Fondo AE-BR-CabStgo - Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-BR-CabStgo

Título

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Data(s)

  • 1960-11-22 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

10 PDF con libros de actas
4 PDF con ficheiros de socios
1 PDF con fotografías
1 cartafol con 1 carta e folletos
1 carpeta con publicacións societarias
2 DVD

Área de contexto

Nome do/a creador/a

(1960-11-22 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta asociación cultural foi fundada por un grupo de emigrantes españois, case todos galegos, liderados polo a Padre Samuel Martínez, que compartían a aspiración de divulgar a cultura e a lingua españolas na cidade de Salvador, capital do estado de Bahia.
As primeiras reunións tiveron lugar na parroquia de Pituba, na capital bahiana; ese mesmo ano aproban os estatutos sociais e escollen o nome de Caballeros de Santiago, como símbolo de unión da cultura española. O seu primeiro presidente foi Manuel Nemesio Sánchez.
A institución funcionou inicialmente no barrio de Pituba, onde fundou unha escola para os nenos necesitados do barrio, coa axuda da Secretaría municipal que donou mobiliario e pagou o soldo dos mestres.
En 1967, consegue inaugurar a súa primeira sede propia, no edificio San Luís, no centro da cidade. Implanta entonces as aulas de formación en lingua española e organiza diversas actividades para divulgar na cidade de Salvador a cultura española (con cursos de música, danza, películas, artesanía e tamén gastronomía, exposicións, etc.).
En 1988, sendo presidente Orsí Pousada Covelo, comezou a construción da actual sede, no barrio de Rio Vermelho, que foi inaugurada un ano más tarde. Alí imparte clases de lingua e danza españolas e galegas a toda a sociedade bahiana. Tal como se titulan na súa páxina web: “Caballeros de Santiago, unha institución ao servizo da cultura galega no Brasil”.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libros de actas das reunións das Xuntas Directivas (1960-2003) e das Asembleas de Socios (1960-2004)
Ficheiros de socios (1960-)
Fotografías (1960-1969)
2 DVD "Festividades de Santiago Apóstolo 2008"

Conservada en formato papel:

Díptico "O mundo fica pequeno para quem fala espanhol" (2006)
Tríptico "Si no habla baila!"
Tríptico "Noite Espanhola"
Díptico "Aqui, quem nao aprende espanhol, dança"
Folla voandeira "La fuerza del español en el mundo"
Carta coa composición da directiva para 2000-2002
Carta coa composición da directiva para 2002-2004
Carta convidando a un acto (2005)
Carta coa composición da directiva para 2007-2010
Tríptico "Os vellos non deben de namorarse : unha artimaña escenográfica" (1994)
Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99"
Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001"
Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007"
"Festival de dança espanhola : trajetória & sentimentos"
Díptico co programa elaborado para o Día das Letras Galegas de 1997
Currículo de José Villarino Cortes
Modelos das fichas de socios
Modelo de carta
Revista "Sociedade Cultural Caballeros de Santiago"
Boletín "Plus Ultra : Boletim de la Sociedad Caballeros de Santiago"
Boletín "Informativo Caballeros de Santiago : Boletín Informativo da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago"
Boletín "Associaçâo Cultural Caballeros de Santiago : Boletim Informativo"

Conservada en formato papel e dixital:

Proxecto cultural para 2008-2009

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Portugués brasileiro

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e escritura

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso xénero/forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 03/05/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso