Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Persoas e entidades

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Forma(s) paralea(s) do nome

  • Parroquias unidas de Rianjo

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

    Outra(s) forma(s) de nome

    • Relacionar con: Sociedad del ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unidas) (1946)

    • Relacionar con: Centro ayuntamiento de Rianjo (1963)

    • Relacionar con: Centro Noya - Rianxo (1986)

    Identificadores para institucións

    Área de descrición

    Datas de existencia

    1934-09-30 ata 1963, ano no que varias entidades de emigrantes do concello de Rianxo se fusionan dando lugar ao "Centro ayuntamiento de Rianjo"

    Historia

    Esta sociedade mutualista e cultural foi creada polos emigrantes naturais do concello de Rianxo e as súas parroquias, residentes en Arxentina. Entre os seus fundadores podemos citar a Vicente Otero Castro, primeiro presidente da entidade, Bonifacio Botana, Inocente Pérez, Isidoro Torrado, José Abuín, Jesús Abuín, Felipe Carou, Ernesto Fernández, Antonio Viana e José Rivas.
    Os fins principais da sociedade están recollidos nos seus estatutos: "a) fomentar o espíritu de asociación e unión entre os fillos das parroquias de Araño, Asados, Rianxo, Taragoña, Leiro e Isorna; b) fomentar entre os asociados a arte musical e escénica; c) prestar axuda moral e económica aos asociados en caso de orfandade ou viuvez; d) organizarán conferencias, veladas científicas, artísticas, musicales, literarias, excursiones e visitas culturais; e) creación dunha biblioteca e sala de lectura; fomento da ensinanza e mellora do estado social do pobo de Rianxo, subvencionando bibliotecas públicas en cada unha das parroquias etc.".
    Nos anos 40 edita como voceiro social a revista "Rianxo".
    En 1963 varias sociedades de emigrantes naturais do concello de Rianxo deciden fusionarse e crean o "Centro ayuntamiento de Rianxo". En 1986 esta entidade fusiónase coa "Asociación del Partido Judicial de Noya", dando lugar a unha nova entidade: "Centro Noya - Rianjo", existente na actualidade.

    Lugares

    América
    Arxentina
    Bos Aires
    Rianxo
    Taragoña
    Araño
    Asados
    Leiro
    Isorna

    Estatuto xurídico

    Asociación civil de emigrantes

    Funcións, ocupacións e actividades

    Mandatos/fontes de autoridade

    Recreativas, mutualistas

    Estructura/xenealoxía interna

    Contexto xeral

    Área de relacións

    Entidade relacionada

    Sociedad ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas) (1946 ata 1986, ano no que se fusionan coa "Asociación del partido judicial de Noya", dando lugar a unha nova entidade "Centro Noya Rianxo, asociación civil")

    Identifier of related entity

    AE-AR-SocRiaTa

    Categoría da relación

    asociativo

    Datas de relación

    1947

    Descrición da relación

    Fusión desta entidade coa Sociedad instructiva pro-escuelas hijos de Taragoña, creándose unha nova entidade na que se integraron os emigrantes do concello de Rianxo co nome de Sociedad ayuntamiento de Rianjo y Taragoña (unificadas).

    Access points area

    Materias

    Lugares

    Occupations

    Área de control

    Identificador do rexistro de autoridade

    AE-AR-PaRia

    Identificador da institución

    ES GA 15078 ACCG

    Regras e/ou convencións usadas

    NOGADA

    Estado de elaboración

    Borrador

    Nivel de detalle

    Parcial

    Datas de creación, revisión ou eliminación

    Idioma(s)

    • galego

    Escritura(s)

    • latino

    Fontes

    Bases de datos do AEG

    Notas de mantención