Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1918-02-23 - (Creación)
Nivel de descrición
Volume e soporte
1 cartafol con Estatutos
1 cartafol cunha revista
236 microfichas con libros de actas, libros de rexistro de socios, correspondencia e 1 boletín
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade instrutiva foi creada en Bos Aires baixo o nome de "Hijos del Ayuntamiento de Mos", polos emigrantes naturais do concello de Mos nesta cidade. Entre os fundadores pódese citar a Antonio Alonso, presidente fundacional, Claudio Comesaña, José Represas e Teodoro Seijo.
O obxectivo principal cando foi creada era construír e soster escolas no seu concello natal; contemplan ademais financiar a repatriación dos socios enfermos e necesitados, otorgar empréstimos aos socios e axudalos na procura dun traballo se o necesitasen.
En 1918 comeza a editar unha revista anual, na que se recolle a memoria e balance social con carácter anual; e en 1931 publica o boletín social "La Voz de Mos".
En 1924 realiza as primeiras xestións para construír unha escola na parroquia de Tameiga, que foi inaugurada en decembro de 1928. Este edificio constaba dunha escola mixta de nenas e varóns con capacidade para 120 alumnos, e unha vivenda para os mestres.
O 13 de decembro de 1950 aproba os primeiros estatutos sociais, tras unha profunda crise da entidade que estivo a punto de desaparecer. Consideran que son herdeiros do legado dos fundadores da entidade e pasan a denominarse "Asociación Residentes de Mos, de Mutualidad, Cultura y Recreo".
Na actualidade organizan diversas actividades recreativas e conmemorativas como o Día de Galicia ou o aniversario social. Tamén conta cun grupo de baile galego que actúa nas diversas festas e celebracións da colectividade.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel:
Estatutos (1989) (fotocopias)
Revista "Asociación Residentes de Mos"
"Revista memoria de la Asociación Residentes de Mos"
Conservada en formato microficha:
Libros de actas das reunións da Comisión Directiva (1918-1951)
Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios (1918-1949)
Correspondencia enviada
Libros copiadores de cartas
Libros de rexistro de socios (1918-1936)
Conservada en formato papel e en microficha:
Boletín "La Voz de Mos"
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
O material que está en formato microficha non se pode reproducir por cuestións técnicas. O resto da documentación permítese reproducir.
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Os documentos en microficha precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso / Descritores
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 08/03/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino