Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1907-05-02 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
5 carpetas con documentación
32 volumes encadernados dunha revista
24 rollos de microfilme
1 microficha
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta institución foi creada por un grupo de emigrantes galegos co fin primordial de brindar protección médica e social aos seus coterráneos. Tras unha homenaxe feita en honor ao finado compositor Pascual Veiga na cidade de Bos Aires o 31 de outubro de 1906, a prensa da colectividade lanza a idea de fundar un centro similar ao da Habana ou Madrid, para que axudase a todos os galegos necesitados da Arxentina. Uns días despois o "Centro Vigués" lidera esa proposta e coa axuda do "Orfeón Coruñés", "Orfeón Mindoniense" e "Orfeón Gallego Primitivo", apróbase a creación dun "Centro Gallego". Encabezada por Antonio Varela Gómez e Julio de la Cuesta, créase unha comisión que o 21 de xullo aproba os primeiros estatutos da nova entidade, con sede nun pequeno local alugado, sito na rúa Estados Unidos, no que se instala un consultorio médico e onde se impartían clases nocturnas de alfabetización.
No ano 1911 acometeu a reforma dos estatutos, quedando dende entonces implantada a mutualidade; con este cambio nos fins sociais aumenta de maneira considerable o número de socios. Conxuntamente estabelece os servizos fúnebres, de asesoramento xurídico e a farmacia social. O crecemento da entidade levou a buscar un edificio maior e en 1917 mercan por subscrición popular dos socios, un edificio na avenida Belgrano, un palacete que aínda hoxe é a súa sede social.
O 9 de decembro de 1933 manifesta publicamente o seu apoio á autonomía galega, apoio que reitera en xuño de 1936: "... teniendo en cuenta que la Autonomía de Galicia no es un asunto político, sino eminentemente patriótico; consecuente con la posición fijada al respecto y fiel al precepto estatutario que dispone: "secundar eficazmente toda acción progresista que se inicie en bien de Galicia".
No ano 1969, crea o "Instituto Argentino de Cultura Gallega", a través do cal se realiza unha intensa actividade coa publicación de libros que en Galicia estaban prohibidos, organización de conferencias e diversos actos a prol da lingua e da cultura galegas.
Na actualidade esta institución con máis de 30.000 asociados pasa por unha grave crise económica, debido tanto a precariedade da economía arxentina como a mala xestión dos fondos da entidade. A grande maioría dos seus socios son xente de avanzada idade, que precisan atención médica constante e que coas súas cotas (moitas das cales non poden pagar) non poden manter as actividades sanitarias, primordiais na actualidade. As axudas das institucións galegas como a Xunta só serven para paliar o grave déficit do centro e parecen non poder salvar a institución da endémica situación de crise que vive dende os anos 90 do pasado século.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Fondos formato papel:
- Libro de Acta de constitución da entidade (1907)
- Libro de rexistro xeral de socios (1907) (fotocopias)
- Boletín oficial. Centro Gallego de Buenos Aires (1921)
- Galicia : Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1926-2012) (algúns números facsimilares ou dixitalizados)
- Catálogo da exposición "Libros y autores gallegos" (1948) (fotocopias)
- Regulamento interno para os concursos literario-musicais (1958) (fotocopias)
- Regulamento interno para os concursos literario-musicais para o trienio 1961-1963 (fotocopias)
- Folleto co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" (1965)
- Ponencia no congreso Emigración Gallega (1974)
- Publicación "Día de Galicia" (1978)
- Estatutos (1982)
- Folleto Centro Gallego Institución Mutualista sin fines de lucro (1985)
- Folleto da "Primera Semana de Galicia en Luján" (1987)
- Unión Gallega. Revista da Agrupación "Unión Gallega" (1988)
- Anales Científicos : de la Asociación Médica del Centro Gallego de Buenos Aires (1989)
- Carta e enquisas do AEG ao IACG sobre fontes documentais e sobre as sociedades galegas no mundo (1996)
- Boletín Informativo (1997-1999)
- Memoria de creación do IACG (fotocopias)
- Folleto Fundación Galicia Salud (2004)
- Folletos do Instituto Argentino de Cultura Gallega:
- Programa de actividades do Homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento (1973)
- Catálogo de publicacións (década 1970)
- Programa de actividades das "Jornadas Patrióticas Gallegas" (1987)
- Programa de actividades do "Cursillo sobre historia de Galicia" (1987)
- Recorte de prensa co anuncio do "Cursillo sobre historia de Galicia" (1987)
- Programa de actividades das "Jornadas Patrióticas Gallegas" (1988)
- Programa de actividades das "Jornadas Patrióticas Gallegas" (1990) (díptico)
- Programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990 (folla voandeira)
- "Programa General de Actividad Cultural" (1996)
Fondos en microfilme:
- Libro de actas das Asembleas xerais de socios (1907-1987)
- Libro de actas da Comisión Directiva (1907-1993)
- Libros de rexistro xeral de socios (1907-1998)
- Fotografías históricas (tamén orixinais)
Fondos en microficha:
- Región Galaica : Órgano del Centro Gallego (un número fotocopiado)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A meirande parte dos fondos orixinais están no Centro Galego de Bos Aires e unha pequena parte dos fondos orixinais atópase no Arquivo da Emigración Galega
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 31/01/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino