Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1997 - 2004 (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
8 folletos (214 x 100 mm) e 1 documento (tamaño A4)
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
O Coro Universitario Galego de Barcelona (CUGAB) foi un coro e asociación coral que desenvolveu a súa actividade dende 1992 até 2004, na Universidade de Barcelona (UB). Fundárono o músico, e quen foi primeiro director do coro (1992-2001), César del Caño e mais Camilo Fernández, profesor da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, entidade esta que, xunto co Vicerrectorat d'Activitats Culturals da mesma Universidade, lle proporcionou respaldo institucional entre 1992 e 2001.
A súa presentación pública tivo lugar no Paraninf da Universitat de Barcelona e en 1995 acadou personalidade xurídica propia.
O ideario fundacional que inspira o proxecto céntrase no compromiso co idioma galego e coa linguaxe musical de Galicia consonte ó espírito universitario que insta a afirmar a universalidade das culturas a través do mutuo coñecemento.
Son directrices da agrupación coral:
- A investigación sobre o folclore galego
- O estudo e proxección de pezas cultas de compositores autóctonos
- Aprofundar na procura do máximo rigor musicolóxico dun repertorio tradicional e polifónico no que se inclúan mostras líricas de diversas culturas, entre elas as de expresión portuguesa e catalana dos países de pertenza dos seus cantores membros, así como pezas de propia creación.
O CUGAB é un colectivo musical políglota e multinacional, aberto a toda a comunidade universitaria catalana e á comunidade galega residente en Barcelona. Un grupo con vontade de servizo cultural e intercambio musical entre Galicia e Cataluña.
En abril de 2006 fúndase Galeuzcamerata, coro continuador do proxecto polifónico galego na UB, que desenvolveu a súa actividade na universidade ata 2016.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Documentación relativa á "Xuntanza de coros galegos de Catalunya", conservada en formato papel:
Folletos co programa:
- Tríptico da 1ª xuntanza: 19/04/1997
- Tríptico da 2ª xuntanza: 13/06/1998
- Tríptico da IIIª xuntanza: 17/04/1999
- Tríptico da IVª xuntanza: 27/05/2000
- Folla voandeira da 5ª xuntanza: 16/06/2001
- Tríptico da VIª xuntanza: 25/05/2002
- Tríptico da VIIª xuntanza: 17/05/2003
- Tríptico da VIIIª xuntanza: 05/06/2004
Relación mecanografada das cancións interpretadas por cada coro nas 8 xuntanzas.
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- galego
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
Doazón de Manuel Carrete, do Centro Galego de Barcelona
Nota
O AEG conserva 2 exemplares da 2ª xuntanza, 3 exemplares da 1ª, 3ª, 5ª, 6ª, 7ª e 8ª xuntanzas e 4 exemplares da 4ª xuntanza
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Persoas e entidades
Ámbitos de intervención
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 18/06/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino