Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1969-05-04 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 cartafol con 1 carta, 1 enquisa, 6 folletos e 3 recortes de prensa
1 cartafol con 1 publicación societaria
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Os primeiros contactos entre a colonia galega en Llodio foron promovidos por Eduardo Pérez Ferrer, que convocou unha xuntanza para o día 23 de marzo de 1969 no salón de sesións do concello. Na asemblea do día 4 de maio elixiron a primeira xunta constituínte para a posta en marcha da sociedade. No mes de xuño mercaron o local social, que lles permitiu levar a cabo diversas actividades, entre elas un Bingo, como fonte principal de ingresos durante os anos 70.
O centro galego creouse co ánimo de aglutinar a tódolos galegos desta comarca, e ter así onde reunirse e poder conservar os aspectos máis importantes dos seus costumes.
Segundo o artigo 2 dos seus Estatutos, “los fines de esta asociación son:
- Mantener una prolongación de Galicia en Euskadi, hermanando a los Gallegos y no Gallegos residentes en la Comunidad Autónoma Vasca.
- Desarrollar el entendimiento y conocimiento de todas las Nacionalidades y regiones del Estado Español con Galicia y de ésta con aquellas, prestando atención preferentemente a las relaciones con Euskadi, al ser ésta comunidad Autónoma su ámbito territorial.
- Mantener lazos culturales y sociales con Galicia, sus gentes, su historia, su cultura y su idioma el Gallego, el cual será empleado en cualquier tipo de comunicación oral o escrita en la Asociación y en las Relaciones escritas con personas, Instituciones y Organismos del exterior..."
Entre as actividades culturais que organizan destaca a celebración do Día das Letras Galegas, do Festival Cultural dos Pobos e do Día de Galicia en Euskadi e o seu Grupo Folclórico Centro Galego ESPALLADOIRO. En 1990 comezaron a editar a revista "Espalladoiro : voceiro do Centro Galego de Llodio".
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel (orixinal):
Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1998)
Tríptico das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas de 1993, adicadas a Eduardo Blanco Amor
Díptico das festas polo XXV aniversario societario de 1994
Tríptico da presentación do libro "O fume das cinsas" de Antonio Vázquez Tierra no magosto de 1995
Díptico do XII festival cultural dos pobos de 1997
Tríptico das xornadas culturais polo Día das Letras Galegas de 1998, adicadas a Martin Códax, Mendinho e Xoan de Cangas
Díptico das festas en honor ao Apóstolo Santiago no Día da Patria Galega de 1998
3 recortes de prensa
Revista "Espalladoiro : Voceiro do Centro Galego de Llodio"
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
- galego
- Éuscaro
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
- Europa » España » Galicia
- Europa » España » País Vasco » Biscaia » Laudio/Llodio
Persoas e entidades
- Centro Gallego de Llodio (Tema)
- Santiago o Maior, Santo (Tema)
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 02/07/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino