Política de privacidade

O Consello da Cultura Galega acada datos e información persoal ou colectiva respecto dos usuarios da súa páxina web institucional e do portal culturagalega.org de acordo coas seguintes prescricións, que garanten o cumprimento das disposicións legais aplicables e resultan adecuados, pertinentes e non excesivos respecto do seu ámbito e as finalidades determinadas e explícitas para as que se obteñen.

4.1.- Transmisión pasiva de información: A simple navegación polos dominios de titularidade do Consello da Cultura Galega proporciona á dita institución información maiormente estatística e absolutamente anónima, que non se refire a ningún usuario concreto nin identificable. A concreta información que se recada deste xeito é o nome do ISP (provedor do servizo de internet do usuario), a data e hora do acceso ao dominio do CCG e duración da conexión, a cantidade de usuarios que acceden á web e ao portal e ás distintas seccións destes, e os logs de enderezo electrónico desde o que procede o usuario que accede, no caso de que sexa un enlace desde outra web.

O Consello da Cultura Galega non emprega, polo de agora, sen que isto signifique a súa renuncia a facelo nun futuro se o estima necesario, dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais (cookies).

4.2.- Transmisión activa da información por parte dos usuarios: Determinados actos de participación dos usuarios nos contidos de culturagalega.org e consellodacultura.org implican a necesidade de cesión ao CCG de determinados datos persoais, que se concreta mediante a utilización de formularios. Os datos recollidos serán empregados polo Consello da Cultura Galega de acordo coa finalidade concreta con que se recollen e se menciona no propio formulario, ademais do seu tratamento con fins estatísticos. O carácter facultativo ou obrigatorio das respostas indícase cun asterisco, e as consecuencias da negativa a facilitar os datos obrigatorios circunscríbese á imposibilidade, de ser o caso, de acceder ao servizo solicitado.

Os usuarios aceptan que os datos persoais proporcionados ao CCG no momento do seu rexistro ou calquera outro facilitado para o seu acceso a servizos dos dominios culturagalega.org e consellodacultura.org, como son a inscrición en boletíns de novidades, solicitude de consultas e suxestións, acceso a arquivos, listas de distribución, foros e calquera outro de similar natureza, sexan incorporados a ficheiros titularidade do Consello da Cultura Galega, coa finalidade de facilitar a prestación dos servizos solicitados, a correcta identificación dos usuarios que os solicitan cando é necesario, para fins estatísticos, para a xestión de tarefas de administración e para mantelo informado, ben por correo electrónico ben por calquera outro medio, de novidades e servizos nos citados dominios ou naqueles que o Consello estime que poden resultar do interese do usuario. Os ficheiros de datos do Consello da Cultura Galega respectan as medidas de seguridade previstas nos artigos 8 ao 14 do Real decreto 994/1999, do 11 de xuño.

As empresas e profesionais que remiten os seus datos e producións para ser incluídos no portal culturagalega.org, atendendo aos fins de promoción, difusión e publicación dos produtos da industria cultural galega, quedan excluídos desta cláusula de privacidade. O Consello da Cultura Galega non se responsabiliza da utilización que os subscritores e terceiros poidan facer respecto das producións que se inclúan no soportal.

En calquera momento, os usuarios poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude para o efecto, que deberá dirixirse á Xerencia do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar 15705 Santiago de Compostela, ou ben aos enderezos electrónicos director@culturagalega.org e correo@consellodacultura.gal.