Fondo AE-ES-CaGaCor - Casa de Galicia en Córdoba

Área de identidade

Código de referencia

ES GA 15078 ACCG AEG-01-AE-ES-CaGaCor

Título

Casa de Galicia en Córdoba

Data(s)

  • 1986-02 - (Creación)

Nivel de descrición

Fondo

Extensión e medio

1 cartafol con 3 enquisas, 14 folletos, 1 cartaz e 1 catálogo
1 carpeta con 3 publicacións societarias

Área de contexto

Nome do creador

(1986-02 ata a actualidade)

Historia administrativa

En 1986, os galegos emigrados en Córdoba, fundan a Casa de Galicia de Córdoba. O día 7 de febreiro reúnense no Hotel Oasis un grupo de galegos residentes en Córdoba e provincia para a celebración da Asemblea xeral constitutiva da Asociación CASA DE GALICIA EN CÓRDOBA. Nesta reunión actúan como Presidente en funcións Antonio Fariñas Mangana e como Secretaria Purificación Fernández Vázquez.

Nesa data nombran a primeira Xunta Directiva, composta por:
Presidente: Carlos Domínguez Conde
Vicepresidentes: Rosa María Outeiriño Otero y don Antonio Fariñas Mangana
Secretario: Ramón Castroagudín Torres
Vicesecretaria: Purificación Fernández Vázquez
Tesorero: Manuel Acasuso Martínez
Vocais: Francisco Bellido García, José Manuel de Bernardo Ares, Segundo Diéguez Failde, Isabel Fernández Carballo, José Ramón García Fernández, Antonio Jiménez Castro, Guillermo Linares Lostau e José Luis Miño Fugarolas.

A primeira sede estivo situada no Bar Airiños. Anos despois grazas ao apoio da Xunta de Galicia e á participación dos socios adquiriron a actual sede situada na Plaza de San Pedro, 1.

A Casa de Galicia en Córdoba é un referente cultural e social na cidade de Córdoba. Celebran diferentes actividades como eo Premio de Poesía Rosalía de Castro, a celebración do Día das Letras Galegas, ciclos de conferencias, ciclo de cine, etc. Na actualidade a sociedade é membro da "Federación de Centros Gallegos en Andalucía". Mantén unha estreita relación con entidades locais e rexionais como o Ayuntamiento de Córdoba e a Junta de Andalucía e está en permanente colaboración coa Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emigración e con diversas Consellerías como a de Cultura.

Historia arquivística

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Enquisa "Censo cultural, Medios de comunicación"
Enquisa "Censo cultural, Entidades"
2 trípticos do Día de Galicia en Córdoba (1990)
1 cartaz da 8º edición do Día de Galicia en Córdoba (1994)
Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba (1990)
Tríptico do II Certame de Poesía Rosalía de Castro (1992)
Tríptico do IV Certame de Poesía Rosalía de Castro (1994)
Tríptico do V Certame de Poesía Rosalía de Castro (1995)
Tríptico do VI Certame de Poesía Rosalía de Castro (1996)
Folleto "Yesca" de José A. Ramírez Lozano, premio Rosalía de Castro (1991)
Díptico do I Certame de Fotografía San Rafael (1994)
Díptico do III Certame de Fotografía San Rafael (1996)
Díptico do III Certame de Pintura Maestro Mateo (1995)
Díptico do IV Certame de Pintura Maestro Mateo (1996)
Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño na "Posada del Potro" (1990)
Tríptico e convite co programa de actos organizados con motivo do 10º aniversario societario
Revista "Casa de Galicia"
Revista "Casa de Galicia en Córdoba"
Revista "Airiños : Casa de Galicia"

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • galego

Escritura do material

  • latino

Notas de lingua e texto

Características físicas e requerimentos técnicos

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC

Existencia e localización de copias

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Persoas e entidades

Puntos de acceso Xénero/Forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 20/05/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Área de acceso

Persoas e organizacións relacionadas

Xéneros relacionados

Lugares relacionados

Almacenamento físico

  • Caixa: AE/SOC/E-1/II
  • Caixa: AE/Rev/E-6/I