emigrantes naturais dos antigos concellos de Vigo e Lavadores, residentes en Bos Aires, foi fundada baixo a denominación de "Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores en Buenos Aires", con fins mutualistas e de defensa da instrucción na súa terra natal. En 1951 pasou a denominarse Asociación mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires, nome co que se coñece na actualidade.
As súas finalidades están recollidas nos seus primeiros estatutos sociais (1918): fomentar a cultura entre os asociados e os seus familiares; crear ata onde os seus recursos o permitan axuda mutual entre os seus asociados; tratar de vincular dentro do posible aos residentes de Vigo en Bos Aires e demais xurisdicións da República Arxentina; organizar festas, funcións e toda clase de actos para un maior esparcimento e solaz entre os asociados; instalar no seu local social unha biblioteca o máis completa posible á que terán acceso todos os asociados; procurar aos seus socios canto medio de entretemento sexa posible en consonancia ós bos costumes; ofrecer aos asociados e familiares plans de turismo propios, realizar contratos con aquelas farmacias ubicadas donde a densidade demográfica dos socios sexa máis alta, obtendo rebaixas sobre as mediciñas que éstes necesiten; brindar asistencia médica aos socios a través dos profesionais contratados pola institución; dar asesoramento xurídico e notarial aos asociados mediante convenios a realizar con profesionais desas especialidades; en caso de morte do socio, esta sociedade abonará os gastos do enterro.
En 1965 a entidade merca a súa actual sede social na rúa Quintino Bocayuva: trátase dun edificio de dúas plantas, con vivenda, oficiñas, sala de reunións e salón de actos, salón de xogos, un gran patio onde está plantado un olivo, símbolo da cidade de Vigo. Conta cunha biblioteca, un gran salón de actos e un espazo onde se instalou unha taberna, usada polos socios como centro social e de esparcimento. Ten tamén un campo de recreo campestre en Punta Chica, onde se organizan festas e banquetes campestres.
Ata 1992 editaban un voceiro social para informar aos socios.
Organizan numerosas festas e banquetes con motivo de celebrar o Día da Reconquista de Vigo, o Día Mundial da Muller, Día de San Juan, etc. como unha maneira de vinculación entre os vigueses e os seus descendentes residentes na capital arxentina; realizan tamén ctividades deportivas e estivo adherida ao programa de radio "Argentina y España, su gente y su música".
Os socios continúan desfrutando dun servizo médico propio e dunha asesoría para consultas gratuítas de tipo xurídico (trámite de pensións a xubilados, asuntos civís, comerciais etc.). Organizan actos sociais na Taberna social, con cenas e banquetes.
Contaban cunha Masa coral integrada polos socios que actúan nas diversas festas da colectividade e coopera de xeito desinteresando apoiando económicamente ao "Hogar Gallego de Ancianos" de Domselaar.
Esta asociación cultural foi creada por un grupo de galegos residentes no Uruguai, liderados por Jaime L. Lorenza. A súa finalidade principal era axudar economicamente ao desenvolvemento da cultura galega. Desexaban protexer a cultura da súa terra, pois consideraban que só por medio do máis alto coñecemento cultural, se podería capacitar ao pobo galego para o seu total desenvolvemento económico e político. Envían diversas doazóns aos centros culturais do país.
Na súa fundación colaboraron entidades xa existentes en Uruguai como o "Centro Gallego de Montevideo", que lles deu un gran apoio para lograr os seus obxectivos.
Seguidores do labor realizado polo “Seminario de Estudios Gallegos” e da “Real Academia Galega”, difunden a súa obra tanto en Galicia como en América.
A sú primeira directiva estaba integrada por destacados persoeiros da colectividade: presidente, Jaime L. Lorenza; vicepresidente, Carlos Sánchez Mosquera; secretario, Julio Sigüenza; vicesecretario, Miguel Barros Castro; tesoureiro, Juan José San Román; protesoureiro, Casiano Estévez; e como vogais: Conrado Soler, Ernesto Castro e Juan Deus Prados.
En 1929 comeza editar como voceiro da entidade o boletín "Arazúa".
Esta sociedade instrutiva foi creada en Bos Aires baixo o nome de "Hijos del Ayuntamiento de Mos", polos emigrantes naturais do concello de Mos nesta cidade. Entre os fundadores pódese citar a Antonio Alonso, presidente fundacional, Claudio Comesaña, José Represas e Teodoro Seijo.
O obxectivo principal cando foi creada era construír e soster escolas no seu concello natal; contemplan ademais financiar a repatriación dos socios enfermos e necesitados, otorgar empréstimos aos socios e axudalos na procura dun traballo se o necesitasen.
En 1918 comeza a editar unha revista anual, na que se recolle a memoria e balance social con carácter anual; e en 1931 publica o boletín social "La Voz de Mos".
En 1924 realiza as primeiras xestións para construír unha escola na parroquia de Tameiga, que foi inaugurada en decembro de 1928. Este edificio constaba dunha escola mixta de nenas e varóns con capacidade para 120 alumnos, e unha vivenda para os mestres.
O 13 de decembro de 1950 aproba os primeiros estatutos sociais, tras unha profunda crise da entidade que estivo a punto de desaparecer. Consideran que son herdeiros do legado dos fundadores da entidade e pasan a denominarse "Asociación Residentes de Mos, de Mutualidad, Cultura y Recreo".
Na actualidade organizan diversas actividades recreativas e conmemorativas como o Día de Galicia ou o aniversario social. Tamén conta cun grupo de baile galego que actúa nas diversas festas e celebracións da colectividade.
Esta entidade foi fundada en Bos Aires por un grupo de emigrantes residentes na cidade e naturais do concello pontevedrés de Rodeiro. Foi creada con fins de axuda mutua para os socios e para organizar actividades recreativas.
No ano 1924, un grupo dos seus socios, naturais da parroquia de San Xiao de Pedroso, organizan unha subscrición popular para conseguir cartos cos que construír unha escola na súa parroquia natal, apoiados totalmente pola directiva da entidade. Non temos constancia de que finalmente fose construída.
No ano 1918 fundouse na cidade bonaerense a primeira sociedade do partido de Ordes co nome de "Pro-Escuelas Laicas" pero, como non tivo moito eco entre os seus paisanos despois de catro anos de loita, imperou a idea de crear unha nova entidade coa denominación de "partido xudicial". En abril de 1922 xorde á vida societaria a "Sociedad de Residentes del Partido Judicial de Ordenes", que foi fundada polo patrocinio da "Federación de Sociedades Agrarias y Culturales de la Provincia de la Coruña".
Aínda que non abandonou a súa loita pola instrución na terra natal, centrouse máis nas actividades de axuda mutua e recreativas para manter a unión entre os socios.
No ano 1944 produciuse a fusión de todas as sociedades que crearan os emigrantes ordenses residentes en Bos Aires e mantívose a denominación da máis antiga, que é a que pervive na actualidade.
Esta sociedade foi fundada en Bos Aires por un grupo de emigrantes do concello de Outes, con fins mutualistas e instrutivos.
A súa directiva fundacional estaba integrada como por José Caamaño, como presidente; vicepresidente, Manuel Suárez; secretario, Ramón Hermida; tesoureiro, Mariano Conde e vogais: Miguel Gómez, Manuel Vilariño, Miguel Cernadas, Angel Cantariño, Domingo Barreiro, A. Caamaño, Domingo Pazos, A. del Río, Domingo Lestón, M. Rodríguez, José Lestón e Manuel Barreiro.
Anos máis tarde noméase socio honorario da entidade, polo seu destacado labor durante máis de 59 anos, traballando en pro da asociación, a Pedro García. Foi un dos máis firmes promotores da construción pola entidade, dunha escola na parroquia de Cruceiro de Roo, que hoxe leva o nome de "Grupo Escolar Emilio de Navasgües".
No ano 1923, entre as súas actividades culturais organizan un festival conmemorando o 45º aniversario da morte de poeta galego, Francisco Añón, natural de Ordes. Co produto da festa, instálase unha placa conmemorativa na casa onde nacera o poeta, no lugar de Boel, parroquia de San Pedro de Outes, e reedítase un libro coa súa obra poética.
Actualmente rixen os estatutos sociais renovados no ano 1990, no que aparecen como fins da entidade a axuda mutua e protección entre os socios, ademais da organización de actividades culturais e recreativas: celebran o Día das Letras Galegas, o Día da Patria Galega, o aniversario fundacional da entidade, un xantar de fin de ano e o Día do Patrono de Outes, San Pedro. Organizan bailes, comidas, conferencias e excursións para fomentar o lecer e confraternidade entre os asociados.
Sociedade fundada o día 12/10/1918 que en 1951 pasa a denominarse Asociación mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires
Esta asociación foi creada por un grupo de descendentes de emigrantes galegos residentes no Uruguai, fillos de galegos que se sentían tanto uruguaios como galegos. Esta idea foi liderada polo profesor Carlos Zubillaga Barrera (primeiro presidente), Raúl Arias Novo e Jorge Diz.
A entidade tiña os seguintes fins, recollidos nos seus estatutos:
"1º) La defensa de los intereses culturales, políticos, económicos y sociales de Galicia, en la lucha por el reconocimiento de su personalidad como pueblo diferenciado
2º) El logro de un total acercamiento de los descedientes de emigrantes gallegos, a través de una acción conjunta destinada a la solució de los problemas de la emigración
3º) La difusión de los valores culturales, sociales y económicos de Galicia y el estímulo de las iniciativas tendientes a su plena valoración
4º) El análisis de la influencia que la emigración gallega ha ejercido en América, destacando el aporte individual y colectivo de los gallegos al surgimiento y consolidación de las naciones del continente
5º) La enseñanza del idioma gallego y su valoración como vehículo de cultura y condición ineludible para el reconocimiento de Galicia como pueblo con características propias
6º) Propender a una estrecha vinculación con las organizaciones galleguistas que actúen en América y Galicia, en especial con la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos. Montevideo, julio 1963" .
En 1964 edia o boletín societario "Nós", como voceiro das súas actividades.
Esta sociedade mutualista e recreativa foi creada por un grupo de emigrantes naturais do concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, residentes na Arxentina e fundada baixo o nome de CÍRCULO DE VILLAGARCÍA DE AROSA, o 9 de xullo de 1933. Entre os seus fundadores destacan Domingo Antonio Ramos e Julio Quiteiro. O seu obxectivo principal era manter a unión entre os seus paisanos e conceder axudas aos socios máis necesitados. Teñen tamén actividades recreativas e de esparcimento.
No ano 1943 os socios votan polo cambio de denominación da entidade pasando a chamarse SOCIEDAD DEL AYUNTAMIENTO DE VILLAGARCÍA DE AROSA que integra a todas os emigrantes naturais desa comarca. Dende 1944 ata 1952 non temos noticia de que teña actividade. Xa no 1952 no libro de Asambleas de Socios aparece especificado que se produce unha segunda época constando como unha refundación da mesma baixo a comisión directiva presidida por Domingo Antonio Ramos e Julio Quinteiro.
En asemblea xeral ordinaria do 14 de setembro de 1991 se decide o cambio de denominación da sociedade, que pasará a denominarse ASOCIACIÓN VILLAGARCÍA DE AROSA e a funcionar con carácter de personería xurídica dende o 2 de febreiro de 1993.
Esta entidade é en realidade a sección cultural da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Foi creada en 1931 para xestionar e planificar todas as actividades culturais levadas a cabo por esta federación e polas sociedades que a integran.
Nos anos 50 crea unha biblioteca federal como centro de cultura para todos os socios federados, iniciando unha labor cultural cos seguintes puntos: "1º- lectura comentada con debates; 2º- cursos de preparación e formación para os socios; 3º- empréstimos de libros a domicilio; 4º- organizar conferencias sobre temas científicos e literarios".
Tamén crea unha escola de teatro para a colectividade emigrada.
Todos os anos conmemora o Día de Galicia, lembrando aos mártires galegos, e organizando un ciclo de conferencias, funcións de teatro, torneos deportivos etc.
É creado o 14 de xuño de 1998 na Coruña ante a necesidade de articular nunha plataforma conxunta os traballos encamiñados a crear un foro de inquietudes humanas sen límites nin restricións. A súa actividade concéntrase en promover debates, tertulias, creacións e exposicións que propaguen e difundan os valores éticos da tradición liberal republicana. Diríxese a todos cantos comparten os ideais republicanos en permanente sintonía con respecto á plena dignidade da persoa humana e recoñecemento dos dereitos institucionais. Entre o seu patrimonio atópanse os fondos doados pola familia Alvajar, así como os fondos do Ateneo Curros Enríquez (A Coruña 1977-1998)
Entidade financieira que foi fundada por un grupo de empresarios de orixe galega para atraer os aforros dos emigrantes galegos que vivían e traballaban na Arxentina. Tamén, como non, aos aforradores e inversores nativos do país.
Teñen sucursais nas principais cidades americanas e mesmo en Galicia.
Esta entidade financieira foi fundada por un colectivo de banqueiros e comerciantes españois instalados no Río da Prata (Arxentina, principalmente, pero tamén Uruguai) e que intentaban atraer os aforros dos milleiros de galegos e españois emigrantes en América.
En moitos casos participou activamente en numerosos actos e proxectos da colectividade para recaudar cartos en pro dos máis necesitados.
Esta sociedade comezou a súa andadura o 28 de agosto de 1920 co nome de "Hijos de Calo y Viduido". A súa directiva fundacional estaba composta por: presidente, Manuel Castro Juncal; vicepresidente, Ramón Seage; secretario, Manuel Martínez Seoane; vicesecretario, Domingo Framil Barreiro; tesoureiro, Vicente Viqueira Castro; vicetesoureiro, Manuel Chávez. Máis tarde foron Presidentes de Honra Manuel Castro Juncal e Miguel Recarey Soneira.
No seu regulamento de 1926 o seu fin prioritario era a ensinanza de nenos e adultos, creando para iso escolas nas parroquias de San Xoán de Calo e Santa María de Viduído. Segundo a acta nº 119 da reunión da xunta directiva da sociedade, teñen rematada a construción dos edificios onde se ían instalar as escolas
O 1 de xaneiro de 1968 entra a formar parte da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba". Nese mesmo ano o 29 de maio participa na constitución "Comisión Coordinadora de las Sociedades Gallegas de Cuba".
En 1985, na Xunta Xeral Extraordinaria do día 17 de abril de 1985 debatiron a fusión coa "Unión Orensana", e o 25 de maio de 1985 pasan a denominarse "Unión Orensana, Calo y Viduido". A fusión durou unha década. En marzo de 1995 o Comité Xestor tramita a súa separación.
Na actualidade contan con preto de 70 socios, sendo o seu presidente Carlos Cabanelas Rodríguez.
Sociedade de carácter comarcal creada na Habana en 1922, polos emigrantes de Carballiño (Ourense).
Os seus fins segundo a súa acta de inscrición no rexistro de Sociedades Españolas do 10 de decembro de 1932, foron fomentar e propagar a ensinanza gratuíta no Partido de Carballino, creando e sostendo colexios de ambos sexos nos seus concellos e parroquias, e fomentar a unión entre os fillos de Carballino residentes en Cuba.
Entre os presidentes da entidade están Jesús Pérez Cabo (fundador e primeiro presidente), Ruperto González y González (1924), Jesús Pérez Cabo (1928), Urbano González Iglesias (1933), Secundino Alvarez (1934) e Elisardo Atanés (1938).
