Guía de uso

Como buscar na aplicación AtoM

Guía práctica para localizar documentación, empregar a busca avanzada e aproveitar mellor os recursos do repositorio.

Nesta guía atoparás

  • Busca simple
  • Busca avanzada
  • Navegación por puntos de acceso
  • Obxectos dixitais
  • Portapapeis e exportación

Que é esta aplicación?

O Consello da Cultura Galega ofrece o acceso en liña a unha cumprida cantidade de información arquivística. Para facilitar a recuperación de maneira máis eficiente, expóñense a continuación unha serie de indicacións e informacións prácticas que poden resultar de utilidade. Esta aplicación utiliza o software de xestión de arquivos AtoM, que inclúe un potente motor de busca.

Podes buscar en todo o repositorio

Busca xeral

O cadro de busca situado no centro da pantalla é a maneira máis rápida de acceder á información.

Cadro de busca principal

O sistema buscará os termos ou frases que utilices nas fichas descritivas dos documentos. Aínda que estean dixitalizados, non buscará no seu contido.

O nivel de detalle das fichas descritivas varía, polo que en ocasións deberás recorrer a varias estratexias de busca para localizar a documentación máis axeitada aos teus intereses.

Aconsellamos escribir palabras sen preposicións nin artigos, incluso sen acentos, na orde que consideres conveniente. Preme “Intro” e os resultados da busca aparecerán.

Consellos rápidos

  • Emprega palabras clave curtas.
  • Evita artigos e preposicións.
  • Podes probar sen acentos.
  • Preme “Intro” para ver resultados.
Suxestións de busca

Busca exacta

Se desexas que a busca sexa o máis exacta posible á frase que utilizas, usa comiñas. Exemplo: "centro de estudos galegos".

Filtrar resultados

Á esquerda verás unha columna con máis información para limitar os resultados por fondos, coleccións, persoas, entidades creadoras, materias, etc.

Se desexas realizar dende o primeiro momento unha busca máis complexa, tes a opción de facelo a través de Busca Avanzada.

Preme no mesmo cadro da busca simple para elixir esta opción.

Busca avanzada

Aparecerá un menú no que podes combinar varios termos de busca usando os operadores booleanos E / OU / NON, nos campos que che interese.

Operadores booleanos

Filtros dispoñibles

  • Limitar a busca a un fondo ou colección concreta.
  • Recuperar só rexistros con documento dixital asociado.
  • Seleccionar un nivel de descrición concreto.
  • Centrar a busca nun período cronolóxico.
Filtros de datas

Explorar

Navegación por puntos de acceso

Persoas e entidades / Materias / Lugares
Preme nunha destas tres seccións que se atopan debaixo do cadro de busca e atoparás unha lista de descritores. Explorándoas poden darche unha idea do tipo de documentos que hai nos fondos.

Visual

Navegación por obxectos dixitais

A navegación por obxectos dixitais amosarache un mosaico de miniaturas dos documentos dixitalizados.

Obxectos dixitais

Hipervínculos

Calquera elemento resaltado en cor ou con man hiperligada abrirá novas posibilidades para buscar e ampliar a información.

Volver ao inicio

Se nun momento dado desexas volver á páxina de inicio podes facelo no menú superior premendo no logo do CCG.

Logo CCG
Botón de inicio

Tamén podes facelo dende o botón correspondente da interface.

Portapapeis

Se queres gardar as descricións dos documentos, fotos ou información dos ficheiros que atopaches, usa a función clip: selecciona as descricións que che interesen e que teñan unha imaxe dun clip á dereita.

Cando un rexistro está seleccionado o clip aparece en azul.

Clip do portapapeis
Reconto do portapapeis

Os elementos seleccionados gardaranse no Portapapeis. Podes ver o reconto no menú superior da pantalla.

Recomendación

Recomendamos imprimir a lista ou gardala en PDF. Se a gardas en PDF, conservaranse as ligazóns e poderás acceder a elas directamente sen repetir a consulta.

Formatos dispoñibles

Tamén podes exportar os resultados en formato CSV ou XML.


Recuperar unha lista gardada

Ao gardar unha lista no portapapeis, o programa asígnalle un número de ID. Anota este número por se antes de gardala en PDF queres recuperala no futuro e fusionala con novos resultados.

Para facelo tes que seleccionar a opción do menú “Cargar portapapeis”, introducir o número ID que anotaches previamente e elixir se queres fusionar os resultados das dúas listas (gardada e actual).

Podes acceder directamente a un fondo ou colección

Acceso directo

No inicio, podes acceder directamente a algúns fondos e coleccións concretas.

Acceso a fondos e coleccións

Dende ese espazo, podes navegar xerarquicamente pola árbore de descricións, ou ben utilizar o cadro de busca na parte superior, a través da busca simple ou busca avanzada.

Árbore de descricións