Libro coas actas das reunións das Xuntas Directivas de "Lar Gallego", conservados en formato dixital: actas 258 a 419 dende o 08/07/1953 ata o 09/01/1957.
Na páxina 300: dilixencia de peche do libro asinada polo secretario, na que indica que a acta nº 419 da reunión celebrada o 9-1-1957 continúa no seguinte libro de actas (nº4).
Carné de socio de Ramiro Vidal Carrera, fundador e socio número 1 de "Juventud de Galicia". Con fotografía.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaEstes primeiros estatutos sociais foron aprobados o 17 de maio de 1910. Ao longo da súa historia a sociedade foi reformando os seus estatutos.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 31 actas dende o 03/11/1907 ata o 15/01/1912.
Unión Barcalesa1 listado de socios (co nome e apelidos) no que consta o pago das cotas sociais, con data de 20 de febreiro de 1912 (5 páxinas)
Círculo Habanero de La Devesa (A Habana)Listaxe de socios da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital e impreso:
- Listaxe de socios do "Círculo Habanero" de 12 de xullo de 1912 (7 páxinas)
Regulamento da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital e impreso:
- Regulamento da Sección de Propaganda aprobado en Xunta o 16/06/1912 (3 páxinas)
Acta de constitución da entidade Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" do día 01/04/1913 (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Correspondencia entre o Delegado da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" en Tampa e a Secretaría da sociedade na Habana, conservada en formato dixital e impreso:
- Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (29/02/1912)
- Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo (08/03/1912)
- Carta enviada desde Tampa por Justo López a José A. Acevedo e Isidro Martínez (14/04/1912)
- Carta enviada desde A Habana para o Delegado da sociedade en Tampa (29/01/1928)
Listado de contribuíntes á subscrición "Pro-embellecimiento del campo de San Pedro de Lanzós" auspiciada pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" (2 páxina mecanografadas) (ca. 1914)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Libros de Actas da sociedade "Centro Vivariense", conservados en formato microfilme e dixital:
Das reunións da Comisión Directiva:
- 1908-1915 (286 páxinas)
- 1921-1926 (446 páxinas)
Das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios:
- 1929-1943 (535 páxinas)
Regulamento da sociedade "El Valle de Oro":
Conservado en formato dixital e impreso:
- Copia mecanografada do Regulamento social presentada ante o goberno provincial de A Habana (ratificada co seu selo e a sinatura do presidente e secretario da asociación) o 29 de decembro de 1916 (6 páxinas)
Correspondencia recibida pola "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro", conservada en formato microfilme e dixital.
Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de DodroMemoria social da sociedade "El Valle de Oro", con fotografías das Xuntas Directivas, conservadas en formato dixital e impreso:
- Memoria correspondente ao período de 1916-1917 (34 páxinas)
1 listado de socios (co nome e apelidos) con dereito a voto:
- Relación de socios que teñen dereito electoral tal como consta no libro de rexistro de socios a 31 de decembro de 1920 (5 páxinas)
Libro de Actas das reunións do Comité «Pro Iglesia de Ferreira» da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro creado para recoller as actas das reunións deste Comité. Consta da acta da reunión previa á constitución do Comité, a acta de creación do Comité e un listado cos doantes e as súas achegas para enviar a O Valadouro co fin de rematar a igrexa da parroquia de Ferreira. Comeza na reunión do 19 de decembro de 1920 e remata o 25 de decembro dese mesmo ano (7 páxinas)
Regulamento da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso, aprobado o 13/08/1921 (11 páxinas).
Agrupación artística gallegaLibro de contabilidade da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital. Balances de tesourería dende o 01/11/1919 ata o 31/10/1923 (41 follas)
Agrupación artística gallegaLibro de rexistro de socios da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital:
- Libro coas inscricións dos socios residentes en Tampa de 07-08/1924 (3 páxinas)
Cartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante os anos 1921-1924 conservada en formato microfilme e dixital.
Unión progresista del distrito de Salvatierra de MiñoLibro de Actas das reunións da Sección de Propaganda da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso. Actas do de 6 de agosto de 1922 (acta nº 1) ata o 17 de marzo de 1924 (acta nº 21).
Agrupación artística gallegaCartas manusctritas e mecanografadas recibidas pola sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" durante o ano 1925 conservada en formato microfilme e dixital.
Unión progresista del distrito de Salvatierra de MiñoPublicación editada con motivo da celebración do XVIII aniversario fundacional da entidade. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa ou a fotografía dedicada do Rei Alfonso XIII. Aparece tamén unha pequena historia da sociedade e algúns poemas dos pais da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal etc.
Libro de caixa de funcións teatrais de 1923 ata 1926 (incompleto). Nas últimas páxinas aparece o nome e enderezo dos asociados.
Contén: balance e liquidación da Función Teatral celebrada no Teatro Imperio o día 06/10/1923
Libro de actas das reunións da sección de Propaganda da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 54 actas dende o 01/09/1914 ata o 13/03/1926 (106 páxinas)
Libros de Actas da sociedade "Centro Vivariense", conservados en formato dixital:
Das reunións da Comisión Directiva:
- 1921-1926 (446 páxinas)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Agrupación artística gallega", conservados en formato dixital e impreso. Contén 146 actas dende o 31/10/1922 ata o 09/09/1926 (290 páxinas)
Agrupación artística gallegaLibro de Contaduría de 1926 da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital.
Agrupación artística gallega1 listado dos asociados a 25 de maio de 1927 asinado polo secretario da entidade, Antonio Castro:
- 1 relación dos asociados da entidade emitida pola secretaría da entidade a efectos de contabilidade (1 documento mecanografado con dúas páxinas e asinado)
Inventario do mobiliario e material existente no edificio "Progreso de Lanzós" en Vilalba:
- Relación dos enseres e materiais existentes no edificio mandado construír pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" na parroquia de Lanzós (Vilalba). Neste documento consta a valoración económica de todos os materiais e da edificación (27 de maio de 1927) (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente e secretario da delegación da entidade habaneira en Lanzós)
Publicación editada con motivo da celebración do XIX aniversario fundacional da entidade celebrado o 10 de novembro de 1927. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa, F. Somoza e fotografías dedicadas dos reis de España e do presidente do goberno, Miguel Primo de Rivera. Consta de noticias sobre as actividades da colectividade galega en Lisboa e da entidade. Hai artigos sobre Galicia e sobre a súa literatura, ademais da reprodución de poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Varela Noriega etc.
Memoria e balance do exercicio correspondente aos anos 1925-1927 da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño", conservada en formato microfilme e dixital.
Unión progresista del distrito de Salvatierra de MiñoRegulamento do Panteón da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" situado no Cemitero de Colón en A Habana, conservado en formato dixital no que consta os dereitos dos asociados para o seu uso. Regulamento aprobado pola Xunta Directiva en setembro de 1927 e que se mandou a todos os socios da entidade (1 páxina).
Tamén se publica a carta enviada co regulamento a todos os socios (1 páxina)
Regulamento da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservado en formato dixital e impreso:
- Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 21/11/1927 (24 páxinas)
Memoria social correspondente ao ano 1927:
- Texto mecanografado onde se detallan as actividades organizadas pola entidade ao longo do ano 1927. Feita o 29 de xuño de 1928 para presentala ante a Xunta xeral de Socios para a súa aprobación e asinada polo presidente da sociedade, Ángel Rodríguez e o secretario, Lorenzo Bermúdez.
Memoria social correspondente ao ano 1928:
- Informe mecanografado onde se detallan as actividades organizadas pola entidade ao longo do ano 1928. Feito o 22 de xaneiro de 1929 para presentala ante a Xunta xeral de Socios para a súa aprobación.
