Unidade documental composta 01 - Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-AR-HPLa-02-02-01-01

Título

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Data(s)

  • 1908-1933 (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental composta

Extensión e medio

2 sobres con 8 microfichas

Área de contexto

Nome do/a creador/a

(1908-08-07 ata 1982-07-25, data na que se fusiona con outras entidades de emigrantes do Deza, formando o Centro Lalín)

Historia administrativa

A orixe desta sociedade está no ano 1904, data na que os naturais do partido xudicial de Lalín, residentes en Arxentina, se uniron para construír un cemiterio na súa localidade natal; este cemiterio foi entregado máis tarde ao concello, xa que era o único que existía na zona con características modernas.
Desta agrupación de veciños é froito a sociedade "Hijos del Partido de Lalín", que naceu oficialmente o 7 de agosto de 1908, coa pretensión de cubrir outras necesidades que había no pobo. Para facer máis extensiva a súa actuación, a sociedade creou varias subcomisións no pobo de Avellaneda, en Villa Urquiza, e noutros países como Uruguai e Cuba, onde tamén existía unha ampla colonia de lalinenses e así unir esforzos.
A construción dun hospital-casa-asilo na vila de Lalín foi un proxecto moi ambicioso que rematou en fracaso pola escasa axuda que atoparon no propio Lalín. Dous anos máis tarde, reconverteron o edificio, construído pola sociedade, nunha escola e granxa agrícola experimental.

O 25 de xullo de 1982, e despois dunha vida societaria do máis intensa, vinculada aos problemas tanto da súa terra natal (entre outros, financia a construción dun monumento adicado á memoria do aviador Joaquín Loriga e tamén ao científico Ramón Aller; entrega de doazóns ás viúvas e aos seus fillos durante a guerra civil, etc.) como dos seus compatriotas emigrantes con menos posibles, deciden fusionarse coas sociedades de "Hijos de Silleda" (1908), "Unión del Partido de Lalín" (1921) e "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos" (1930). Créase unha unha nova sociedade denominada "Centro Lalín de Buenos Aires" para aglutinar a todos os emigrantes da comarca do Deza e poder así sobrevivir ante as dificultades que se presentan na actualidade como a idade avanzada dos socios e a grave crise económica que se está a vivir na Arxentina.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Libros de actas das reunións da Asemblea Xeral de Socios da sociedade "Hijos del partido de Lalín en Buenos Aires".

Conservados en microficha os anos 1908-1912, 1914, 1916, 1918-1919, 1922, 1924-1933:

-1908: 22 de novembro
-1909: 25 de xullo; 21 de novembro
-1910: 12 de xuño; 27 de novembro
-1911: 26 de novembro
-1912: 7 de xullo; 1 de decembro
-1914: 15 de febreiro; 22 de novembro
-1916: 30 de xaneiro; 26 de novembro
-1918: 24 de febreiro; 15 de decembro
-1919: 30 de novembro; 26 de decembro
-1922: 27 de novembro; 6 de decembro
-1924: 6 de marzo; 18 de decembro
-1925: 12 de abril
-1926: 20 de xaneiro
-1927: 20 de abril
-1928: 31 de xaneiro
-1929: 6 de marzo; 28 de maio
-1930: 24 de marzo
-1931: 28 de abril
-1932: 10 de maio; 12 de xullo
-1933: 12 de abril (Estatutos da sociedade)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

O material que está en formato microficha non se pode reproducir por cuestións técnicas. O resto da documentación permítese reproducir.

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e escritura

Características físicas e requerimentos técnicos

Os documentos en microficha precisan dun lector, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso xénero/forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso