Arquivo do Consello da Cultura Galega

Área de identidade

Identificador

GA 15078 ACCG

Forma(s) autorizada(s) do nome

Arquivo do Consello da Cultura Galega

Forma(s) paralea(s) do nome

    Outra(s) forma(s) de nome

    • Archivo del Consello da Cultura Galega

    Tipo

    • Arquivo de Titularidade Pública
    • Arquivos de Institucións Científicas, Culturais e de Investigación
    • Administración Autonómica
    • Arquivo intermedio e histórico

    Área de contacto

    Anxos Sumai García Contacto principal

    Tipo

    Enderezo

    Enderezo (rúa)

    Pazo de Raxoi, 2º andar.

    Localidade

    Rexión

    Santiago de Compostela (A Coruña)

    Nome do país

    España

    Código postal

    15705

    Teléfono

    Teléfono: 981 95 72 16

    Fax

    Fax: 981 95 72 05

    Correo electrónico

    Nota

    Área de descrición

    Historia

    O Arquivo do Consello da Cultura Galega está constituído pola documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, conservada de xeito seguro e ordenado para facilitar o seu acceso e servir de apoio á investigación e á cultura. A súa orixe está na creación do Consello da Cultura Galega (CCG) no ano 1983.
    A existencia do CCG vén determinada polo Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi creado, conforme prevé o artigo 32 deste, por Lei do Parlamento de Galicia (Lei 8/1983, do 8 de xullo). Réxese por esta Lei e mais polo seu Regulamento, aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 237/2000, do 29 de setembro).
    Cun carácter de órgano asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización, ao Consello compételle a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Está composto por representantes de entidades e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.

    Contexto xeográfico e cultural

    O Consello da Cultura Galega está situado no centro da cidade, na praza do Obradoiro, fronte á fachada principal da catedral de Santiago. Na actualidade comparte edificio, o Pazo de Raxoi, co Concello de Santiago e coa Presidencia da Xunta de Galicia. Nestas dependencias están localizados a Biblioteca e arquivo e o Centro de Documentación e Igualdade e Feminismos.
    O Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela, a Biblioteca Xeral da USC ou o Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago son algunhas das institucións culturais que se localizan a poucos metros de distancia, o que facilita atopar gran diversidade de fondos na mesma zona a quen investiga.

    O Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia están situados na Cidade da Cultura, no edificio da Biblioteca de Galicia, onde tamén están instalados o Arquivo de Galicia e parte da Real Academia Galega. Erixida no monte Gaiás a Cidade da Cultura componse de varios edificios e espazos orientados a asuntos culturais e de entretemento, polo que estas dependencias do Consello da Cultura achegan unha oferta cultural e de investigación moi variada ás persoas usuarias.

    Mandatos/fontes de autoridade

    Estructura administrativa

    A Área de Xestión Documental do Consello da Cultura Galega está integrada por:

    • Biblioteca e Arquivo
    • Arquivo da Emigración Galega
    • Arquivo Sonoro de Galicia
    • Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
    • Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos

    Administración de rexistros e políticas de recolección

    Os fondos documentais son de libre acceso para persoal investigador salvo que se trate de materiais que polas súas características (rareza, conservación…etc) precisen da autorización da Comisión Executiva do CCG.
    O Arquivo réxese polas normas de recepción, custodia, conservación e acceso aos documentos do Consello da Cultura Galega.

    Edificios

    Fondos

    Fondo xeral: composto pola documentación xerada pola institución no exercicio da súa actividade. Fondo cultural: procedente de adquisicións e depósitos. Composto por documentación de asociacións, sociedades e fondos persoais e familiares de interese para a cultura galega.

    CADRO DE CLASIFICACIÓN:

    1. Fondos de Goberno e adminstración
    2. Fondos do Arquivo de Emigración (AEG)
    3. Fondos do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG)
    4. Fondos do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG)
    5. Fondos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)
    6. Fondos de asociacións culturais e fondos persoais

    Instrumentos de descrición, guías e publicacións

    Área de acceso

    Horario de apertura

    Horarios de atención ao público:
    De 10:00 a 14:00 horas (de Luns a Venres)

    Condicións de acceso e requisitos

    O acceso é libre con fins de investigación. Para a consulta de documentación nas instalacións é necesario concertar cita previa: http://consellodacultura.gal/protocolo-acceso.php
    O acceso directo aos fondos está suxeito á normativa legal vixente para a correcta conservación do patrimonio documental.
    É necesaria a autorización expresa da Comisión Executiva para a consulta do arquivo intermedio.

    Accesibilidade

    Tanto o edificio do Pazo de Raxoi como o da Biblioteca de Galicia dispoñen de ascensor. Existen paradas de autobús e zonas públicas de estacionamento nas inmediacións.

    Área de servizos

    Servizos para investigación

    Asesoramento na busca e localización de documentos respecto dos fondos documentais do Arquivo. O persoal do mesmo proporciona información e orientación personalizada sobre as consultas recibidas.

    Servizos de reproducción

    Facilítase copia de documentos en formato dixital ou fotocopia, segundo o caso.

    Áreas públicas

    Área de control

    Identificador da descrición

    Identificador da institución

    ES.15078.ACCG ** Arquivo do Consello da Cultura Galega

    Regras e/ou convencións usadas

    Descrición realizada conforme á norma ISDIAH (Norma internacional para la descripción de instituciones que custodian fondos de archivo). ISO 8601. ISO 639-2. ISO 15924.

    Estado de elaboración

    Final

    Nivel de detalle

    Parcial

    Datas de creación, revisión ou eliminación

    Data de creación : 2013/04/04 [ISO 8601]. Revisión: 2021/09/20

    Idioma(s)

    • galego

    Escritura(s)

    • latino

    Fontes

    Web do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.gal

    Notas de mantención

    Descrición para o Arquivo do Consello da Cultura Galega feita por Anxos Sumai García e Susana Guitar Novo o 5 de abril de 2013. Completada parcialmente o 20 de setembro de 2021.

    Puntos de acceso / Descritores

    Puntos de acceso