Showing 1783 results

Authority record
AE-AR-HPNoia · Corporate body · 1931-05-10 ata 1986, ano no que se fusiona co "Centro del ayuntamiento de Rianxo", pasando a denominarse "Centro Noya - Rianxo"

Esta sociedade foi creada polos emigrantes naturais do partido xudicial de Noia, residentes na Arxentina, cunha finalide instrutiva, cultural e recreativa
Entre os seus fundadores destacan Pedro Vilariño, primeiro presidente social, Avelino Blanco, Eduardo Sánchez, Manuel Patiño, Robustiano Cisneros, Juan Martínez, Manuel Agrelo, Juan Juanatey, Jesús Romarís, Domingo Fernández, Eduardo Rodríguez, Ventura García, José Vilariño, Antonio Seijas e Ramón Villanueva, entre outros.
En 1986 aproban a súa fusión co "Centro del Ayuntamiento de Rianxo", pasando a denominarse "Centro Noya - Rianxo".

Hogar gallego para ancianos
AE-AR-HoGAn · Corporate body · 1943-06-29 ata a actualidade.

En 1943 ante a noticia na prensa da morte dunha galega a causa do frío, por falta de recursos, un grupo de persoeiros da colectividade galega na Arxentina (como Jacobo André, Emilio André, Ramón Rey Baltar, Gumersindo Sánchez Guisande, Antonio Baltar, Luis Seoane, Miguel Salgués, Miguel Portela, Horacio Bermúdez, Manuel Roel, Arturo Cuadrado, Domingo Maza, Bernardo González Rey, Sergio Riveiro, Santiago González, Manuel Picón, Antonio Carballo e Francisco Blanco) decide crear unha asociación asistencial que se ocupase dos galegos maiores e desasistidos.
Segundo a acta fundacional: "En Buenos Aires a las quince hora del día veintinueve de junio de mil novecientos cuarenta y tres, (...) constitución de una Comisión provisional, que ha de dar normas para encauzar la idea de fundar un "Hogar Gallego para Ancianos".
Se consideraron las razones por las que resulta urgente la fundación de una institución de tal carácter, entre las que, se hizo patente el de evitar el triste cuadro diariamente repetido, de ver implorar la caridad pública a hombres y mujeres que, en la vida dura, en la lucha por la existencia el destino o la suerte, los sumergieron en la desesperanza, quedando vencidos por la vejez y la pobreza al borde del camino, sin hogar y sin amor (...). El Hogar Gallego será la residencia en la que se alberguen nuestros hermanos. Es nuestro propósito que sea alegre, tranquilo y acogedor, limpio y confortable: será la casa para los ancianos de hoy los ancianos de mañana. (...)".
Segundo os seus estatutos créase para proporcionar albergue digno ás persoas de ambos sexos que pola súa idade e estado físico non se atopen en condicións de facer fronte á vida sós; ademais de proporcionar aos beneficiarios aquelas distraccións que sexan compatibles co seu estado de saúde.
Cada ano publican unha revista social chamada "Hogar Gallego para Ancianos", que informa sobre a entidade; ademais edita anualmente unha Memoria-Balance sobre a marcha económica e social da entidade.
A maioría das sociedades galegas existentes na Arxentina organizan festivais benéficos para axudar no mantemento económico da entidade.
En 1994 recibiron a Medalla de Plata de Galicia concedida pola Xunta, polo seu gran labor en favor dos emigrantes galegos máis desfavorecidos.

AE-AR-IrGal · Corporate body · Anos 40 do pasado século. Non existe na actualidade.

Esta sociedade de emigrantes galegos foi creada por un grupo de emigrantes, republicanos que defendían a idea de Galicia como nación. Estivo integrada por destacados persoeiros nacionalistas como Antón Fiz Fernández, Rodolfo Prada, Manoel Pedreira, Indalecio T. Covelo, Antón Gómez, Bieito Cupeiro, Moisés Da Presa, Xosé Lema Novo, Antón Suárez Dopazo, Valeriano Saco, Federico Zamora, Manoel Ucha, Lois Ares, Bernaldo Souto ou Fernando Iglesias "Tacholas".
Como medio de defensa dos seus ideais políticos publicaron varios xornais como "A Nosa Terra" ou "Adiante".
No ano 1946 temos constancia da existencia de tres filiais desta sociedade en La Plata, Rosario e Mendoza.

Lume novo
AE-AR-Lume · Corporate body · anos 70 do pasado século. Non existe na actualidade.

Esta asociación foi creada para a defensa e a difusión da cultura galega na Arxentina.

AE-AR-PaRia · Corporate body · 1934-09-30 ata 1963, ano no que varias entidades de emigrantes do concello de Rianxo se fusionan dando lugar ao "Centro ayuntamiento de Rianjo"

Esta sociedade mutualista e cultural foi creada polos emigrantes naturais do concello de Rianxo e as súas parroquias, residentes en Arxentina. Entre os seus fundadores podemos citar a Vicente Otero Castro, primeiro presidente da entidade, Bonifacio Botana, Inocente Pérez, Isidoro Torrado, José Abuín, Jesús Abuín, Felipe Carou, Ernesto Fernández, Antonio Viana e José Rivas.
Os fins principais da sociedade están recollidos nos seus estatutos: "a) fomentar o espíritu de asociación e unión entre os fillos das parroquias de Araño, Asados, Rianxo, Taragoña, Leiro e Isorna; b) fomentar entre os asociados a arte musical e escénica; c) prestar axuda moral e económica aos asociados en caso de orfandade ou viuvez; d) organizarán conferencias, veladas científicas, artísticas, musicales, literarias, excursiones e visitas culturais; e) creación dunha biblioteca e sala de lectura; fomento da ensinanza e mellora do estado social do pobo de Rianxo, subvencionando bibliotecas públicas en cada unha das parroquias etc.".
Nos anos 40 edita como voceiro social a revista "Rianxo".
En 1963 varias sociedades de emigrantes naturais do concello de Rianxo deciden fusionarse e crean o "Centro ayuntamiento de Rianxo". En 1986 esta entidade fusiónase coa "Asociación del Partido Judicial de Noya", dando lugar a unha nova entidade: "Centro Noya - Rianjo", existente na actualidade.

AE-AR-SocGol · Corporate body · 1930-07-20 ata 1982, ano no que se fusiona con outras entidades da comarca do Deza, dando lugar ao "Centro Lalín de Buenos Aires".

O 20 de xullo de 1930 un grupo de emigrantes naturais do concello pontevedrés da Golada e da súa bisbarra, residentes na Arxentina, crea unha sociedade con fins de mutualidad, cultura e recreo para os seus socios.
No ano 1982 en asemblea xeral apróbase a fusión das sociedades dezanas existentes na capital arxentina, "Hijos del Partido de Lalín", "Hijos de Silleda", "Unión del Partido de Lalín" e "Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus contornos", desaparecendo como tales e creando unha unha nova entidade denominada "Centro Lalín de Buenos Aires", co propósito de facer unha entidade máis forte que permitise entre todos a extender a axuda mutua para os socios maiores e máis necesitados, e a organización de actividades recreativas e culturais.

AE-AR-SocCamp · Corporate body · 1935-06-01 ata a actualidade.

A entidade actual denominada "Sociedad de Campo Lameiro" recoñece como precedente da súa creación o ano 1911, cando por primeira vez un grupo de emigrantes deste concello se reuníu para formar unha asociación. Segundo a documentación existente no AEG, o ano fundacional da sociedade é 1935 a raíz dunha importante chegada de parroquianos deste concello a Bos Aires que decidiron unirse para axudarse mutuamente e realizar diversas actividades lúdicas e recreativas.
Nos seus Estatutos, renovados en 1975, recoñecen como os seus obxectivos:

  • reunir no seu seo a todos os naturais do concello de Campo Lameiro residentes na Arxentina e aos seus descendentes.
  • contribuír coa súa acción ao enaltecemento do bo nome de Galicia
  • orientar aos recén chegados de Campo Lameiro sobre as posibilidades e condicións de traballo nas diferentes localidades da República Arxentina.
  • fomentar o espíritu de asociación, de cooperación espiritual e económica entre os nativos de Campo Lameiro e os seus descendentes.
  • crear e soster unha biblioteca para a capacitación e desenvolvemento dos seus asociados e promover por todos os medios a divulgación de valores históricos, artísticos, culturais e tradicións de Galicia.
  • promover viaxes turísticas a diferentes sitios da República Arxentina e España, sen fins de lucro e co único obxecto de beneficiar aos asociados e familiares.
    Actualmente realiza diversas actividades culturais como a celebración do Día das Letras Galegas con conferencias, exposicións e ateneos. Continúa participando nas homenaxes anuais a Castelao. Organizar tamén cursos de galego e literatura.
AE-AR-SocVic · Corporate body · 1930-10-20 ata 1943, ano no que se fusiona con outras entidades lucenses para crear o "Centro Lucense" de Buenos Aires.

Esta entidade foi fundada por un grupo de emigrantes naturais do concello lucense do Vicedo. Aínda que tiña finalidades instrutivas, non consta que lograra acadar o seu obxectivo de construír unha escola no seu concello natal.
En 1942 comeza a xestionar con outras sociedades lucenses a creación dunha macrosociedade de carácter provincial, o Centro Lucense de Buenos Aires, fundado en 1943.

AE-AR-SocHNog · Corporate body · 1922-06-18 ata 1934-10-01, data na que varias sociedades do distrito de Ponteareas se fusionan dando lugar a unha nova sociedade chamada "Centro Renovación del partido judicial de Puenteareas".

Esta sociedade agraria foi creada polos emigrantes naturais da parroquia de San Salvador de Nogueira (Ponteareas) residentes en Bos Aires.
Entre os seus fundadores podemos mencionar a Antonio Alonso, que foi o primeiro presidente da entidade, Camilo Rodríguez, Américo Fernández, Gabino Rodríguez, Ángel Pérez, Manuel Rivero, Manuel Fernández, Serafín Pérez ou Silverio Fernández.
Trátase dunha sociedade agrarista e instrutiva, que ten como fins principais axudar ao pobo de Nogueira de todas as formas posibles, apoiando aos labradores e a todos os veciños, mediante o envío de cartos para a construción de escolas ou para solucionar outras dificultades puntuais.
Entre os seus obxectivos recollidos nos estatutos aparecen: "1º: socorro moral e material aos asociados; 2º: aumentar a instrución entre os mesmos facéndoa extensiva aos seus fillos; 3º: pago da repatriación a Galicia en casos de necesidade; 4º: protección ao desenvolvemento da agricultura no pobo natal; 5º: reunir fondos para crear e soster unha escola na parroquia de Nogueira en Galicia.
En 1925 acorda en asemblea a construción dun cemiterio na parroquia de Nogueira, mandando a suma de 5.000 pesetas para comezar as obras.
Ao ano seguinte, con este propósito, nomea unha comisión de delegados en Nogueira, para que lles informen e asesoren sobre o tema: "... dan lectura a dos cartas del delegado social en España donde informa sobre los trabajos realizados por él para conseguir la construcción de un cementerio en la parroquia de Nogueira pero consultando la opinión de vecinos y de un abogado éstes disuadieron de tal fin pues la obra sólo serviría para explotación del abad parroquial, en vista de lo cual se cancela en asamblea dicho proyecto. (...). Aprueban sin embargo la construcción de un puente que una los pueblos de Nogueira y Fornelos, creando una comisión que estudie tal proyecto y se encargue de recaudar fondos para dicha obra". Para este labor as sociedades "Hijos de Nogueira y anexos" e "Hijos de Fornelos y Anexos" crean unha "Comisión pro-puente sobre el río Tea" que se encargará da financición da obra, crucial segundo eles para o desenvolvemento económico da comarca.
En outubro de 1934, esta sociedade desaparece tras fusionarse coas sociedades pertencentes ao distrito de Ponteareas na Arxentina: "La Antorcha", "Hijos de Fornelos y anexos" e "Brisas del Plata", creando unha nova sociedade denominada "Centro Renovación del Partido Judicial de Puenteareas".

AE-AR-SocBuj · Corporate body · 1924-08-30 ata a actualidade.

Esta entidade foi creada polos emigrantes naturais do concello de Val do Dubra (antigamente denominado Buján) que residían na Arxentina. Tiña finalidades agraristas e de apoio mutuo.
En 1932 aproba a reforma dalgúns artigos dos seus estatutos nos que aparecen explicitados os seus obxectivos: "Art. 2º: "proteger a sus asociados; repatriarlos en caso de enfermedad y faltos de recursos; ayudar a procurarles trabajo y prestarles alcance de la institución, como también orientar y servir de guía a los hijos de Buján que a su llegada a este país soliciten el amparo moral de esta sociedad. (...)"
Xa no ano 1936 abren unha colecta para a compra dun aparato de radio e teléfono para a sociedade agraria homónima do seu pobo natal, a que sempre apoian con axudas varias.
En 1939 entra a formar parte da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina".
Actualmente é unha entidade recreativa e mutualista.

AE-AR-SocOrd · Corporate body · 1944 ata a actualidade

Esta sociedade foi creada en 1944 tras a fusión das distintas sociedades de emigrantes naturais do partido xudicial de Ordes residentes na Arxentina.
No ano 1918 foi fundouse en Bos Aires a primeira sociedade do partido de Ordes co nome de "Pro-Escuelas Laicas no Partido Xudicial de Órdenes", pero non tivo moita aceptación entre os seus paisanos. Despois de catro anos de loita, cobrou arraigo a idea de crear e soster unha sociedade que ostentase o nome do partido xudicial e en abril de 1922 xorde á vida societaria a "Sociedad de Residentes del Partido Judicial de Órdenes", que foi fundada baixo o patrocinio da "Federación de Sociedades Agrarias y Culturales de la Provincia de la Coruña". Anos máis tarde tamén se promociou a creación das Sociedades integradas por emigrantes naturais de Trazo, Frades e Mesía. Todas eles sostiveron unha activa campaña en pro da instrución primaria, a fundación de bibliotecas públicas nos seus concellos, a loita polo desenvolvemento agrícola e o cooperativismo e o envío de axudas a súa terra natal.
Na actualidade esta sociedade está centrada en actividades recreativas e de axuda mutua entre os seus asociados.

AE-AR-SocMutVed · Corporate body · 1920-03-17 ata 1932, ano de fusión coa Sociedad agrícola de residentes del municipio de Vedra en Sudamérica

Esta sociedade, mutualista e agraria, foi fundada por un grupo de emigrantes naturais de Vedra, co obxectivo de auxiliar ao sindicato de agricultores de Vedra, que neste concello loitaba polo mellora moral e material dos seus paisanos, ademais de abogar pola boa xestión municipal e polo auxilio daqueles dos seus asociados máis necesitados, segundo aparecía recollido nos seus estatutos.
Os fundadores desta sociedade eran socios integrados na Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra (1910) que, contrarios coas decisións da directiva, decidiron separarse e crear unha nova entidade; nas súas directivas estiveron destacados sindicalistas como Antonio Cao, José Betelos ou Manuel Requejo entre outros.
Nos anos 20 do pasado século organiza varios festivais a beneficio das casas-escola que se estaban a construír nas parroquias de Trobe, San Pedro de Sarandón e Merín, financiadas por esta sociedade. En 1927, inaugúrase o edificio social do sindicato agrícola de Vedra, financiado pola entidade quen tamén apoia economicamente as súas actividades, así como a creación de cooperativas e seguros de gando, ou a adquisición de semillas para repartir entre os socios.
O 9 de abril de 1932 os socios aproban en asemblea xeral a súa fusión coa sociedade nai, para conseguir levar a cabo máis proxectos a prol da súa terra natal.

AE-AR-SocMur · Corporate body · 1913-12-01

Esta sociedade mutualista e instrutiva foi fundada en Bos Aires por un grupo de emigrantes naturais do concello de Muros, residentes na capital. Os seus fins, declarados nos estatutos sociais, son a protección dos asociados e a construción de escolas nos distritos do seu partido xudicial, así como atender as diversas necesidades que se poidesen presentar no seu pobo natal.
Entre os seus fundadores pódese citar a José Lamela, , Amado Louro ou Manuel Dou.
O ano 1922 esta sociedade realizou un xiro por valor de 560 pesetas para que fosen distribuídas entre os pobres do asilo, o día do patrón do pobo, San Pedro; igualmente envíou 250 pesetas á parroquia de San Juan de Serres, para seren repartidas entre os pobres o día da súa festa patronal.
En 1928 os socios aprobaron en asemblea xeral o anteproxecto de construción dunha Casa de Socorros ou Hospitalillo en Muros, co fin de dotar á localidade dun fogar onde puidesen recibir hospedaxe e asistencia médica gratuíta os enfermos menesterosos de todo o distrito. Este proxecto nembargantes nunca chegou a ser realizado.

AE-AR-SocParVed · Corporate body · 1910-09-25 ata a actualidade

Esta sociedade mutualista e recreativa foi creada por un grupo de emigrantes naturais do concello de Vedra e residentes na capital arxentina.
O primeiro obxetivo perseguido polos seus fundadores, entre os que destacan José M. Cutrín, Manuel Caneda, e Manuel Vilar Bermúdez, destacado dirixente agrarista, era o de brindar protección e axuda aos emigrantes de Vedra que chegaban a Buenos Aires.
En 1926 celebra un festival artístico e danzante en conmemoración do seu dezaséis aniversario fundacional a beneficio da biblioteca popular que creara no seu concello natal, e ao longo dos anos realizou numerosos envíos de libros e cartos para o seu mantemento.
En 1927, inaugura un edificio no que funciona unha escola nacional e unha cooperativa que merca ferramentas e máquinas agrícolas, subvencionadas con cartos dos emigrantes en Arxentina.
Dende os anos 60 do século pasado a entidade prima as actividades recreativas e culturais: crea unha coral formada polos socios e celebra todos os anos as festas patronais da Virxe dos Dolores. Conta ademais cunha escola de música e danzas galegas.

AE-AR-SocArz · Corporate body · 1923-06-01. Non existe na actualidade.

Esta sociedade agraria foi creada baixo o patrocinio da sociedade "Unión Galaico-Americana" e dun grupo de emigrantes galegos naturais da Terra de Melide, entre os que se atopaban Manuel Villar, Silvestre Villar, Luis Carreira, Luis Paliño, José Muíña, Andrés Gómez, Andrés García, Luis Agra, Francisco Lata, Manuel Suárez e Bonifacio Botana.
Xa nos seus comezos organiza unha colecta para axudar economicamente aos labradores dos concellos do distrito de Arzúa para realizar un mitin de protesta contra o reparto de consumos.
Nos primeiros anos pasan por diversas crises, chegando incluso en 1927 a separarse un grupo de socios que crean unha nova entidade cunha finalidade máis recreativa.
No ano 1931 os socios aproban en asemblea a fusión con "Hijos del partido judicial de Arzúa", pasando a denominarse "Centro del partido de Arzúa". Continúan cos fins agraristas pero tamén priman o apoio mutuo entre os socios: envían apoio moral, solidario e económico aos que no seu distrito natal loitan para a capacitación dos agricultores galegos; ademais sostén economicamente á sociedade de agricultores de Arzúa, a "Liga de Defensa para los derechos del pueblo y su progreso".
Xa nos anos 40 centran as súas actividades na axuda mutua dos asociados máis necesitados e en organizar diversas actividades recreativas para os socios.
Non temos constancia da data da súa desaparición pero na actualidade os emigrantes das comarcas de Arzúa e Terra de Melide, son socios do Centro Arzuano Mellidense, creado en 1935.

AE-AR-SocBan · Corporate body · 1909-03-20. Non existe na actualidade

Esta sociedade foi fundada por un grupo de emigrantes naturais das parroquias de Manduas, Moalde, Chapa, Piñeiro, Lamela e Cervaña, do concello pontevedrés de Silleda, que residían na República Arxentina. A idea foi iniciativa de Ramón Otero e José M. López, que convocaron os seus paisanos co obxectivo de «fundar en Bandeira una escuela laica teniendo en cuenta que no escapará a su clara inteligencia los múltiples beneficios que aportaría».
Na acta fundacional constan como socios fundadores, ademais dos xa mencionados, Manuel Otero, Manuel Carnota, Manuel Abades, Manuel Peña, Andrés Gamallo, Andrés Ouzande, José Lodeiro, Manuel Matos, Adolfo Calveiro, Ramiro Abades, Jesús Lodeiro, Benigno M. Viz, Manuel Camino e Rudesindo López, que foi elixido como primeiro presidente social.
Coa idea de difundir os seus propósitos, aprobouse a edición dun voceiro social chamado "Fomento de la Instrucción Gallega". Este serviu de canle de unión entre a sociedade e os seus veciños da Bandeira. Non só daba noticias das actividades sociais e de temas relacionados coa educación, sempre dende postulados progresistas e laicos, senón que tamén loitaba pola defensa do agrarismo e dunha política progresista na súa terra natal.
Para conseguir fondos organizaba festivais, banquetes e diversas subscricións e, por suposto, cobraba as cotas sociais. Estes fondos serviron para a compra dun soar e para a construción do edificio escolar. Isto non se levou a bo termo ata 1927, ano en que se mercaron uns terreos na parroquia de Manduas e, pouco despois, comezaron as obras da escola. As xestións para a construción da escola realizounas Luciano Folgar, representante da entidade na Bandeira. A entidade arxentina mandou nun primeiro momento 10 000 pesetas, cantidade que se foi incrementando ata as preto de 33 900 pesetas en que se presupostou o edificio.
A escola foi inaugurada en setembro de 1930 cunha matrícula de máis de 60 alumnos e alumnas naturais da Bandeira e das parroquias veciñas. Estaba dotada dunha ampla biblioteca e dispoñía de mobiliario e material educativo moderno enviado dende Arxentina, que causaba grande admiración na prensa da época.
A pesar do éxito no funcionamento da escola, en 1934 clausúranse as clases, pois coa chegada da República a sociedade consideraba que o labor que facía a prol da educación debía ser asumido polo Estado. O edificio pasou a converterse en sede da Casa do Pobo e Biblioteca Popular.
A entidade bonaerense seguiu a loitar pola cultura dos seus veciños e continuou mandando caixas cheas de libros de todo tipo de temáticas, aínda que prevalecían os temas relacionados coa agricultura e a gandaría.
Ademais, a sociedade sempre apoiou economicamente as iniciativas agraristas e de progreso na súa terra. Nos anos 40, durante a posguerra, tivo lugar a expropiación do edificio. É entón cando a sociedade renovou os estatutos e centrou a súa actuación na axuda mutua dos socios e nas actividades recreativas. Tamén cambiou de nome e pasou a denominarse Residentes de Bandeira en Buenos Aires.

AE-AR-SocCun · Corporate body · 1917-07-08 ata 1974, ano no que foi disolta

Esta sociedade instrutiva e mutulista foi creada en Bos Aires por un grupo de emigrantes naturais do concello pontevedrés de Cuntis. Dende a súa fundación organizaron diversos festivais e actos para recadar fondos para a construción de escolas na súa terra natal.
En 1924 merca un edificio en Cuntis para implantar a primeira escola financiada por esta sociedade, que financiou durante varios cursos. Sabemos tamén do envío de numerosas doazóns de material escolar para as escolas de Cuntis.
Esta entidade foi disolta en 1974.

AE-AR-SocPortas · Corporate body · 1943-07-25

Esta sociedade foi fundada polos veciños das parroquias de Briallos, Lantaño e Romai, do concello de Portas, residentes na Arxentina. Como se recolle no número 813 do xornal "Galicia" (1943), o propósito destes emigrantes era «vincularnos entre sí, en la República Argentina, a donde hemos venido en busca de un porvenir, en esta tierra generosa, que por su historia, tradición e idioma, está unida a nuestra España y al decir España dice Galicia, en el deseo de estimular a nuestros convecinos de aquella comarca, en donde tenemos la mayoría nuestros seres queridos [...]. Nos guía el propósito de darle a esta sociedad una elevación cultural y práctica, un mutualismo dentro de nuestros recursos».
A primeira comisión directiva estivo formada por José Silva, como presidente; Victorino Ares Barcala, vicepresidente; Manuel Rivas, secretario xeral; José Alfonso, secretario de actas; Manuel E. Vila, secretario auxiliar; Jesús Alfonso, tesoureiro; Olimpio Maquieira, protesoureiro; Amando Gándara e Amando Docampo, bibliotecarios; e como vogais: Peregrino Villaverde, Angel Vila Ares, Elías Gómez Alonso, José R. Carballo, José Cons, José B. Pena e Manuel Iglesias. Alfonso Rodríguez Castelao foi nomeado presidente honorario da entidade.
En 1949, comeza editar como voceiro social unha revista mensual que se chamaba "Portas".
A comezos de 1950, recibiu unha petición dos seus veciños en Galicia para que lle axudasen economicamente na construción dunha escola para os nenos da parroquia de Santa María de Portas. José Cascallar, socio da entidade, foi un dos promotores na recollida de cartos e, ademais, entregoulle á parroquia un soar da súa propiedade no lugar de Currás, onde se construíu o centro escolar. Os socios desta entidade conseguiron recadar unhas 6000 pesetas, que enviaron a Portas. O edificio foi inaugurado en 1954. Nos seguintes anos mandaron varias remesas de cartos e material escolar para esta escola e para o resto dos centros educativos do concello.

AE-AR-SocCar · Corporate body · 1936-05-24 ata a actualidade.

Esta sociedade recreativa e cultural foi creada por un grupo de emigrantes naturais do antigo concello de Carbia (hoxe chamado Vila de Cruces), residentes en Bos Aires.
A súa directiva fundacional estaba integrada por estes homes cos seguintes cargos: presidente, Ramiro Verde; vicepresidente, Ramón Chacón; secretario, José M. Lareo; tesoureiro, Manuel Chacón; e como vogais: Secundino Calveira, Manuel Vázquez, Benito Lorenzo, Perfecto Mazas, Antonio Salgueiro, Manuel Santander, Julio Brandariz e José Soto.
En 1970 aproba uns novos estatutos sociais no que especifica os seus fins: fomentar os vínculos de amizade e camaradería entre os socios; cultivar e difundir o espíritu da asociación; establecer relacións coas entidades que practican a axuda ao pobo galego ou se interesan polas diversas manifestacións da súa cultura; propender á cultura xeral, e preferentemente á divulgación do coñecemento da historia, a arte, a literatura, o comercio, a industria, e a economía de Galicia, en relación con eses mesmos temas de España en xeral; inculcar entre os seus asociados o amor ás institucións da nación arxentina, así como tamén o respecto ás súas leis, usos e costumes.
Como voceiro social edita unha revista denominada "Carbia".

AE-AR-SocCosp · Corporate body · 1926-04-01 ata 1938, ano no que se fusiona co Centro Villalbés, creándose unha nova entidade chamada "Centro Villalbés - Cospeito"

Esta sociedade foi fundada por emigrantes naturais do concello lucense de Cospeito residentes na capital arxentina, a maioría deles socios do Centro Villalbés. Descontentos co funcionamento deste centro, sobre todo no que atinxía á axuda mutua e á súa relación coa Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina, abandonan a entidade e deciden crear unha nova.
En 1926, liderados por Manuel Lis Puente, primeiro presidente social, e por José Prados, O. Lozano e Antonio Abelleira, fundan a sociedade Residentes del Ayuntamiento de Cospeito y sus contornos, que proclama nos seus estatutos un ambicioso programa cultural e social para a súa comarca natal.
No xornal da colectividade, «El Despertar Gallego», declaran o seu ideario: «(...) que los emigrados de América estamos obligados a propagar en el solar nativo los principios de la cooperación libre, agrupando a los trabajadores del agro en cooperativas de producción y consumo, libertándolos de la rapiña de tratantes y comerciantes deshonestos (...) debe crearse en Cospeito una granja de experimentación que sea a la vez escuela para párvulos y adultos (...)».
En 1928, o Comité Pro-escuelas en Rioaveso envíalles unha carta en que solicitan a súa axuda para a construción dunha casa-escola na parroquia, petición á que responden co envío de varias remesas de cartos.
Baixo o seu patrocinio tamén se creará unha escola mixa no lugar das Abelleiras, na parroquia de Santa Cristina.
En 1938, tras numerosas reunións, aproban a súa fusión co Centro Villalbés de Bos Aires e pasan a denominarse Centro Villalbés-Cospeito.