Fondo AE-CU-BNatG - Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-BNatG

Título

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Data(s)

  • 1871-12-31 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 carpeta cos Estatutos, Regulamentos, 1 libro de actas e memorias
1 carpeta con memorias
1 carpeta con documentación contable, mutualista, educativa e cultural
2 carpetas con 3 publicacións societarias

Área de contexto

Nome do/a creador/a

(1871-12-31 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade tivo dous precedentes: o "Centre Catalá" (fundado na década dos 40) e unha sociedade galega que baixo a advocación do Apóstolo Santiago se creara na Habana en 1804. Foi fundada o 31 de decembro de 1871 na cidade da Habana. O 28 de xaneiro de 1872 tivo lugar a primeira reunión dos socios no Teatro Tacón, onde se elexíu a primeira directiva integrada por: presidente, Ambrosio Tomati; secretario, Pedro de Lago; tesoureiro, José García Barbón; consiliarios: Juan Baldonedo, José Pla Monge, José Carreras, Manuel Misa, Juan Mendizábal, Hipólito Varela, Francisco Lamigueiro, Adolfo Gasset, Fernando Blanco, Juan A. Paz, Nicolás Vázquez de la Torre, Camilo Feijoo Sotomayor. No 1872 foron nomeados socios de honra: Virginia F. Auber e Rosalía de Castro.
Nos seus primeiros estatutos de 1872 esta asociación ten como obxecto principal protexer aos seus asociados e ás súas familias e socorrer aos que non sendo socios sexan oriundos de Galicia e precisen auxilio, sempre que residan na Habana e se comprobe a súa necesidade.
A Institución, dende a fundación do Centro Gallego da Habana, a principios de século, estivo totalmente ligada a dito centro, instalándose nunha das súas oficiñas a partires de 1922.
No ano 1949 reforma os seus estatutos nos que destaca ademáis do labor de auxilio e socorro aos asociados, a axuda para a repatriación dos socios que teñen que retornar a Galicia e que non que teñen medios para pagar a pasaxe. Recollen tamén a idea de publicar periodicamente unha revista titulada "La vida gallega en Cuba", que sería o órgano oficial da sociedade e que será de distribución gratuíta.
Tras a revolución castrista, a institución viuse moi limitada, debido tanto a crise do país como a expropiación de moitas das súas propiedades. Seguen a prestar servizos aos socios sobre todo polo magnífico Panteón Social que posúen no Cemiterio Colón.
Actualmente o seu presidente é Alfredo Gómez Gómez.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1913-1919)
Memoria do ano 1938
Libro cos depósitos feitos pola sociedade no Banco de Nova Escocia (1950)
Recibo (1945)
3 portadas
"Cantigas d'a miña terra : álbum de melodías gallegas" (1942)
Título de socio meritísimo outorgado a Miguel Rodríguez Filloy (1946)
Diploma de premio de constancia outorgado ao Cándido Reonojo Catoira (1919)
2 escrituras relativas á "Fundación Escuela agrícola Pedro Murias"
Boletín "Fiesta de Santiago : Teatro Nacional"

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos (1932)
Estatutos (1936)
Estatutos (1941)
Estatutos (1959)
Regulamento (1913)
Recibo (1995)
Recibo (2004)
Memorias dos anos 1921-1922, 1924-1937
Convite ao acto de bendición das obras de ampliación do Panteón (1942)
Convite a unha misa para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo (2002)
Boletín "Vida gallega"
Boletín "La Vida Gallega en Cuba"
Boletín "Fiesta de Santiago : Teatro Nacional"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Regulamento (1872)
Memorias dos anos 1872-1888, 1923
1 ficha de socio
1 recorte de prensa

Conservada en formato dixital:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1919-1927)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1927-1932)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1932-1936)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1936-1942)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1942-1946)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1946-1954)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1954-1963)
Regulamento (1879)
4 libros e 2 fotografías relativos ao Panteón social
1 libro de inventarios e balances relativo á "Fundación Escuela agrícola Pedro Murías"
Testamento de Pedro Murías
Libro de rexistro de baixas de socios (1889-1935)
Planilla de socios cos recibos de primer ingreso (1932)
Libro de rexistro de socios "Cuaderno para la inscripción de socios" (1920-1935)
Libro de rexistro de socios (1936-1965)
Libros de rexistro xeral de socios (1930-1964)
Ficheiros de baixas de socios
Ficheiros de altas de socios
2 fichas de socios exiliados
Libro de caixa (1909-1916)
Libro de caixa (1942)
Libro de rexistro de auxilio póstumo (1944-1955)
Libro de rexistro de socorros (1935-1944)
Libro de socorros con rexistro de recibos (1949-1954)
Libro de rexistro de propiedades e valores (1932)
"A Terra : revista mensual órgano del Centro Gallego"
"Como son os do Glorioso" de Xesús Fernández e González
"Vida Gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia"
"Santa Misión"
Boletín "Fiesta de la música gallega"

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • galego

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e escritura

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso xénero/forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 22/07/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso