Área de identidad
Tipo de entidad
Forma autorizada del nombre
Forma(s) paralela(s) de nombre
Forma(s) normalizada del nombre, de acuerdo a otras reglas
Otra(s) forma(s) de nombre
Identificadores para instituciones
Área de descripción
Fechas de existencia
Historia
Sociedade fundada na Habana polos emigrantes da comarca de Ferrol o 14 de xuño de 1909; o xerme desta entidade é a creación da agrupación "Juventud Ferrolana" o ano 1908 para participar nos actos programados con motivo da visita do buque-escola "Nautilus".
En xullo do ano seguinte reúnense nos salóns do Centro Gallego, baixo a presidencia interina de Adelardo Novo, un numeroso grupo de ferroláns e naturais dos concellos de Serantes, Narón, Neda, Valdoviño, Moeche e San Sadurniño que acordan constituír a "Sociedad de Instrucción, Recreo y Beneficencia Ferrol y su Comarca". Destes ferroláns alí reunidos, saíron os primeiros directivos fundacionais: Dr. Fontenla Leal, José García, Juan Domínguez, Angel Campos, José Fernández, Francisco Castro, Amador Freire Galdo e Andrés Luaces. Ángel Velo Filgueira foi o seu primeiro presidente, Adelardo Novo vicepresidente e Guillermo Cedrón secretario.
O seu obxectivo principal era facer desaparecer o analfabetismo nos lugares das zonas referidas e establecer varios premios en metálico para os gandeiros que acudisen ao concurso de gando que anualmente se celebraba en Ferrol polas festas na honra do marqués de Amboage.
A súa actividade a prol do ensino relanzaríase tras a chegada de Cedrón Gómez á presidencia da entidade en xaneiro de 1911; durante esta etapa, crean varias delegacións en diferentes localidades da illa, como Sagua ou Batabanó. Como forma de financiación e tamén de hermanamento dos socios organizaban bailes, verbenas e veladas teatrais, como as representacións no teatro Politeama.
O 5 de xuño de 1923 foi inaugurada a escola de Moeche, construída pola Sociedade.
Outra das súas iniciativas foi a edición do "Boletín de Ferrol y su Comarca", como órgano oficial da sociedade. O primeiro número desta publicación sae á luz en febreiro de 1911 e con periodicidade variable, mantense polo menos ata maio de 1912, cando se interrompe pola publicación da revista "Pro-Galicia". Outra iniciativa foi a creación dun órgano de expresión propio das sociedades galegas de instrución como "Labor Gallega", que aparece en decembro de 1913 dirixida polo ferrolán Juan Vicente Martínez Quenlle.
Esta entidade participou nas campañas de reivindicación do Comité Antiforal de Teis e do Comité Redencionista, colaborou económicamente no sostén da Real Academia Gallega e fixo varias doazóns á agrupación musical ferrolá "Airiños da miña Terra" entre outras actividades na súa terra natal.
En 1952 inauguran no Cemiterio "Colón" o panteón da Sociedade.
O seu actual presidente é Domingo Regueiro Regueiro e moitas das súas actividades están centradas na consecución de axudas para os socios máis necesitados.
Lugares
América
Cuba
A Habana
Ferrol
Serantes
Narón
Neda
Valdoviño
Moeche
San Sadurniño
Estatuto jurídico
Asociación civil de emigrantes
Funciones, ocupaciones y actividades
Benéficas, instrutivas, culturais, recreativas
Mandatos/fuentes de autoridad
Estructura/genealogía interna
Contexto general
Área de relaciones
Área de puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
Profesiones
Área de control
Identificador de registro de autoridad
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación, revisión o eliminación
Revisada por Adriana Cousillas o 29/07/2019
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín
Fuentes
Bases de datos do AEG