O principal obxectivo do CDSG é participar, como axente activo, no proceso de normalización do idioma galego, propiciando o intercambio e difusión dos materiais xerados neste proceso e creando foros de debate e reflexión arredor da planificación lingüística en Galicia.
Como Arquivo de Planificación Lingüística, compilamos a documentación relacionada coa planificación tanto do galego como doutras linguas minorizadas con situacións sociolingüísticas semellantes á nosa. Como Centro de Documentación Sociolingüística, xestionamos a documentación e información que xera a planificación lingüística para que volva reverter nos diferentes axentes sociais implicados no proceso.
Estamos traballando na posta a disposición da Documentación especial do CDSG, que reúne mostras das valiosas iniciativas que conforman o noso patrimonio sociolingüístico. Podes atopar máis información aquí: https://consellodacultura.gal/paxina.php?id=8476
ES. GA 15078 ACCG CDSG
·
Agrupación de fondos