Benvida

Fondos documentais do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega ten como finalidade a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, entre eles o patrimonio documental. Os fondos recollidos neste repositorio forman parte da documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, de doazóns procedentes de asociacións culturais e de arquivos persoais e familiares.

A Área de Documentación do CCG (integrada polo Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos e máis a Biblioteca e arquivo) ocúpase da súa xestión e tratamento documental, co obxecto de poñelos a disposición do público e contribuír á investigación e á cultura.