Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1967-01 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 cartafol cos Estatutos, 3 cartas, 3 dípticos, 1 folleto, 1 convite e 1 listaxe
1 carpeta compartida con 5 publicacións societarias
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Durante o ano 1966 un pequeno grupo de galegos reuníanse todos os domingos no "Foyer Cervantes" baixo o nome de "Centro Galego de Xenebra", aínda que a súa idea era crear un centro diferente aos que xa existían noutras cidades suízas. En xaneiro de 1967 fundan unha entidade con este nome, coa pretensión de crear unha asociación que dignificara e revalorizara o galego. A sociedade queda entonces constituída con setenta socios.
Nos seus Estatutos, aprobados en xuño de 1973 e redactados en galego, aparecen recollidos os obxectivos sociais: Teimar o achegamento de todos os galegos e mais o seu desenrolo no vindeiro encol dos ideais, e arnaxes propios de Galicia; defensa e espallamento da lingua galega; desenvolvemento de todas as actividades de orde cultural, artístico ou de folguedo, a prol dos obxectivos desta sociedade; promoción das relacións e posibles traballos en común con outras sociedades da Suíza ou doutros países, cuxos obxectivos non sexan contrarios ós de A Nosa Galiza.
Entre as actividades culturais que organizan está o programa de radio "Galicia Sempre" creado o 15 de decembro de 1985 na emisora de radio Geneve Informations e dirixido por Carlos Díaz. Ademais sosteñen unha escola de gaitas e percusión, donde ensaia o seu grupo folclórico "A nosa Galicia" creado en 1981 e tamén contan cun grupo musical de "Xóvenes A Nosa Galiza" con rondalla e grupo de gaitas; así como un grupo de teatro formado polos socios. Organizan ciclos de conferencias e coloquios, representacións teatrais, campeonatos de axedrez e futbol, excursións e bailes, todos eles enmarcados nas celebracións da Quincena Cultural Galega, do Día das Letras Galegas e do Día de Galicia. Editan dende a súa fundación o boletín social "Semente".
A Sociedade “A Nosa Galiza” manten unha intensa actividade social e cultural en beneficio da colonia galega en Xenebra. Proba diso é a súa participación activa en diferentes organismos, como a Federación mundial de Sociedades Galegas (FMSG), a Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), da que actualmente non forma parte pero da que antaño asumíu a Secretaría Xeral e a Secretaría de Cultura.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel (fotocopias):
Estatutos (1973)
Listaxe de membros do Comité
Conservada en formato papel (orixinais):
Carta enviada polo Consello da Cultura Galega
2 cartas enviadas aos centros galegos na Suíza
Díptico co programa da "Semán Galega" de 1972
Díptico co programa das Letras Galegas de 1973
Folleto das actividades para o ano 2009
Convite a mesa redonda
Díptico do programa de radio "Galiza sempre"
Revista "Xornal d'a Nosa Galiza"
Revista "A Nosa Galiza"
"Revista de A Nosa Galiza"
Boletín "Semente : Boletín da Sociedade A Nosa Galiza - Xenebra"
Boletín "Festa de San Xoán"
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
- Francés
- galego
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
- Europa » España » Galicia
- Europa » Suíza » Xenebra (Cantón) » Xenebra (Cidade)
Persoas e entidades
- Sociedade "A Nosa Galiza" (Tema)
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 16/07/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino