Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1907-10-07 (Creación)
Nivel de descrición
Volume e soporte
1 carpeta coa acta de constitución, 1 libro de actas, 1 regulamento, 10 documentos e 5 memorias
1 carpeta con 1 borrador, 7 regulamentos, 7 circulares, 8 listaxes, 5 modelos
1 carpeta con correspondencia, documentación relativa ao Panteón social e documentación relativa á Escolas
1 carpeta con facturas
1 memoria
PDF coa acta de constitución, 4 libros de actas, 1 borrador, 2 regulamentos, 1 inventario, 1 contrato, 5 memorias, 2 libros de rexistro, 1 libro de contabilidade e 51 fotografías dixitalizadas
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá (Lugo) que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín.
Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Arias, Juan Iglesias, Benigno Paz, Francisco Fernández, Crisanto Leal, Lucas Tenreiro, Aniceto González, Clemente Teniente, Ramón Ladra, Francisco Naveiro, Cosme Sacido, Antonio Paz, Agustín López, P. Vicente Vázquez, Manuel Villares, Jesús Castro, Eduardo Bello, Ramón Hermida, Manuel Seijido, Pedro Castro, Jesús Naseiro, Rosendo Iglesias, Andrés Pena, Francisco Otero, Pedro Castelo, Manuel Eumil, Santiago Prieto, José Hermida, Jesús Leal, Jesús Ledo, Ramón Gato, Ramón Carballido, Angel Yáñez, José Soto, Agustín González, Alejo López, Antonio Bello, Domingo Airado, Manuel González, José Castro, Antonio Pardo, Andrés Varela, Aquilino Soto, José María Balsa, Ramón Arias, José María Fernández, Vicente Iglesias, Manuel Bello, Manuel Naveiro, Andrés Sacido, Lorenzo Naveiro, Federico Ladra, Gabriel Ladra, Ramón Eumil, José Paz e Fermín F. Barro.
Foi creada coa finalidade de construír un colexio onde recibirían ensinanza os naturais das parroquias de Santaballa, Mourence, Vilalba, Lanzós, Lousada, Vilapedre, Burgás, Codesido, Gondaísque, Tardade e Distriz, que pertencían en 1907 aos concellos de Vilalba e Xermade.
No ano 1912 aproban en asemblea o inicio das obras de construción dun edificio que funcionaría como escola en Santaballa para todos os nenos e nenas da parroquia. En 1914 envían, a través de Agustín López, presidente da sociedade Unión Villalbesa, de viaxe por Galicia, a cantidade de 5500 pesetas para iniciar os traballos de construción do edificio; nesta tarefa participaron activamente moitos dos veciños.
Para axilizar as obras organizan unha comisión en Santaballa encargada de vixiar os traballos e o funcionamento das escolas; esta comisión estaba formada por Benito Prieto e Domingo Pérez e acabou convertida nunha delegación da Sociedade co mesmo nome e que aínda existe na actualidade.
En 1915, no lugar de Barreiro, inauguran outro edificio escolar, no que os veciños axudaron coa doazón das vigas e co carrexo da pedra necesaria.
Os edificios da súa propiedade foron sostidos economicamente dende a Habana ata a chegada da República, cando pasan a titularidade municipal.
No ano 1953 a Liga Santaballesa cambia os seus estatutos e pasa a ser unha sociedade de beneficencia e protección mutua, fins que segue a ter na actualidade.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato dixital:
Acta de constitución (1907): Certificado mecanografado asinado polo secretario da entidade
Facsimilar da Acta de constitución publicado polo Padroado da Liga Santaballesa con motivo da celebración do centenario da entidade habaneira (2007)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1917-1937)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1939-1947)
Libro de Actas das eleccións e tomas de posesión das Xuntas Directivas (1938-1971)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios (1917-1938)
Libro de Actas da Sección de Propaganda (1930)
Regulamento (1907)
Bases e Regulamento xeral (1907)
Regulamento (1917) (borrador mecanografado)
Estatutos Xerais e Regulamentos interiores (1917)
Regulamento da Xunta Administrativa (delegación de Santaballa) (1917)
Regulamento do funcionamento interno do Colexio Liga Santaballesa (1917) (formato manuscrito e mecanografado)
Estatutos Xerais (1926)
Regulamento xeral (1931)
Regulamento xeral (1942)
Regulamento xeral (1970)
Inventario e balance (1917)
Memoria social de actividades (1907-1909, publicada en 1910)
Memoria social de actividades (1910-1915, publicada en 1916)
Memoria social de actividades (1916-1922, publicada en 1923)
Memoria social de actividades (1919)
Memoria social de actividades (1920)
Memoria social de actividades (1927)
Libro de socios contribuíntes (1908-1916)
Libro de inscrición de asociados (1916)
Libro de rexistro de socios para Contaduría (1938-1945)
Libro de rexistro de socios da Sección de Propaganda (1927-1929)
Listados de socios (mecanografados) dos seguintes anos: 1917, 1921, 1922, 1923, 1927, 1928 e 1930
Balance xeral de tesourería (1917)
Balance xeral de tesourería (1968)
Regulamento do funcionamento interior do Colexio Liga Santaballesa (curso 1918-19) (manuscrito e mecanografado)
Varios documentos relativos a construción dun panteón social da Liga Santaballesa no Cemiterio da súa parroquia natal (1931-33)
51 fotografías
Conservada en formato orixinal:
Regulamento xeral (1942)
Regulamento (1970)
Conservada en formato fotocopia, duplicada do Arquivo do Padroado da Liga Santaballesa:
Bases e regulamento xeral (1907)
Regulamento (1917)
Regulamento xeral (1926)
Regulamento xeral (1931)
Libro de Actas da Sección de Propaganda e dos diversos comités que a integran (1930)
Memorias de actividades societarias da entidade habaneira dos seguintes anos: 1916-1922
Listados de socios dos seguintes anos: 1917, 1921, 1922, 1927, 1928 e 1930
Listados coas candidaturas para as eleccións de xuntas directivas: 1923-24, 1930-31, 1932-33, 1933-34, 1934-35, 1939
Varios modelos de papelería societaria e de recibos para o cobro das cotas sociais
Recortes de prensa galega (1956) con noticias sobre a Liga Santaballesa
Libro editado con motivo da celebración do centenario da fundación da «Liga Santaballesa de Educación e Instrucción» na Habana: Pombo Mosquera, Xosé (coord.) (2007): Liga Santaballesa. Historia dunha escola habaneira (1907-2007), editado polo Padroado da Liga Santaballesa e a Comisión do Centenario, Lugo.
Documentación relativa ás actividades e funcionamento da Delegación en Santabaia da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción:
Contabilidade: facturas das diversas actividades de 1909 ata 1953
Documentación xerada polo funcionamento das dúas escolas creadas pola Liga Santaballesa na parroquia de San Pedro de Santabaia: o Colexio Liga Santaballesa, no lugar de Feiranova e a Casa-escola de Fontepisón
Regulamento do funcionamento do Colexio (curso 1918-19)
Inventario dos útiles e libros da escola de Fontepisón (curso 1948-49)
Planos do edificio e documentación relativa á construción da Escola de Fontepisón
Listados de alumnos das escolas
Documentación relativa aos mestres das escolas financiadas pola Liga: oposicións, solicitudes, nomeamentos, soldos etc.
Panteón da Liga Santaballesa no Cemiterio de San Pedro de Santabaia para uso dos seus asociados retornados e as súas familias: construción, permisos e libro no que consta o uso dos catro nichos da súa propiedade.
Documentación relativa aos Sindicatos agrícolas da parroquia como recibos dos pagos das cotas sociais, caderno de contabilidade dos socios da cooperativa e os Estatutos da Cooperativa del Campo de Santaballa (1944)
Correspondencia varia (cartas recibidas e enviadas pola delegación)
Documentación de José Fraga Barro, crego da Arquidiocese de Pinar del Río nacido en San Pedro de Santabaia: correspondencia coa súa familia, reflexións relixiosas, foto etc.
Certificado de nacionalidade a nome de Francisco Fraga Leal
Programa de Festas de San Pedro de Santabaia (1922)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución.
Parte da documentación consérvase no arquivo do Padroado da Liga Santaballesa (sede no edificio do antigo Colexio)
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso / Descritores
Lugares
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- San Pedro de Santabaia
- Europa » España » Galicia » Lugo (Provincia) » Vilalba
Persoas e entidades
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 22/08/2019
Revisado por M.ª Teresa García o 28/10/2025
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino