Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1909-07-30 - (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 cartafol e PDF con 1 acta, 3 regulamentos, 2 memorias, 1 publicación societaria
1 cartafol e PDF con 1 publicación societaria
PDF con 2 modelos, 4 documentos e 1 publicación societaria
Área de contexto
Nome do/a creador/a
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada pola numerosa colonia de emigrantes mugardeses residentes na illa de Cuba coa finalidade de levar gratuitamente aos seus veciños «el codiciado pan de la enseñanza». A súa creación estivo promovida por Francisco Sabio Badía (primeiro presidente), Juan José Rabina Cañizo, Eliseo García, Esteban Deus Prados, Ferreol Lago, Jaime Villar Lago e José Gelpi Souto.
Segundo a acta de constitución, o obxecto principal da nova entidade era «fomentar y propagar la enseñanza gratuíta entre los naturales del término municipal de Mugardos, creando a ese fin, colegios de ambos sexos en cada una de las cuatro parroquias de que se compone dicho término, empezando por la de Mugardos y continuando en las demás...».
Unha vez constituída, a entidade comeza a organizar numerosas actividades para obter fondos para enviar á súa terra natal, ben a través da emisión de bonos, ou pagamento de cotas sociais, ben organizando festas e comidas que servían tamén para fomentar a unión dos mugardeses que vivían na illa.
O 19 de setembro de 1910 crea unha delegación en Mugardos, que foi dirixida por Jesús Fernández, quen se ocupa de xestionar todo canto se lle encargaba de Cuba e, principalmente, a construción do grupo escolar.
Contaba, tamén, coa axuda de grupos de mugardeses que residían noutros países como Estados Unidos: en Florida, o delegado era Joaquín Díaz Casal; en California, Juan Rodeiro, e en Boot Key, José Díaz Casal. En Bos Aires, Manuel Deus López; en México, Vicente López Badía; e, en Brasil, Antonio Lara Aneiros. Con todas as contribucións mandáronse, ao longo de varias décadas, cartos para o mantemento das escolas municipais e tamén para casos de necesidade da vila e dos seus habitantes, como por exemplo o envío, en 1912, de 1899 pesetas para repartirlles ás catro viúvas dos náufragos da lancha Pilar.
O 9 de abril de 1922 organízase un acto para festexar a colocación da primeira pedra do edificio escolar que levará o nome da sociedade. As obras comezan en 1923 e rematan en 1925, cun custo de 6500 pesetas. Pero non será inaugurado oficialmente ata o 3 de novembro de 1929, debido ás malas relacións entre os directivos da sociedade e o alcalde da vila.
Por este motivo, en 1925 a sociedade cedeu o edificio para que se impartisen as clases da escola unitaria dos Casás. En 1927, sen inaugurar, comezan as clases, que serán gratuítas e laicas, cun mestre pagado pola sociedade.
Nesta década realiza numerosos envíos de libros para as escolas do municipio.
En 1926 hai importantes disensións polo funcionamento da entidade entre os socios, o que desenvoca na escisión dun grupo, que acaba formando unha nova asociación chamada Juventud Mugardesa, con finalidade recreativa. En 1946, grazas ás xestións de Francisco Yáñez Badía, as dúas asociacións volven unirse. Pero os cambios políticos e sociais, tanto en España como en Cuba, provocan unha modificación nos seus obxectivos, benéficos e recreativos, pasando a chamarse Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo.
En 1951, a causa das dificultades económicas da sociedade, apróbase en asemblea xeral de socios a cesión do edificio escolar ao Concello.
Esta sociedade segue a existir na actualidade e é unha das poucas que conta coa súa propia sede social, sita na rúa Peñalver, 561 da capital cubana.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato dixital e impreso:
Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909
Regulamento social da "Unión Mugardesa de Instrucción" reformado en 1917
Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Instrucción" aprobado en 1923
Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo" aprobado en 1947
Memoria social da "Unión Mugardesa de Instrucción" de 1912
Memoria da "Unión Mugardesa de Instrucción" do ano social 1923/1924
Revista "La Unión Mugardesa : revista mensual"
Boletín "Unión Mugardesa de Instrucción"
Conservada en formato dixital:
2 modelos de diploma
2 diplomas
1 nota informativa
1 certificado do Concello de Mugardos (1911)
Xornal "La Escuela : órgano de la mutualidad escolar"
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e escritura
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Persoas e entidades
- Unión Mugardesa (Tema)
Puntos de acceso xénero/forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 31/07/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino