Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

  • AE-CU-Puent
  • Entidade colectiva
  • 1911-10-08 ata a actualidade

A sociedade "Puentedeume y su partido judicial" foi creada na cidade da Habana o 8 de octubre de 1911, polos veciños deste concello coruñés residentes na Habana, coa finalidade de prestar auxilio aos seus asociados nos casos de enfermidade, carencia de recursos ou de traballo, e por inutilidade física e organizar actos de recreo, non só para lecer dos socios senón tamén para recadar fondos co propósito de dar cumprimento aos fins sociais.

No ano 1920 fundouse a sociedade "Naturales de Puentedeume y su partido" por un grupo de socios disidentes desta entidade, que querían centrar a súa finalidade en actividades recreativas e de tipo benéfico. A directiva fundacional foi constituída por: presidente, Juan José Roberes; vicepresidente, Emilio Varela; secretario, Juan Fraga; vicesecretario, Ramón Anca; tesoureiro, Celestino Veiga; vicetesoureiro, José A. Lourido; vocais: Francisco Anca, Ramón Tenreiro, José Varela, Eduardo Piñeiro, Juan Vázquez, Antonio Porta, Nicolás Pardo, Manuel Vázquez. Os seus obxetivos estaban relacionados con actividades recreativas e de tipo benéfico.

Actualmente ambas sociedades constitúen unha soa e desde 1997 está presidida por José Francisco Borges López.

A entidade forma parte da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" (FSEC), da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba" (FSGC) y da "Coordinadora de las Sociedades Comarcales en Cuba".

Promoción de la Cultura Gallega

  • AE-SU-PrCG
  • Entidade colectiva
  • 1987-09-21 ata a actualidade

Nunha reunion celebrada na Casa de España de Lausanne o 21 de setembro do 1987, formada por dez persoas (todas de orixe galego) “amantes de la cultura histórica y folclórica de Galicia”, acordaron constituír unha asociación cultural galega a que denominaron Promoción da Cultura Galega. Neste primeiro momento, e ata ter confeccionados os seus Estatutos, acordaron adoptar os da sociedade “A Nosa Galiza de Xenevra” coas as modificacións oportunas.

Os seus obxectivos e finalidade están reflectidos nos seus Estatutos, redactados en castelán:

  • "Promover a unión dos galegos en torno os ideais e valores propios de Galicia.
  • Defender e desenrolar o idioma galego.
  • Desenrolar actividades culturais, artísticas e recreativas.
  • Promover as relacións con outros centros e asociacións da Suíza e de outros países".

Desde finais de 1988 contan con local propio.

Organizan cursos de galego. Contan co grupo de danzas, coral e grupo de gaitas "Promoción da Cultura Galega" e grupo de teatro, editan o boletín "Amanecer" e organizan conferencias e concursos.

Formou parte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS).

Promoción da Cultura Galega

  • AE-SU-PCGal
  • Entidade colectiva
  • 1975-01-01 ata a actualidade

Foi creada no 1975 por unha ducia de socios.

Tratase dunha asociación sen fins de lucro, cuxos obxectivos aparecen reflexados nos seus Estatutos, aprobados en maio de 1985 e redactados en galego:

  • Xuntar a os galegos de Zürich e comarca.
  • Desenrolar actividades culturais, deportivas, folclóricas e de recreo.
  • Divulgar as costumes e a cultura galegas.

No ano 1980 puxeron en marcha o Grupo de Danzas e Gaitas “Retrincos”. En 1983 fundaron un grupo vocal de cantigas enxebres e a “Charanga Fiadeiro”. En 1987 crearon o grupo de teatro galego "Compañía de Teatro Cultura Galega" e tamén un conxunto de música-moderna, chamado “Galegos”. En 1988 o equipo de fútbol Celta de Zürich integrouse na sociedade.

Publican o Boletín "Promoción de Cultura Galega de Zürich", celebran o Día das Letras Galegas, o Entroido e o Día da Patria Galega, organizan torneos de fútbol e maratóns.

Formou parte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS).

Progreso de Lousada

  • AE-CU-PrLou
  • Entidade colectiva
  • 1916-01-30 ata 1957-07-08

Sociedade fundada na cidade da Habana por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, concello de Xermade (Lugo). O seu primeiro presidente foi José García Castro.
Dende a súa fundación terá como principal obxectivo fomentar e soster a instrución gratuíta na súa parroquia natal. Para levar adiante esta finalidade, a entidade patrocinaría unha escola de ensino primario para ambos os sexos; a sociedade non descartaba ampliar os seus obxectivos cara ao ensino secundario se as circunstancias o esixían. Os seus esforzos víronse coroados pola construción da escola do Pazo, que se inaugurou en 1918.
Ademais, a sociedade dotou aos agricultores da parroquia de Lousada de moderna maquinaria debulladora de cereais.
A renovación dos seus estatutos en 1931 supón que os seus obxectivos e o seu nome cambien, pasará a chamarse Progreso de Lousada. Sociedad Cultural y de Socorros Mutuos, e terá como principal finalidade fomentar a cultura e o progreso moral e material entre os habitantes da parroquia de Lousada; non se esquece dos seus fins instrutivos e especifica que coidará do ensino primario no seu distrito, ademais de implantar novos métodos na agricultura en xeral en Xermade. Foron obxectivos tamén establecer un fondo de socorros mutuos entre os asociados e emprestar protección aos naturais daquela localidade que cheguen á illa de Cuba como emigrantes, auxiliándoos en todo o posible.
Colabora en numerosas melloras para a súa vila, contribuíndo con importantes cantidades de cartos para a construción dunha estrada ou o tendido de electricidade e de teléfono do concello.
A súa andaina remata o 29 de maio de 1957, data en que aproba por unanimidade a súa fusión coa de Hijos de Roupar, que tiña os mesmos fins. Pasa a ser unha nova sociedade que recibe o nome de Roupar y Losada, que continúa a existir na actualidade.

Resultados 381 a 400 de 1750