Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1909-08-15 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 xornal
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada por un grupo de emigrantes naturais das parroquias de Manduas, Moalde, Chapa, Piñeiro, Lamela e Cervaña, do concello pontevedrés de Silleda, que residían na República Arxentina. A idea foi iniciativa de Ramón Otero e José M. López, que convocaron os seus paisanos co obxectivo de «fundar en Bandeira una escuela laica teniendo en cuenta que no escapará a su clara inteligencia los múltiples beneficios que aportaría».
Na acta fundacional constan como socios fundadores, ademais dos xa mencionados, Manuel Otero, Manuel Carnota, Manuel Abades, Manuel Peña, Andrés Gamallo, Andrés Ouzande, José Lodeiro, Manuel Matos, Adolfo Calveiro, Ramiro Abades, Jesús Lodeiro, Benigno M. Viz, Manuel Camino e Rudesindo López, que foi elixido como primeiro presidente social.
Coa idea de difundir os seus propósitos, aprobouse a edición dun voceiro social chamado "Fomento de la Instrucción Gallega". Este serviu de canle de unión entre a sociedade e os seus veciños da Bandeira. Non só daba noticias das actividades sociais e de temas relacionados coa educación, sempre dende postulados progresistas e laicos, senón que tamén loitaba pola defensa do agrarismo e dunha política progresista na súa terra natal.
Para conseguir fondos organizaba festivais, banquetes e diversas subscricións e, por suposto, cobraba as cotas sociais. Estes fondos serviron para a compra dun soar e para a construción do edificio escolar. Isto non se levou a bo termo ata 1927, ano en que se mercaron uns terreos na parroquia de Manduas e, pouco despois, comezaron as obras da escola. As xestións para a construción da escola realizounas Luciano Folgar, representante da entidade na Bandeira. A entidade arxentina mandou nun primeiro momento 10 000 pesetas, cantidade que se foi incrementando ata as preto de 33 900 pesetas en que se presupostou o edificio.
A escola foi inaugurada en setembro de 1930 cunha matrícula de máis de 60 alumnos e alumnas naturais da Bandeira e das parroquias veciñas. Estaba dotada dunha ampla biblioteca e dispoñía de mobiliario e material educativo moderno enviado dende Arxentina, que causaba grande admiración na prensa da época.
A pesar do éxito no funcionamento da escola, en 1934 clausúranse as clases, pois coa chegada da República a sociedade consideraba que o labor que facía a prol da educación debía ser asumido polo Estado. O edificio pasou a converterse en sede da Casa do Pobo e Biblioteca Popular.
A entidade bonaerense seguiu a loitar pola cultura dos seus veciños e continuou mandando caixas cheas de libros de todo tipo de temáticas, aínda que prevalecían os temas relacionados coa agricultura e a gandaría.
Ademais, a sociedade sempre apoiou economicamente as iniciativas agraristas e de progreso na súa terra. Nos anos 40, durante a posguerra, tivo lugar a expropiación do edificio. É entón cando a sociedade renovou os estatutos e centrou a súa actuación na axuda mutua dos socios e nas actividades recreativas. Tamén cambiou de nome e pasou a denominarse Residentes de Bandeira en Buenos Aires.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Esta publicación societaria informa das actividades da sociedade instructiva «Pro-Escuela en Bandeira» e achega aos seus socios as noticias da súa localidade natal e de Galicia («Notas locales», «Información Regional»). Tamén contén abundantes colaboracións literarias e artigos de temática variada, entre os que citamos «Sección Argentina», na que Saga Tevama reflexiona sobre diversos aspectos educativos e pedagóxicos, temática que se repite en numerosos artigos.
Números conservados en formato papel (fotocopias):
- 1909: n. 2-5
- 1910: n. 6-17
- 1911: n. 18-21
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala a todos os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Fotocopias
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
O AEG conserva o libro: Fomento de la Instrucción Gallega / X. M. Malheiro, coord. (2002), coa edición facsimilar do xornal.
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
Persoas e entidades
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino