Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1925-08-25- (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
2 cartafois con números en papel
2 sobres con microfichas
3 rollos de microfilme
1 PDF
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada o 26 de agosto de 1922 baixo o nome de "Sociedad Agraria y Cultural de los Hijos del Partido de Corcubión", polos emigrantes do partido xudicial de Corcubión residentes na capital arxentina. Os seus primeiros estatutos foron aprobados na Asamblea social do 24 de marzo de 1923, recollendo as súas finalidades principais:
"Capítulo I: Art. 2º: son sus fines: a) propender por todos los medios al mejoramiento agrario de aquella parte de Galicia; b) procurar asimismo la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquellos que esté comprendido en el orden cultural; c) proteger a sus asociados y cuidar de su mejoramiento físico, estableciendo todo lo que conduzca a este fin, sin descuidar la asistencia médica, cuando sus medios se lo permitan y llegando a establecer una sal de primeros auxilios (...)".
Dende a súa fundación manteñen un labor en pro da beneficencia e da cultura dos seus asociados. Destacan no seu labor a favor da educación dos nenos deste partido xudicial, chegando a construír catro escolas nas parroquias de Estorde (Cee), Nemiña (en Muxía), en Pasarela (en Vimianzo) e en Suarriba (Fisterra).
O 26 de agosto de 1925 sae o primeiro número da revista "Alborada", órgano oficial da asociación, coa pretensión de que se convertise no voceiro das súas aspiracións colectivas e de recoller canto de interese xeral acontecese na súa comarca natal. Actualmente segue a editarse.
Contan cunha sede social en propiedade dende 1930, onde funciona a secretaría social; e en 1940 mercaron dous terreos onde instalaron o seu recreo social, para organizar reunións e festas para os asociados.
Na actualidade están centrados nas actividades recreativas, deportivas e culturais, ademais dalgunhas actividades benéficas que realizan segundo as súas posibilidades, colaborando co Hogar Gallego de Domselaar. Asesoran gratuítamente aos socios e membros da colectividade no referente a trámites consulares, pensións, bolsas, campamentos ou axudas especiais.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Esta revista societaria foi creada como o órgano oficial da ABC del Partido Judicial de Corcubión en Bos Aires e como tal concede unha grande importancia ás noticias referidas á entidade editora (celebración de asembleas, actividades realizadas en Arxentina e Galicia, nómina de socios ingresados, noticias sociais, necrolóxicas, etc.) e da comarca de orixe. Compleméntase a publicación con artigos de temática variada (hispanoamericanismo, emigración, notas historicas e sociais da comarca, actualidade arxentina, etc.), colaboracións literarias, artigos divulgativos e pasatempos.
Números conservados en papel, en microficha e en microfilme:
1925: n. 1-5
1926: n. 6-17
1927: n. 18-29
1928: n. 30-41
1929: n. 42-53
1930: n. 54-59
1931: n. 60-68
1932: n. 69-73
1933: n. 74-78
1934: n. 79-83
1935: n. 84-88
1936: n. 89-93
1937: n. 94-98
1944: n. 123-125
1945: n. 126-129
1946: n. 130-133
1947: n. 134-137
1948: n. 138-140
1949: n. 141-144
1950: n. 145-148
1951: n. 149-152
1952: n. 153-155
1953: n. 156-158
1954: n. 159-161
Números conservados só en papel:
1957: n. 167 (fotocopias)
1961: n. 170 (fotocopias)
1964: n. 173 (fotocopias)
1990: 68º aniversario social
1991: 69º aniversario social
1993: n. 187
1997: 75º aniversario social (extra)
2002: n. 189 (80º aniversario social)
2008: n. 190 (decembro)
2009: n. 191 (decembro)
2010: n. 192 (decembro)
2011: n. 193 (decembro)
2013: n. 194 (outubro)
2016: n. 195 (agosto)
2019: n. 199
Números conservados en formato dixital:
1954: n. 161
1955: n. 162
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Os documentos en microficha e microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
O número da revista do ano 1997 conta cun exemplar doado pola Consellería de Emigración.
As fotocopias dos números 167 (1957) e 170 (1961) foron cedidas para a súa duplicación por D.ª María del Carmen Redonda Martínez.
Os números 161-162 dixitalizados foron doados por Xosé Rei Lema. Pertencen ao Fondo Biblioteca Roberto Veloso.
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino