Agrupación de fondos CDIF - Fondos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG CDIF

Título

Fondos do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF)

Data(s)

  • ? - 2019-01-18 (Creación)

Nivel de descrición

Agrupación de fondos

Extensión e medio

Área de contexto

Nome do creador

((1983-))

Historia administrativa

O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía (artigo 32).

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

A creación do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), aprobada polo Pleno do Consello da Cultura Galega o 25 de xullo 2019, é o resultado de liñas de reflexión, proxectos e prácticas desenvolvidas na institución en materia de igualdade, feminismos, mulleres, sexos, xéneros e sexualidades en diferentes áreas de investigación e acción social: ciencia, filosofía, socioloxía, antropoloxía, política, cultura, dereito, historia, educación, traballo, economía, arte, música, antropoloxía, literatura, lexislación, psicoloxía, saúde, centros da memoria, ….
A máis de promover espazos de coñecemento e reflexión, e grupos de traballo específicos para o estudo e a elaboración de informes e actividades, o CDIF, desenvolve liñas de acción centradas no patrimonio documental e destinadas á recuperación e posta a disposición pública de materiais de arquivo, bibliografía, recursos hemerográficos, webgráficos ou audiovisuais.

Unha das finalidades do CDIF, consiste na recuperación da documentación arquivística e documental producida grupos e colectivos feministas e/ou de lesbianas, bisexuais, transexuais, intersexuais, queer, …, con actividade en Galicia. Trátase de contribuír á desaparición, deterioro ou extravío deste valioso patrimonio documental imprescindible para entender e explicar o pasado e os tempos máis actuais.

Na incorporación de fondos, o proxecto "Memoria en movemento" emprega formulas de doazón e cesión temporal para a dixitalización, sempre abertas ás persoas e entidades que decidan participar no proxecto.

Memoria en movemento presta atención ás redes de relación das organizacións obxecto de interese, e abrangue dous fondos especiais interconectados entre sí:

  • MFOG: consiste na reunificación parcial de materiais producidos por grupos e colectivos de mulleres e/ou feministas con actividade en Galicia, organizados de xeito independente ou con espazo propio dentro de entidades maiores
  • LGTBIQ+: consiste na reunificación parcial de materiais producidos por grupos e colectivos de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais ou queer con actividade en Galicia, organizados de xeito independente ou con espazo propio dentro de entidades maiores.

Valorización, destrución e programación

Fondos de conservación permanente.

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rexen o acceso

Consulta en sala con cita previa.
Consulta a través do correo electrónico: cdif@consellodacultura.gal
As solicitudes de acceso aos fondos documentais e arquivísticos atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicará o día en que o material requirido estará dispoñible para a súa consulta na sala ou vía telemática. Permitirase a reprodución dixital que será realizada polo persoal técnico do CDIF.

Localización:
Pazo de Raxoi 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
cdif@consellodacultura.gal
Tel.:+34 981 957 217
Páxina web: https://consellodacultura.gal/area2.php?arq=3192

Condicións

Idioma do material

    Escritura do material

      Language and script notes

      Características físicas e requerimentos técnicos

      Instrumentos de descrición

      Área de materiais relacionados

      Existencia e ubicación de orixinais

      Existencia e localización de copias

      Unidades de descrición relacionadas

      Descricións relacionadas

      Área de notas

      Identificador(es) alternativo(s)

      Puntos de acceso

      Materias

      Lugares

      Persoas e entidades

      Descritores xénero-forma

      Área de control da descrición

      Identificador da descrición

      Identificador da institución

      Regras e/ou convencións usadas

      Estado de elaboración

      Nivel de detalle

      Datas de creación revisión eliminación

      Idioma(s)

        Escritura(s)

          Fontes

          Área de acceso