A Casa Cultural de Galicia de Eibar foi fundada en 1984 por un grupo de galegos, encabezado por Antonio Alonso, e un vasco, Josu Arcocha, fillo de pescadores vascos que estivera vivindo moito tempo en Ferrol e sentíase plenamente identificado cos galegos. A primeira reunión, na que se xestou a entidade, realizouse o 28 de febreiro e a súa inauguración oficial non se celebrou ata o 20 de maio dese ano 84, que fixeron coincidir coa celebración do Día das Letras Galegas. Ó acto asistiron, entre outras personalidades, o consejero do Goberno Vasco, Castor Garate, en representación do Lehendakari e o alcalde de Eibar xunto con varios concelleiros.
O primeiro obxectivo, nos seus inicios, foi acadar un local en propiedade onde desenvolver as súas actividades; logro que se fixo realidade o 2 de marzo do ano 1984, despois de mercar un local con aportacións dos socios e un préstamo hipotecario, realizando parte do seu acondicionamento por eles mesmos en horas libres. O local conta con: oficina, comedor, sala de xuntas, cociña, biblioteca e bar especializado en comidas galegas.
O obxectivo único da entidade é promover e difundir a cultura galega, como consta no artigo 3º dos Estatutos: “La Entidad tiene carácter cultural y Folklórico, y su objeto fundamental es promover y difundir la cultura en general, muy particularmente la cultura gallega, y en consecuencia agrupar a todos los gallegos amigos de la cultura y simpatizantes residentes en Eibar y sus alrededores, por lo tanto su campo de acción se circunscribe a la provincia de Guipuzcoa”.
Foille concedida a personalidade xurídica o 21 de maio de 1984 e ostenta a condición de galeguidade dende o 12 de xaneiro de 1989.
Participa en numerosos actos de irmandamento coa comunidade vasca así como con outros centros galegos do País Vasco. De feito, forma parte da “Irmandade de Centros Galegos en Euskadi”, da “Federación de Casas Rexionais en Guipúzcoa” e do País Vasco. Participa na organización do Día de Galicia en Euskadi e das Casas Regionales en Guipúzcoa. Conta cun grupo de danza e gaita, "Os Galaicos", publican anualmente o programa do "Día das Letras Galegas", conta cun equipo de fútbol benxamín, celebran o magosto e concursos infantís.
É de destacar a súa labor solidaria, axudando a persoas transeuntes ou afincadas na comarca, que lles solicitan axuda tanto económica como social, así como en momentos especialmente dificiles, como foi a súa aportación desinteresada coas víctimas da catástrofe producida polo huracán Mitch, en Centroamérica.
A fundación da Casa Cultural comezou cunha xuntanza dun pequeno grupo de galegos no Bar Estación. En 1977 alugan un local e en 1978 consiguen adquirilo e constituir a sociedade. No local lévanse a cabo as actividades e conta con biblioteca, cociña e oficina.
Os seus obxectivos son:
- Promover a cultura Galega en Euskadi.
- Conservar e promover a cultura galega a tódolos niveis (lingüístico, literario, deportivos...).
- Axudar aos asociados ante calquera problema (social, cultural, xurídico, económico, etc.).
- Promover a unión de tódolos galegos e simpatizantes mediante distintas actividades.
Durante máis de dez anos contaron co grupo folclórico "Airiños Galegos" e a Tuna "Anduriñas" e dende 1986 editaron a publicación societaria "Letras Galegas", de periodicidade anual.
Organizan conferencias, celebran o Día das Letras Galegas e diversos campionatos, fan excursións e celebran o entroido e o magosto.
Co obxectivo de reunir á comunidade española residente no país e incentivar a cultura e as tradicións hispana, un grupo de españois residentes en Santo Domingo, entre os cales podemos destacar a Américo Lugo, Santiago Bustamante e Joaquín Fernández de Gamboa, entre outros, deciden reunirse para facer unha entidade que lles servira de referencia coa súa patria.
Con este ideal, reúnense por primeira vez o 12 de xuño de 1917, na casa de Luis Baquero Alonso. Unha semana despois, volven xuntarse no colexio “Divina Pastora” dos Padres Capuchinos e quedou designada unha comisión xestora para a creación dos estatutos da Casa de España.
O 1 de xullo de 1917 celebran unha terceira sesión, na que se constitúe oficialmente a nova entidade, que terá como obxectivos:
difundir o espíritu español; estreitar os lazos entre españois, dominicanos e outras colectividades estranxeiras no país; desenvolver os intereses materiais da colonia; fomentar a cultura en todos os aspectos; beneficencia, e auxilio para os socios; e organizar actividades recreativas.
A primeira directiva estivo presidida por Domingo Hernández, como vicepresidente, Jesús Cobián, Bnejamín Portela Álvarez como secretario e luis Baquero Alonso como tesoureiro; como vogais: José Lebrón Álvrez, Francisco González Flores, Perfecto Quintillá, Santiago Bustamante e Antonio Fernández.
Crea unha biblioteca “Cervantes” a través da que organiza numerosos actos de divulgación cultural como conferencias, certámenes literarios, exposicións de artes plásticas, representacións de bailes folclóricos, así como a celebración de festas rexionais e o fomento de actividades deportivas, coas que a Casa de España logrou na súa historia manter vivos os lazos de unión con España. Tamén patrocinou diversoso programas de saúde e de beneficencia, brindando asistencia a toda a sociedade dominicana.
Esta entidade é na actualidade un club social privado dedicado a promover a gastronomía e costumes españois na República Dominicana. O seu obxectivo principal é acoller e ser centro das reunións para españois e os seus descendentes, así como dominicanos identificados coa cultura de España.
Contan con modernas instalacións deportivas, áreas de esparcimento, un restaurante e unha taberna onde se pode degustar aas delicias da mellor cociña española.
Esta entidade foi fundada por un grupo de españois, ex-socios da "Sociedade Espanhola de socorros mutuos de Porto Alegre", que decidiron constituír un grupo ao que chamaron "Grupo de amizade 12 de outubro". Eran contrarios á marcha desta entidade, con profundas disensións políticas e mesmo da actuación da entidade que segundo eles perdera "o seu carácter mutualista e hispanista". Este grupo nunca tivo carácter asociativo nin xurídico pero foi o xérmolo dunha nova entidade.
Tras realizar varias festas e banquetes foi cundindo a idea de crear unha nova sociedade que defendera aos emigrantes españois e espallase a cultura española na sociedade brasileira. Esta idea foi apoiada activamente dende o consulado español en Porto Alegre (que tiña moi mala relación coa Sociedade española de socorros mutuos) quen desexaba manter a vinculación dos emigrantes españois co estado español, e a nova sociedade lles serviría de canle para informar dos proxectos e leis que afectase á colectividade.
A directiva fundacional estaba integrada por Juan Quintana Ros, primeiro presidente; Miguel Vázquez Valiño, secreatrio; José Esteve Vila, tesoureiro e como vogais: Victor Braña Rivas, Alejandro Buxeda Gutiérrez, Julio Comesaña Alonso, Pedro Díaz Marco, Celestino Rey Garrido, Laureano Pratas García e Feliciano Veiga Vieites.
Creouse como unha entidade recreativa, co fin prioritario de difusión cultural e estreitamento dos lazos de unión e amistade entre os españois alí asentados.
En 1959 aproban unha reforma nos estatutos nos que tamén se contempla o labor asistencial para os socios e a necesidade de conseguir unha sede social propia.
Tras unha longa traxectoria en 1994, os socios aproban en asemblea xeral a súa fusión coa "Sociedade Espanhola de socorros mutuos de Porto Alegre" e pasan a denominarse como "Centro Espanhol de Porto Alegre", que actualmente continúa a traballar na difusión da cultura española no Brasil e a asistencia mutual entre os seus socios.