Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Identity area

Type of entity

Corporate body

Authorized form of name

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Parallel form(s) of name

    Standardized form(s) of name according to other rules

      Other form(s) of name

      • F.S.G.S.

      Identifiers for corporate bodies

      Description area

      Dates of existence

      1980-11-29 ata a actualidade

      History

      A Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) creouse na cidade suíza de Olten en novembro do ano 1980. O seu propósito era agrupar a maior cantidade posible de centros galegos e obter así a forza necesaria para unha mellor defensa dos “intereses que lles son propios”.

      As 10 sociedades constituíntes foron:

      • A Nosa Galiza (Xenebra)
      • Centro Peña Galega (Lausanne)
      • Irmandade Galega na Suiza (Xenebra)
      • Peña Galega (Le Sentier)
      • Centro Galego (Sión)
      • Centro Galego (Val do Rhin)
      • Sociedade Galega Sementeira (Basilea)
      • Promoción da Cultura Galega (Zürich)
      • Casa de Galicia (Martigny)
      • A Nosa Casa Galiza (Berna)

      A composición da FSGS sufriu variacións ó longo da súa existencia, xa que algúns centros desapareceron e tamén se produciron altas e baixas. Asimismo, formaron parte da Federación o: Centro Galego (Lausanne), Centro Galicia (Olten), Centro Galego (Lucerna), Grupo Galego (Aarau), Centro Galego A Nosa Terra (Zug), Centro Galego (Berna), Galicia Hoxe (Xenebra) e Promoción da Cultura Galega (Lausanne), entre outros.

      Nos seus primeiros Estatutos, redactados en galego e aprobados o 26/05/1985, constituíron a sede social na rúa de la Servette, nº 91 da cidade de Xenebra. En 1989 e durante a celebración do IV Congreso da Federación modificaron os Estatutos iniciais logo das experiencias organizativas e de funcionamento verificadas desde a súa fundación. Unha modificación importante refírese precisamente á ubicación do domicilio que será no domicilio da sociedade que neses momentos lles corresponda á Secretaría da Federación.

      Os obxectivos polos que foi creada a FSGS son:

      • Defende-los “valores históricos” de Galicia, a lingua, a cultura, o arte e o folclore.
      • Lograr un maior achegamento e unión de tódolos centros galegos da Suíza.
      • Reforzar as relacións coas demais asociacións galegas e non galegas.
      • Defender os dereitos do emigrante e tratar de mellorar as súas condicións de vida.

      Segundo o art. 6 dos Estatutos, a FSGS realizará as seguintes actividades:

      • Estudios e publicacións sobre cuestións da cultura galega e do asociacionismo cultural.
      • Elaborar proxectos para a solución dos problemas plantexados polas entidades federadas.
      • Fomentar a creación de sociedades culturais.
      • Organizar congresos, seminarios, conferencias, coloquios, cursos...
      • Realizar e promover actividades culturais, deportivas e recreativas.

      No ano 1993 publican o primeiro número da revista “Diáspora”, que recolle artigos culturais de interese así como un resumo das actividades previstas a desenvolver no seo da Federación. Tamén dá conta da incorporación á Federación do Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” e especifican que nese momento eran 12 os centros asociados.

      Cada ano organizan actos con motivo do Día das Letras Galegas e do Día da Patria Galega e unhas xornadas culturais no mes de outubro.

      Places

      Europa
      España
      Galicia
      Suiza
      Xenebra
      Zürich

      Legal status

      Asociación civil de emigrantes

      Functions, occupations and activities

      Culturais

      Mandates/sources of authority

      Internal structures/genealogy

      General context

      Relationships area

      Related entity

      Centro Galego Val do Rhin (1979-04 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-CGVal

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Promoción de la Cultura Gallega (1987-09-21 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-PrCG

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1976-10-20 Non existe na actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-GaHoxe

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Centro Gallego de Berna (1969-05 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-CGBer

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” (1991 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-CGZug

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Grupo Galego de Aarau (1975-05-04 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-GGAa

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Centro Galicia de Olten (1969-05 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-CGalOl

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Promoción da Cultura Galega (1975-01-01 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-PCGal

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Sociedad Gallega Sementeira (1981-01-18 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-SGSem

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Centro Gallego de Sion (1971 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-CGSion

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Irmandade Galega na Suiza (1973-10-10 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-IrGaSu

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Sociedade "A Nosa Galiza" (1967-01 ata a actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-NGal

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Related entity

      Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1976-10-20 Non existe na actualidade)

      Identifier of related entity

      AE-SU-GaHoxe

      Category of relationship

      associative

      Dates of relationship

      Description of relationship

      Access points area

      Subject access points

      Place access points

      Occupations

      Control area

      Authority record identifier

      AE-SU-FSGS

      Institution identifier

      ES GA 15078 ACCG

      Rules and/or conventions used

      NOGADA

      Status

      Draft

      Level of detail

      Partial

      Dates of creation, revision and deletion

      Creada por Adriana Cousillas o 19/07/2019

      Language(s)

      • Galician

      Script(s)

      • Latin

      Sources

      Bases de datos do AEG
      Páxina web da entidade: http://federacionsuiza.galiciaaberta.com
      Sixirei Paredes, Carlos. Asociacionismo Galego no exterior. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, 2001

      Maintenance notes