Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Coral galega Os Rumorosos

  • AE-AR-CorRu
  • Entidade colectiva
  • 1933-00-00. Non existe na actualidade

Esta agrupación artística foi creada por emigrantes galegos residentes na capital arxentina. Reúnense para ensaiar e organizar actuacións de música popular galega.
En xullo 1939 destaca pola súa actuación no festival na homenaxe que a colectividade galega de Bos Aires lle fai a Rosalía de Castro, con motivo do centenario do seu nacimento, no Teatro Avenida.
Esta entidade edita nos anos 30 a revista "Alalá", voceiro social.

Coordinadora Feminista de Vigo

  • Entidade colectiva
  • 1979-1992

Mulleres de diferentes organizacións e independentes xúntanse para crear esta plataforma no outono de 1979. A finais da década de 1980, está formada unicamente por Mulleres Independentes.

VÍNCULOS CON OUTRAS ORGANIZACIÓNS

  • Integrada en: Coordinadora Feminista Galega, Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español

  • Organizacións integrantes: Asociación Galega da Muller de Vigo, Asociación Democrática da Muller Galega, Movemento Democrático de Mulleres, Mulleres Independentes, Feministas Independentes Galegas.

  • Organizacións que apoian as súas actividades:

    • Feminismo: Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller Alecrín, Feministas Independentes Galegas, Movimiento Democrático da Muller, Mulheres Nacionalistas Galegas, Coordinadora Feminista Donicela
    • Sindicalismo: Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores, Confederación Xeral de Traballadores Galegos, Sindicato Galego de Traballadores do Ensino, Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos.
    • Políticas: Bloque Nacionalista Galego, Partido Comunista de Galicia, Unión do Pobo Galego, Partido Socialista Galego-Esquerda Galega, Movimento Comunista Galego, Mocedade Galega Revolucionaria, Liga Comunista Revolucionaria, Unión Comunista, Partido Socialista do Traballo, Esquerda Galega, Assembleia do Pobo Unido, Fronte Popular Galega, Galiza Ceibe
    • Xuvenis: Galiza Nova, Xoven Garda Revolucionaria.
    • Outras: Asociación de Veciños Cristo da Vitoria, A Revolta.

Conxunto artístico galego Breogán

  • AE-AR-CxBre
  • Entidade colectiva
  • 1967-03-31. Non existe na actualidade

Esta agrupación recreativa e cultural foi fundada por socios do Centro Gallego de Buenos Aires. A súa directiva fundacional estaba integrada por: Eduardo Sánchez Millares, como presidente; secretario, Higinio Espósito e Manuel García como tesoureiro.
Organiza numerosas actividades culturais para a colectividade galega asentada na capital arxentina.

Consello de Galiza

  • AE-AR-ConGa
  • Entidade colectiva
  • 1944-11-15

O Consello de Galiza foi un organismo político fundado en 1944 en Montevideo por catro diputados galeguistas no exilio, Castelao, Suárez Picallo, Alonso Ríos e Elpidio Villaverde.
Creouse oficialmente en Montevideo (Uruguai), porque as condicións políticas, que nese intre acontecían na Arxentina, non eran as axeitadas. Mais, en realidade, constituíse en Bos Aires, na casa do galeguista Manuel Puente.
O contexto da súa creación encádrase na última fase da II Guerra Mundial, na que aparece clara a hexemonía aliada. O derrubamento do réximes fascistas conlevaba tamén, con toda probabilidade, a caída de franquismo e a reinstauración da III República. Polo tanto, era preciso que as nacións periféricas do estado español elaborasen unha estratexia axeitada para a nova coxuntura que se presentaba. O goberno vasco reconstituírase en1942 en Estados Unidos, dirixido por José Antonio Aguirre, e en Londres creárase xa en 1940 o Consell Nacional Catalá, rexentado por Carles Pi Sunyer. Nesta coxuntura José Antonio Aguirre escribiulle unha carta a Castelao o 2 de marzo de1944, na que o animaba para constituír unha institución poltíca de Galiza no exilio, que representase a vontade do pobo galego.
Castelao trasladouse en maio de 1944 a Montevideo, onde residía Lois Tobío, avogado experto en dereito e diplomacia, para consultar con él o artellamento xurídico do futuro Consello, como un corpo de dirección política, integrado por catro diputados galeguistas para defender como fideicomisarios a vontade política de Galiza, expresada nas últimas eleccións republicanas e no plebiscito do estatuto galego, celebrado o 29 de xuño de 1936. Esta institución sería a salvagarda da vontade democrática, republicana e autonomista do pobo galego. O Consello equiparaba políticamente aos galegos cos vascos e cataláns para asinar a nivel de tres Gobernos o pacto de Galeuzca.

Consello da Cultura Galega

  • Entidade colectiva
  • (1983-)

O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía (artigo 32).

Resultados 1181 a 1200 de 1750