Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1931-11-01- (Creación)
Nivel de descrición
Volume e soporte
1 número da revista
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi creada en Olivos (partido de Vicente López, Bos Aires) por un grupo de emigrantes naturais do partido xudicial de Carballiño residentes na Arxentina. Foi dende a súa fundación unha sociedade cultural e recreativa.
Os seus obxectivos están recollidos nos seus estatutos (1957): estreitar os lazos de unión entre arxentinos e nativos do partido de Carballiño; fomentar o amor á terra dos seus maiores entre os descendentes de nativos do partido de Carballiño como entre todos os españois ou arxentinos; soster relacións de amizade e camaradería coas asociacións afins; propender á unión entre os seus asociados e que se presten axuda recíproca e colaboración; fomentar os hábitos de estudio e o san recreo en bibliotecas, festas e conferencias; contribuír co maior entusiasmo ao progreso e avance da familia carballinesa, axudando e secundando toda iniciativa para a súa mellor realización; orientar ao emigrante nativo do Carballiño á súa chegada a esta República.
Para organizar as súas festas e reunións conta cun recreo social da súa propiedade en Bartolomé Cruz, con capacidade para máis de 700 persoas. En 1988 inaugura na súa sede social a biblioteca "Francisco Luis Bernárdez". Nesta sede conta cun cruceiro e un cabaceiro, como promoción e símbolo da cultura galega.
Organiza varias festas anuais como unha moi recoñecida a beneficio do Hogar Gallego para Ancianos de Domselaar. Celebra ademais diversos actos sociais e culturais como o Día das Letras Galegas, o Día de Santiago Apóstol, o aniversario da entidade, a festa do polvo e unha reunión mensual de todos os socios.
Publica como voceiro social O Aranteiro.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Esta revista societaria achega aos seus integrantes a información sobre a asociación Centro del Partido de Carballino (estatutos, memorias anuais, proxectos, descrición de actividades, notas sociais, etc.). Contén colaboracións literarias e inclúe numerosas noticias e artigos sobre Galicia, e particularmente sobre a comarca do Carballiño.
Número conservado en papel:
1993: n. 6 (especial 75º aniversario)
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
Biblioteca Xeral da U.S.C. (PUBLIC.RES.C 139)
1935: Año 5, n. 5
Biblioteca do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos.
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
O AEG conserva dous exemplares do n. 6. Un deles, doazón da Consellería de Emigración.
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso / Descritores
Lugares
Persoas e entidades
- Centro partido de Carballino (Tema)
Ámbitos de intervención
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino