Identity area
Type of entity
Authorized form of name
Parallel form(s) of name
Standardized form(s) of name according to other rules
Other form(s) of name
FMSG
Identifiers for corporate bodies
Description area
Dates of existence
History
Esta asociación foi creada o 20 de abril como unha entidade federativa formada polas entidades máis destacadas da colectividade galega espallada polo mundo.
No seu Regulamento social deixan constancia da que fundan unha sociedade de carácter asistencial, cultural e benéfico-social, cos seguintes fins: estudar os problemas de tipo xeral que poidan plantexarse a todas as sociedades, centros e entidades, de calquera clase, que agrupen a galegos residentes fóra de Galicia; elaborar plans máis convintes encamiñados á solución dos seus problemas; promoción e fomento de relaciones cordiais de todas as sociedades, centros e entidades galegas, entre sí e cos organismos e entidades, públicos o privados, de calqueira rango ou xurisdicción; promoción e orientación na creación e funcionamento de novas sociedades galegas nas localidades donde se consideren de interese polo número de galegos alí residentes; convocatoria de Congresos para o estudo dos problemas que plantexe a nosa emigración; organización de seminarios técnicos, publicacións, simposios, concursos, etc.; organización e promoción de grupos folklóriocs, masas corais, grupos teatrais, visitas de conferenciantes, exposicións de arte dos propios emigrados, actuacións culturais, etc. entre os galegos de fóra de Galicia, facilitando o intercambio con outras actividades de igual tipo; participación -e organización de cursos de orientación, formación dirixidos aos emigrantes; relacionarse a nivel institucional cos organismos pertinentes para o cumprimento dos fins desta Federación; información ás sociedades, centros e entidades galegas sobre:
- evolución industrial, comercial e postos de traballo e outros aspectos de Galicia, en relación cos fins asistenciais, culturais ou benéfico-sociais propios da Federación
- particularidades da lexislación, como son: contratos de traballo, convenios de seguridade social, bolsas, intercambio cultural, campamentos xuvenís etc.
- beneficios aos que o emigrante poida acollerse e xestión, no seu caso, de todos aqueles que foran consecuencia de canto dispón o "Patronato de Protección al Trabajo" ou organismos similares.
Son fundadores desta entidade: Dende Arxentina: Fausto Álvarez y Álvarez, pola "Casa de Galicia" de Bos Aires; Eduardo Blanco-Amor e Francisco Fernández del Riego polo "Centro Gallego de Buenos Aires"; Eugenio López y López por "Hijos del Ayuntamiento de Maside"; Manuel Esperón Landín por "Hogar Gallego para Ancianos"; dende Brasil: Pascual Núñez Arca por "Casa de Galicia de Sâo Paulo"; dende Cuba: Juan Lado y Lado por "Hijos del Ayuntamiento de Sarria"; Luis Fernández Rodríguez por "Naturales de Ortigueira"; Antonio Alvarez y Alvarez e José Rodríguez Vázquez por "Sociedad Cultural Rosalía de Castro"; dende Chile: José Domínguez Diéguez e Leopoldo Fernández pola colectividade galega de Santiago de Chile; dende España: Matías González Chas, José Manuel Liaño Flores, polo concello da Coruña; Francisco Rodríguez Jijirey polo concello de Santiago; Miguel Pérez Fernández-Simán, pola "Casa de Galicia de Valladolid" e o "Centro Gallego de Salamanca"; Manuel R. García Martínez polo "Centro Gallego de Barcelona"; Antonio Vázquez Guillén, Fausto García Rodríguez, Alfonso Varela Canido polo "Centro Gallego de Madrid"; José Antonio López Martínez polo "Centro Gallego de Ponferrada"; Venancio Novo García, José Manuel Liaño Flores, Isabel Martínez Barbeito, Luis Sánchez Mosquera, Manuel García Berenguer, Logita Ponte Patiño, Ricardo Castro Caruncho, Manuel Figueirido Feal, Rodrigo Gómez Fernández; dende México: Vinicio Vilares Andión polo "Centro Gallego de México"; José Luís Méndez Ferrín e Jesús Alonso Montero polo "Padroado da Cultura Galega"; dende Uruguai: Rafael Castro Marrozos por "Alma Gallega de Montevideo"; José Torres Hermida e José Guerrero Misa pola "Casa de Galicia de Montevideo"; Rafael Castro Marrozos e Luís Sánchez Mosquera polo "Centro Gallego de Montevideo"; dende Venezuela: Jesús Cornide Pérez de "Hermandad Gallega de Caracas".
Places
Europa
España
Galicia
A Coruña
Legal status
Asociación civil de emigrantes
Functions, occupations and activities
Culturais e benéficas
Mandates/sources of authority
Internal structures/genealogy
General context
Relationships area
Related entity
Identifier of related entity
Category of relationship
Dates of relationship
Description of relationship
Related entity
Identifier of related entity
Category of relationship
Dates of relationship
Description of relationship
Access points area
Subject access points
Place access points
Occupations
Control area
Authority record identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation, revision and deletion
Creada por Adriana Cousillas o 12/06/2019
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin
Sources
Bases de datos do AEG