Fonds AE-CU-HLal - Hijos del Partido de Lalín

Identity area

Reference code

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-HLal

Title

Hijos del Partido de Lalín

Date(s)

  • 1910-03-20 - (Creation)

Level of description

Fonds

Extent and medium

1 carpeta e PDF con 4 libros de actas e Estatutos
1 carpeta e PDF con 1 acta, 1 libro de rexistro e 1 memoria
PDF con 2 libros de actas, 2 regulamentos, 8 cartas, 3 libros de rexistro, 2 planos, 1 proxecto, 1 certificado, 1 listaxe, 40 fichas de socios, 1 carné, 3 libros de contabilidade, 1 expediente, 8 recibos, 1 memoria e 34 fotografías

Context area

Name of creator

(1910-03-20 ata a actualidade)

Administrative history

Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais da comarca do Deza residentes a instancias dunha entidade similar existente na Arxentina. Foi creada co obxectivo fundamental de construír conxuntamente un Hospital-Asilo en Lalín.
O 20 de marzo de 1910, os lalinenses residentes na Habana, aproban a súa creación baixo o nome de "Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín", con sede no Palacio do Centro Gallego de La Habana. O seu comité organizador estaba formado por Cándido Lamas, Manuel Lorenzo e Maximino López. Outros socios fundacionais foron: polo concello de Silleda, Constantino Terxeido, José Ramos, Manuel Rey e Gerardo Pombo; por Lalín, Francisco Souto, Cándido Lamas, Guillermo González, Rosendo Sanmartín, Antonio Iglesias e Manuel Taboada; por Carbia: Manuel Pedreira, José Fernández, Solitario López e Manuel Quintero; pola Golada: Manuel Pallares, Andrés Iglesias, Casimiro Miguélez e José Barrios; polo concello de Rodeiro: Jesús Diéguez, José Meijome, Gumersindo Fernández; por Dozón: Casiano Lorenzo, Daniel Castro, Eladio Calvo e Gumersindo Gómez. Deles saíu a primeira Xunta Directiva baixo a presidencia de Cándido Lamas.
A finalidade da sociedade foi a procura de protección e axuda entre todos os seus asociados, así como a unión dos connaturais do partido xudicial de Lalín residentes na illa.
No ano 1913 os seus esforzos centráronse na financiación da construción do Hospital-Asilo na vila de Lalín.
A partir de 1923 esta sociedade forma parte do "Comité de Sociedades del Partido de Lalín" que estaba integrado ademáis polas seguintes sociedades:"Club Lalín", "Hijos del Ayuntamiento de Rodeiro", "Hijos del Ayuntamiento de la Golada", "Hijos del Ayuntamiento de Silleda".
Na actualidade organizan actividades culturais como cursos de língua galega e teñen un grupo folclórico de baile galego. No ano 1992 contaban cun total de 286 socios dos que o 80 % son galegos ou descendentes de galegos.
A súa presidenta actual é Josefina de la Caridad López González.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Acta de constitución (1910)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1910-1927)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1927-1956)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1956-1964)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1964-1974)
Libro de rexistro de socios (1910-1965)
Memoria dos anos 1992-1994

Conservada en formato dixital:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1941-1962)
Regulamento (1974)
Regulamento (1993)
17 documentos relativos ao Panteón societario
Documentacion das escolas (1926-1928)
Libro de Actas das reunións da Sección de Propaganda (1949-1951)
Documentación da Subcomisión da sociedade en Bos Aires (1928)
12 cartas
Libro de rexistro de socios (1934-1947): dixitalizado incompleto
Libro de rexistro de socios (1972-1976)
Libro de rexistro de socios (1976-1987)
40 fichas de socios
1 carné
Libro de caixa (1910-1952)
Libro de caixa da Sección de Beneficencia (1960-1965)
1 expediente de gastos de 1961
8 recibos
Memoria do ano 1982
11 recortes de prensa
31 fotografías

Conservada en formato papel (orixinal) e dixital:

Estatutos (1938)

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 30/08/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area