Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1913-04-01 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 carpeta e PDF con 1 libro de actas
1 carpeta e PDF con 3 libros de actas
1 carpeta e PDF con 2 libros de actas e 1 folleto
1 carpeta e PDF con 33 documentos de contabilidade, 2 cheques e 221 cartas
PDF con 1 regulamento, 3 libros de rexistro, 2 libros de contabilidade, 3 títulos e 9 fotografías
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservadas en formato dixital e impreso:
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1913-1937)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1937-1956)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1965)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1965-1981)
Libro de actas das reunións das Xuntas Xerais (1913-1964)
Libro de actas das reunións da sección de Propaganda (1914-1926)
221 cartas
33 documentos de contabilidade
2 cheques
Díptico "Mensaje a nuestros hermanos los emigrados" (1957) (orixinal)
Conservada en formato dixital:
Regulamento (1934)
Libro de rexistro do Panteón social (1927-1960)
Libro de rexistro (1913-1955)
Libro de rexistro (1965-2003)
Libro de caixa-tesourería (1913-1932)
Libro de caixa-tesourería (1965-1975)
3 títulos
9 fotografías
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Persoas e entidades
- Progreso de Lanzós (Tema)
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 26/08/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino