Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1958 - 1995 (Creación)
Nivel de descrición
Volume e soporte
6 cartas
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
No ano 1922 reuníronse un grupo de goladenses para charlar sobre os recordos da terra, e pouco e pouco foi xurdindo a idea de formar unha agrupación que lles servira como lugar de reunión e co ánimo de protexerse mutuamente ademáis de fomentar a instrución e o recreo ó estilo dos pobos de procedencia.
A sociedade constituíuse nunha xunta xeral celebrada no "Centro Gallego de La Habana" o 10 de setembro de 1922. A partires de 1923 esta sociedade forma parte do "Comité de Sociedades del Partido de Lalín" que estaba integrado ademais polas seguintes sociedades: "Club Lalín", "Hijos del Ayuntamiento de Rodeiro", "Hijos del Partido de Lalín" e "Hijos del Ayuntamiento de Silleda".
Tivo varias denominacións en toda a súa traxectoria, polos nomes de "Hijos del Ayuntamiento de La Golada", "Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Golada. Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo". Segundo o artigo número 2 do seu Regulamento social de 1929 a sociedade terá por obxecto: a mellora da instrución na Golada, e a protección e recreo aos seus asociados, tamén velará pola unión e a boa armonía de todos os seus socios, celebrando reunións, festas e outros actos recreativos.
No ano 1933 forman a Mesa da Directiva: Daniel Iglesias Val, presidente; Albino Casares, vicepresidente; José Costa, secretario; Ramón Varela, vicepresidente; Juan Costa, tesoureiro; David Méndez, vicetesoureiro; José Tirador, contador; Antonio Galego, vicecontador; Ángel García Carela, secretario de correspondencia.
En 1951 o presidente proposto, expón que aceptaría o cargo sempre e cando a entidade se comprometese a construír un Panteón Social. Este período tomouse o acordo de emitir bonos reintegrables para que a costa da súa adquisición poideran iniciar as obras. Finalmente os asociados fixeron un aporte á sociedade, pois ningún admitíu o reintegro.
Un acontecemento destacado foi a súa fusión o 29 de agosto de 1987 coa "Sociedad de Naturales de Puentes de García Rodríguez" creada o 28 de xaneiro de 1912. Dende entón as sociedades irmandadas integran a directiva ata a actualidade, reformando o regulamento social para o seu mellor funcionamento.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Correspondencia da sociedade "Hijos del Ayuntamiento de Golada" de A Habana durante os anos 1958-1995, conservada en formato dixital e impreso:
- Carta enviada aos socios recomendando a Manuela García (28/05/1958)
- Carta enviada a Fernando Magariños Torres, Xefe da Sección de Asistencia Social do Instituto Español de Emigración do Ministerio de Traballo, para enviarlle unha enquisa (21/12/1967)
- Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (06/04/1969)
- Carta enviada á Federación de Sociedades Españolas de Cuba relativa á relación entre sociedades (09/12/1969)
- Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas, sobre a concesión da Medalla de ouro colectiva ao Mérito no Traballo outorgada polo Ministerio a proposta do Instituto Español de Emigración (12/03/1971)
- Carta enviada ao Alcalde de As Pontes de García Rodríguez, Aquilio Meizoso, en agradecemento pola axuda económica recibida para as obras de restauración do Panteón da sociedade (07/05/1995)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso / Descritores
Materias
Persoas e entidades
Ámbitos de intervención
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 03/09/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino