O Arquivo da Emigración Galega (AEG) foi creado en 1992 como unha iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), configurándose como centro de documentación, investigación e difusión referencial para persoal investigador e calquera persoa interesada no estudo do fenómeno da emigración galega.
CADRO DE CLASIFICACIÓN DOS FONDOS DOCUMENTAIS DO AEG:
- Documentación das Asociacións de Emigrantes
- Documentación de particulares (arquivos persoais e familiares)
- Documentación de organismos oficiais
- Coleccións
Localización:
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15702 Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.gal
Tel.:+34 881 995 143 / +34 881 995 148
Páxina web: http://consellodacultura.gal/aeg/