Amosando 6 resultados

Descrición arquivística
Fondos de asociacións culturais
ES. GA 15078 ACCG FC · Agrupación de fondos

Fondo cultural procedente de doazóns e depósitos. Composto por documentación de asociacións e sociedades de interese para a cultura galega.

ES. GA 15078 ACCG AEG · Agrupación de fondos

O Arquivo da Emigración Galega (AEG) foi creado en 1992 como unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), configurándose como centro de documentación, investigación e difusión referencial para persoal investigador e calquera persoa interesada no estudo do fenómeno da emigración galega.

CADRO DE CLASIFICACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS DO AEG:

  1. Documentación das Asociacións de Emigrantes
  2. Documentación de particulares (arquivos persoais e familiares)
  3. Documentación de organismos oficiais
  4. Coleccións

Neste repositorio están accesibles as descricións arquivísticas de toda a colección "Documentación das Asociacións de Emigrantes", e moitas delas xa dispoñen do documento asociado en formato dixital.
Co obxectivo de faciliar o acceso en liña a toda esta documentación, seguimos completando os rexistros periodicamente enriquecéndoos co seu obxecto dixital asociado.

Consello da Cultura Galega
ES. GA 15078 ACCG ASG · Agrupación de fondos

O Arquivo Sonoro de Galicia desenvólvese como proxecto de traballo dentro do Consello da Cultura Galega, dun xeito continuado dende 1995, aínda que os seus primeiros traballos comezan en 1992. Dende este momento, asume a responsabilidade de preservar un patrimonio cultural sonoro galego que abrangue numerosos eidos do coñecemento, tanto en ámbitos públicos coma privados, xa sexa en gravacións inéditas ou editadas.

Os fondos do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega proceden da xenerosidade de particulares, institucións públicas e privadas, discográficas, editoriais e músicos que entenden o noso proxecto como a iniciativa máis salientable para a recuperación, conservación e difusión do patrimonio sonoro galego. Estas achegas procedentes de diferentes eidos permítennos unha constante ampliación e complementariedade dos nosos fondos documentais.

Consello da Cultura Galega
ES. GA 15078 ACCG CDIF · Agrupación de fondos · ? - 2019-01-18

A creación do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), aprobada polo Pleno do Consello da Cultura Galega o 25 de xullo 2019, é o resultado de liñas de reflexión, proxectos e prácticas desenvolvidas na institución en materia de igualdade, feminismos, mulleres, sexos, xéneros e sexualidades en diferentes áreas de investigación e acción social: ciencia, filosofía, socioloxía, antropoloxía, política, cultura, dereito, historia, educación, traballo, economía, arte, música, antropoloxía, literatura, lexislación, psicoloxía, saúde, centros da memoria, ….
A máis de promover espazos de coñecemento e reflexión, e grupos de traballo específicos para o estudo e a elaboración de informes e actividades, o CDIF, desenvolve liñas de acción centradas no patrimonio documental e destinadas á recuperación e posta a disposición pública de materiais de arquivo, bibliografía, recursos hemerográficos, webgráficos ou audiovisuais.

Unha das finalidades do CDIF, consiste na recuperación da documentación arquivística e documental producida grupos e colectivos feministas e/ou de lesbianas, bisexuais, transexuais, intersexuais, queer, …, con actividade en Galicia. Trátase de contribuír á desaparición, deterioro ou extravío deste valioso patrimonio documental imprescindible para entender e explicar o pasado e os tempos máis actuais.

Na incorporación de fondos, o proxecto "Memoria en movemento" emprega formulas de doazón e cesión temporal para a dixitalización, sempre abertas ás persoas e entidades que decidan participar no proxecto.

Memoria en movemento presta atención ás redes de relación das organizacións obxecto de interese, e abrangue dous fondos especiais interconectados entre sí:

  • MFOG: consiste na reunificación parcial de materiais producidos por grupos e colectivos de mulleres e/ou feministas con actividade en Galicia, organizados de xeito independente ou con espazo propio dentro de entidades maiores
  • LGTBIQ+: consiste na reunificación parcial de materiais producidos por grupos e colectivos de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais ou queer con actividade en Galicia, organizados de xeito independente ou con espazo propio dentro de entidades maiores.
Consello da Cultura Galega
ES. GA 15078 ACCG CDSG · Agrupación de fondos

O principal obxectivo do CDSG é participar, como axente activo, no proceso de normalización do idioma galego, propiciando o intercambio e difusión dos materiais xerados neste proceso e creando foros de debate e reflexión arredor da planificación lingüística en Galicia.
Como Arquivo de Planificación Lingüística, compilamos a documentación relacionada coa planificación tanto do galego como doutras linguas minorizadas con situacións sociolingüísticas semellantes á nosa. Como Centro de Documentación Sociolingüística, xestionamos a documentación e información que xera a planificación lingüística para que volva reverter nos diferentes axentes sociais implicados no proceso.

Consello da Cultura Galega
Fondos persoais e coleccións
ES. GA 15078 ACCG FP · Agrupación de fondos

Fondo cultural procedente de doazóns e depósitos. Composto por fondos persoais e familiares, e coleccións de interese para a cultura galega.