Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1943-01-09 - 1979-07-25 (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 cartafol con 2 folletos e 1 díptico
14 PDF e 3 rollos de microfilme con actas, libros de rexistro de socios, correspondencia e 1 publicación societaria
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
O Centro Lucense foi fundado pola fusión de varias sociedades de emigrantes galegos naturais da provincia de Lugo e que formaban parte da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, nunha política de unión das diversas sociedades afins, para así dispoñer de maiores posibilidades para lograr os seus obxectivos.
Para a súa creación fusionáronse as seguintes sociedades: "Fonsagrada y Baleira", "Alianza de Céltigos, Incio y Corbelle", "Brisas del Eume", "Sociedad vecinal de Cervantes", "Fonsagrada y sus distritos", "Unión Cultural de Lugo", "Monterroso y Antas de Ulla", "Sociedad del Ayuntamiento de Meira", "Unión Quiroguesa y sus distritos", "Centro del Ayuntamiento de Samos", "Pro-Escuelas unidos de Sarria", "Sociedad del Ayuntamiento de Trasparga", "Sociedad de Vicedo", e "Centro Vivariense". Máis tarde se lle uniron: "Parroquias Unidas del Corgo", "Centro Unión Villalbesa" e "Centro Friolense".
Dende a súa creación ten como tarefa principal a difusión da cultura galega e arxentina e a realización de reunións sociais e recreativas, así como a práctica de deportes. Segundo o seu presidente F. Insua en 1952 o seu fin prioritario era a unificación da colectividade galega nunha soa entidade cultural (cultura física e intelectual) e recreativa.
Na súa tarefa cultural, da que durante uns anos foi asesor, Eduardo Blanco Amor, fundan a Banda Lucense, coa que impartiu concertos e grabaron discos; en 1957 inaugura unha galería de arte, onde se expoñía a obra de grandes pintores galegos e arxentinos; estas exposicións foron doadas ao Museo de Lugo, que creou para acollelas a Sala América.
Ademais organizou na súa sede numerosas conferencias, seminarios etc., editou libros en galego e en 1943 edita un xornal que convertiron no seu voceiro oficial, "Lugo". En 1959 organiza unha escola de teatro que dirixe Roberto Villanueva e no ano 1962 crea unha cátedra de cultura.
No ano 1979 desaparece como tal, tras a fusión co "Centro Coruñés", "Centro Orensano" e "Centro Pontevedrés" créase unha nova entidade baixo o nome de "Centro Galicia de Buenos Aires".
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato microfilme e dixital:
Libro de actas da Comisión Directiva (1943-1946)
Libros de actas das Xuntas Executivas (1946-1952)
Libro de actas das Asembleas de socios (1943-1971)
Correspondencia (1948-1952)
Libro de rexistro de socios (1949-1973)
Impresos varios
Conservada en formato microfilme:
Publicación "Lugo"
Conservada en formato papel:
Folleto "Páginas gallegas de Juana de Ibarbourou" (1968)
Folleto "Centro Lucense de Buenos Aires"
Programa de actividades organizadas pola Comisión de Cultura do Centro Lucense con motivo do Día das Letras Galegas de 1968
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 27/02/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino