Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Progreso de Lanzós

  • AE-CU-PrLanz
  • Entidade colectiva
  • 1913-04-01 ata a actualidade

Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.

Resultados 401 a 420 de 1750