1 certificado emitido polo secretario da entidade, Antonio Tenreiro Piñeiro acreditando a condición dun asociado para poder servirse do Panteón da entidade:
- 1 copia do documento mecanografado sin asinar (1 páxina)
Certificado onde consta que o presidente do Consello de Instrución de Lanzós ten os poderes para xestionar todos os proxectos da entidade habaneira na súa parroquia natal:
- 1 Certificado do presidente de "Progreso de Lanzós", Antonio Tenreiro Piñeiro que concede poder xeral ao presidente do Consello de Instrución de Lanzós, Crisanto García para alugar a planta baixa do edificio da casa-escola de Lanzós da súa propiedade (15 de xullo de 1929) (1 páxina mecanografada)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929
Unión Barcalesa1 Informe co balance de gastos do Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:
- 1 Informe cos gastos do Consello de Instrucción de Lanzós no funcionamento da escola da entidade habaneira (7 de setembro de 1929) (1 páxina manuscrita) (asinado polo presidente, Graciano Otero; o tesoureiro, Daniel Boizán e o secretario, Enrique Ramil)
Libro que contén 98 actas de reunión da Xunta Directiva. Conservadas en papel e dixital.
Unión BarcalesaInventario do mobiliario e materiais existentes no edificio "Progreso de Lanzós" en Vilalba:
- Relación dos enseres e material educativo que se conservan na casa-escola "Progreso de Lanzós" construída pola sociedade habaneira do mesmo nome na parroquia de Lanzós (Vilalba). Neste documento consta a valoración económica de todo (17 de novembro de 1929). Redactouse con motivo do cambio de dirixentes no Consello de instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente saínte, Graciano Otero e o secretario, Crisanto García da delegación da entidade habaneira en Lanzós)
Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:
- Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós (24 de novembro de 1929) (1 páxina mecanografada)
Memoria social da sociedade "El Valle de Oro", con fotografías das Xuntas Directivas, conservadas en formato dixital e impreso:
- Memoria correspondente as actividades realizadas pola entidade no ano 1928 (76 páxinas)
Acta da constitución do chamado Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para realizar os proxectos educativos da entidade na súa parroquia natal:
- 1 documento no que se transcribe a Acta de constitución do Consello de Instrución de Lanzós para o ano 1930, aprobado en xunta xeral de socios do 13 de xaneiro de 1930. Aparecen todos os integrantes, con nome e apelidos e os cargos para os que son elixidos. Na segunda páxina aparece a destitución oficial do consello, aprobada en xunta xeral o 28 de outubro dese ano. (2 páxinas mecanografadas)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 52 actas, que contén as reunións celebradas en asemblea xeral de socios dende o 21 de xaneiro de 1923 ata o 26 de marzo de 1930 (149 páxinas)
Invitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "Galicia y sus problemas" impartida por Ramón Salgado. Ademais falarán do mesmo tema Enrique Peinador, Amado Garra, Antonio Prieto Ribas e Ramiro Vidal Carrera. A conferencia terá lugar o 8 de xuño de 1930 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCarta de veciños de diversos barrios da parroquia de Lanzós (Vilalba) solicitando axuda económica á sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para construír unha casa-escola:
- 1 acta da reunión dos veciños de varios barrios da parroquia de San Martiño de Lanzós enviada á sociedade "Progreso de Lanzós" para solicitar axuda económica para a construción dunha casa-escola no lugar de Montecelo. Adxuntan planos do proxecto escolar (28 de xullo de 1930) (5 páxinas mecanografadas)
Contrato laboral dun mestre para a escola de Lanzós en Vilalba creada e sostida pola entidade habaneira "Progreso de Lanzós":
- 1 copia do contrato feito polo Consejo de Instrucción de Lanzós, delegación da entidade habaneira, co mestre Gervasio Pernas Anido, como profesor de primeiro ensino durante o curso escolar de 1930-31 (4 de setembro de 1930) (1 páxina mecanografada)
Estatutos da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (7 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño7 cartas da correspondencia mantida entre a sociedade habaneira e a delegación da entidade en Lanzós así como cos veciños da parroquia sobre o alugueiro da primeira planta do edificio social construído en Lanzós polos emigrantes desta parroquia residentes na illa de Cuba (22 páxinas):
- 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia explicando os motivos da súa decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola (19 de xaneiro de 1928) (2 páxinas mecanografadas e asinadas polo presidente, Antonio Tenreiro Piñeiro)
- 1 Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia ratificando a decisión de alugar a planta baixa do edificio da sua propiedade ao concello de Vilalba por 5 anos para o seu uso como escola. Decisión aprobada en xunta xeral de socios. (3 de febreiro de 1928) (1 páxina mecanografada e asinada polo secretario da sociedade, Antonio Castro)
- 1 Acta do Consejo de Instrucción de Lanzós, enviada á entidade da Habana do 19 de agosto de 1928, no que fan constar a súa postura contraria a alugar o edificio (1 páxina mecanografada e asinada por Cosme Sacido como presidente e o secretario, Enrique Ramil).
- 1 Carta enviada polo Sindicato "Juventud Agraria de Lanzós" á sociedade habaneira. Trata sobre a reunión que fixeron no seu edificio os veciños das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós para tratar o tema da «Escuela Nacional» que o concello quere instalar no edificio social de "Progreso de Lanzós", feito do que son contrarios (14 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas e asinadas por Crisanto Ramudo como presidente e José Carballeira, secretario).
- 1 Carta enviada dende Lanzós á sociedade "Progreso de Lanzós" de A Habana por un grupo de veciños para amosar a súa oposición a instalar no edificio "Progreso de Lanzós" dúas escolas «regidas por el Estado» e solicitan que non aluguen o edificio a tal fin. A carta leva a sinatura de moitos dos veciños da parroquia de Lanzós. (20 de setembro de 1930) (2 páxinas mecanografadas e con sinaturas autógrafas).
- Carta enviada dende A Habana polo presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" á súa delegación en Galicia na que transcriben a carta enviada polo alcalde de Vilalba solicitando o alugueiro do edificio social (20 de marzo de 1930) (2 páxinas mecanografadas)
- 1 Carta enviada dende A Habana da sociedade "Progreso de Lanzós" aos veciños de Lanzós, titulada MANIFESTO explicando os motivos da súa decisión (2 de novembro de 1930) (3 páxinas mecanografadas)
Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:
- 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 12 de decembro de 1930) (6 páxinas mecanografadas)
18 copias das actas de reunións do Consello de Instrución de Lanzós, que actuaba como delegación da sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para manter informada a sociedade matriz sobre as súas actividades a prol do ensino na súa parroquia natal (dixital) (28 páxinas):
- Acta do 13 de marzo de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e con nota manuscrita)
- Acta do 20 de abril de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 1 de maio de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 11 de maio de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo seu presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 12 de xuño de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil). Esta acta foi enviada xunto cunha carta do presidente explicando o devir dos proxectos da entidade habaneira (carta de 2 páxinas, mecanografada).
- Acta do 10 de setembro de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 18 de setembro de 1927 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina mecanografada e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Acta do 18 de marzo de 1928 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas mecanografadas e asinada polo presidente, Cosme Sacido e o secretario, Enrique Ramil)
- Copia da acta do 15 de decembro de 1929 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 16 de febreiro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 20 de marzo de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 11 de maio de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (3 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 24 de agosto de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 3 de setembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (2 páxinas manuscritas e asinada polo secretario, Eduardo Cillero)
- Acta do 14 de setembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da Acta do 3 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (4 páxinas manuscritas e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 14 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
- Copia da acta do 14 de decembro de 1930 do Consejo de Instrucción de Lanzós (1 páxina manuscrita e asinada polo presidente, Graciano Otero e o secretario, Eduardo Cillero)
1 informe da contabilidade da delegación da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" en Galicia, conservados en formato dixital, asinado polo tesoureiro José Carballeira (3 follas manuscritas)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Libro de Actas das reunións da sección de Propaganda y Recreo da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro que reúne 60 actas das reunións da Sección de Propagana do 18 de marzo de 1924 ata o 14 de xaneiro de 1931 (100 páxinas)
Poder notarial feito pola sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" para o Consello de Instrución de Lanzós, como delegados da entidade en Galicia:
- 1 copia do documento notarial que concede poder legal á delegación de "Progreso de Lanzós" en Vilalba para actuar no nome da entidade habaneira (A Habana, 22 de febreiro de 1932) (5 páxinas mecanografadas)
Recibí asinado polo mestre da escola de Lanzós, Gervasio Pernas Anido, polo pagamento do seu soldo a cargo pola sociedade habaneira (1 páxina mecanografada e asinada) (1930)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Presuposto para realizar os traballos de arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós":
- Presuposto do construtor Antonio Peranas para realizar tarefas de mantemento do edificio da casa-escola de Lanzós (pintura, arranxo do tellado, cristais e corda do reloxio) (22 de maio de 1932) (1 páxina manuscrita e asinada)
Libros de rexistro de socios dos anos 1931-1932 conservado en formato microfilme e dixital.
Hijos del ayuntamiento de BoiroContrato de arrendamento para a instalación da secretaría da sociedade "Calo y Viduido" no Centro Gallego da Habana, conservado en formato dixital.
Calo y Viduido. Sociedad de instrucción, recreo y socorros mutuos1 informe da contabilidade da delegación da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós" en Galicia correspondente ao ano 1932 e primeiro trimestre do 1933, conservado en formato dixital, asinado polo apoderado César Rodríguez e o tesoureiro José Carballeira (3 follas manuscritas. É copia do orixinal)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Agrupación artística gallega", conservados en formato dixital e impreso (algunhas páxinas teñen mal estado de conservación). Contén 59 actas dende o 05/01/1932 ata o 03/01/1934 (199 páxinas)
Agrupación artística gallegaContrato de arrendamento do local para a escola de Lanzós en Vilalba:
- 1 copia do documento notarial co contrato entre o delegado de Progreso de Lanzós en Vilalba, César Rodríguez Díaz, crego da parroquia e o alcalde de Vilalba, para o alugueiro da primeira planta do edificio que a entidade habaneira ten na súa parroquia natal e que terá uso escolar (15 de febreiro de 1933) (3 páxinas mecanografadas)
Libro de contabilidade da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital:
- Libro de caixa-tesourería número 1, que abrangue dende o 1 de xuño de 1913 ata o 3 de maio de 1932 (27 follas)
Libros de actas das reunións da Subcomisión de Festas do 8 de outubro de 1932 ata o 19 de agosto de 1933, en formato microfilme
Hijos del ayuntamiento de Boiro1 Pdf con 3 certificados que acreditan a Antonio Tenreiro Piñeiro, elixido presidente da xunta directiva de "Progreso de Lanzós" o 30 de xullo de 1931. Os certificados teñen data de 1932 e 1933 e están asinados polo secretario da entidade, Lorenzo Alvariño Cendán (5 páxinas)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"1 recibo do pago do arrendamento dunha habitación nunha casa na rúa Tamarindo, 19 na Habana, propiedade da entidade habaneira
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"Regulamento da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital e orixinal:
- Regulamento social aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 3 de maio de 1934 (20 páxinas)
1 PDF con 14 informes emitidos pola Directiva da entidade informando das diversas actividades societarias ao longo de varios anos varios periodos (1926-1934) (52 páxinas dixitalizadas):
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao ano social de 1926-1927 (12 páxinas mecanografadas, asinado polo secretario Marcelino Martínez) (24 de maio de 1927)
- Informe dos traballos realizados pola Xunta Directiva no 1º cuatrimestre do ano social 1927-1928 (2 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario da entidade, Marcelino Martínez) (27 de setembro de 1927)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 2º cuatrimestre do ano social de 1927-1928 (4 páxinas mecanografadas, asinado polo secretario Marcelino Martínez) (31 de xaneiro de 1928)
- Informe dos traballos realizados pola Xunta Directiva no 3º cuatrimestre do ano social 1927-1928 (2 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario da entidade, Marcelino Martínez) ( 31 de maio de 1928)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 1º cuatrimestre do ano social de 1929-1930 (2 páxinas mecanografadas, sen asinar)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 2º trimestre do ano social de 1929-1930 (2 páxinas mecanografadas, sen asinar)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 1º cuatrimestre do ano 1930 (2 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 1º cuatrimestre do ano social de 1930-1931 (3 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente aos 2º e 3º cuatrimestre do ano social de 1930-1931 (6 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 1º cuatrimestre do ano social de 1931-1932 (2 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 2º cuatrimestre do ano social de 1931-1932 (2 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 1º cuatrimestre do ano social de 1933-1934 (2 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 2º cuatrimestre do ano social de 1933-1934 (3 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
- Informe xeral de Secretaría correspondente ao 3º e 4º cuatrimestres do ano social de 1933-1934 (8 páxinas mecanografadas, asinadas polo secretario Lorenzo Alvariño)
Libro de rexistro de socios da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital.
Agrupación artística gallega1 Folio coa candidatura oficial para elixir a nova Xunta Directiva durante o bienio 1936-37 (1 páxina)
Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós"PDF coa correspondencia mantida entre a sociedade habaneira "Progreso de Lanzós" e os veciños da parroquia sobre a construción da estrada de Ramil (5 cartas):
- Carta dun grupo de veciños dos lugares de Aponte, Ramil, Escairo, Escairo do Monte, Caldas, Rego e Rivado solicitando axuda económica á entidade habaneira para a construción da estrada de Ramil (1 páxina mecanografada, asinada polos veciños) (25 de agosto de 1931)
- Carta de agradecemento polo envío de 2500 pesetas para o proxecto da estrada de Ramil (1 páxina mecanografa e asinada) (29 de decembro de 1931)
- Carta informando dos adiantos da construción da estrada e agradecendo de novo o envío de cartos para tal fin (1 páxina mecanografada e asinada) (18 de xuño de 1932)
- Carta da comisión "Pro-carretera de Ramil" agradecendo un novo envío de cartos da sociedade habaneira (2500 pesetas) (1 páxina mecanografada e asinada) (7 de decembro de 1932)
- Carta da comisión "Pro-carretera de Ramil" agradecendo un novo envío de cartos (2000 pesetas) da sociedade habaneira (1 páxina manuscrita e asinada) (3 de xullo de 1936)
Libro de contabilidade onde recollen mensualmente os "Debe" e "Haber" da entidade.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de actas das reunións das Xuntas Directivas da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 290 actas dende o 01/05/1913 ata o 29/10/1937 (500 páxinas)
93 cartas recibidas pola sociedade "Progreso de Lanzós":
- PDF de 160 páxinas que recolle parte das cartas recibidas pola sociedade habaneira de 1923 ata 1937 e que se conservan no arquivo da entidade. Son cartas mecanografadas ou manuscritas que tratan temas da xestión da delegación da entidade en Lanzós, do mantemento e creación do edificio da casa-escola en Lanzós. Tamén hai cartas enviadas por outras sociedades de emigrantes galegos ou de institución da Habana como a Embaixada de España en Cuba. Así mesmo hai misivas de diversos negocios da Habana ofertando servizos á entidade.
PDF con varios informes de caixa da Sociedad de Instrucción y Protección "Progreso de Lanzós", conservados en formato dixital e impreso:
- 8 Balances dos movementos de tesourería (1927-1934)
- 2 informes anuais de tesourería (1927-1928)
- 6 Informes de contaduría (1927-1937)
- 1 inventario de propiedades da entidade habaneira (1934)
- 1 informe cos cobros polo aluguer de varias propiedades (1936)
- 2 cheques bancarios de envíos de cartos a Lanzós
Correspondencia da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservada en formato dixital e impreso, mantida con diversas asociacións e cos seus asociados, ademais dos seus conveciños en Galicia:
- Sindicato "Juventud Agraria" de San Salvador e San Martín de Lanzós
- "Unión de San Simón y Samarugo"
- Club O Acebo de Cangas de Tineo
- Embaixada de España en Cuba
- Cruz Vermella Española en Cuba
- "Comité de Auxilio Pro Repatriación de Emigrantes Españoles"
- "Instituto de Estudios Gallegos"
- Casino de Vilalba, Sociedade Recreativa
- Comité Federativo das Sociedades de Instrucción, Beneficencia e Recreo do Partido Xudicial de Vilalba
- "Unión Villalbesa y su Comarca"
- "Asociación de Propietarios, Industriales y Vecinos de Medina y Príncipe"
- Unión Barcalesa
- "Juventud Sporting Club" de Lanzós
- "Club Gijonés de La Habana"
- "Hijos de Goiriz"
- "Hijos de Galicia" de Cárdenas
- "Asociación Nacional de Enfermeras y Alumnas de la República de Cuba"
- "Liga Santaballesa"
- "La Aurora de las Somozas"
- "Comisión Central Pro-Monumento a Marti"
- "Club Luarqués da Habana"
Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de VillalbaLibro de actas do 21 de setembro de 1933 (Reunión da Asemblea de fundación da entidade) ata o 3 de febreiro de 1939.
Asociación Casa de Galicia de Buenos AiresLibro de Actas das reunións da Sección de Beneficencia da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 75 actas das reunións desta sección do 26 de marzo de 1924 ata o 24 de abril de 1939 (93 páxinas)
Libro no que aparecen os nomes de todos os socios que asistiron as diversas reunións das Asembleas Xerais do 4 de marzo de 1920 ata o 14 de novembro de 1940.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 163 actas dende o 19/09/1929 ata o 14/02/1941, conservadas en papel (fotocopias) e dixital.
Unión BarcalesaInforme de actividades societarias presentados nas asembleas xerais de socios, presentado o 03-08-1941
Informe de actividades societarias presentados nas asembleas xerais de socios, presentado o 19-04-1942
Documentación relativa á organización dun festival societario con data de 30 de maio de 1942
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "El Valle de Oro", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 123 actas das reunións celebradas dende o 23 de marzo de 1932 ata o 24 de xuño de 1942 (200 páxinas)
Libro de contabilidade onde recollen mensualmente os "Debe" e "Haber" da entidade.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibros de Actas da sociedade "Centro Vivariense", conservados en formato dixital:
Das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios:
- 1929-1943 (535 páxinas)
Regulamento da sociedade "El Valle de Oro":
Conservado en formato orixinal e dixital:
- Regulamento social reformado, aprobado en Asemblea xeral de socios o 20 de xullo de 1945 (60 páxinas)
Correspondencia enviada dende Hijos del Ayuntamiento de Boiro a diversos particulares e asociacións: Centro Gallego de Buenos Aires, Banco Español del Río de la Plata, Servicio de Lunch Los 4 amigos, Federación de Sociedades Galegas de la República Argentina, Audición Hispano-Argentina y Centro Musical (Celta), Recreo "El Globo", Jesús Seijo, Cooperativa Alborada, etc.
Hijos del ayuntamiento de BoiroDocumento notarial de doazón das escolas fundadas e financiadas pola sociedade "El Valle de Oro" aos concellos de Alfoz e O Valadouro, conservado en formato dixital e impreso (14 de decembro de 1946). Documento acreditado polo Secretario do concello de Alfoz en 1991.
El Valle de Oro. Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección MutuaLibro coas sinaturas dos asistentes ás reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de socios
Hijos del ayuntamiento de Boiro