Amosando 1750 resultados

Rexistro de autoridade

Grupo Galego de Aarau

  • AE-SU-GGAa
  • Entidade colectiva
  • 1975-05-04 ata a actualidade

Esta sociedade recreativa e cultural foi fundada en 1975 por un grupo de emigrantes galegos residentes na localidade suíza de Aarau coa finalidade de que os socios contasen cunha sede onde reunirse e onde poder afirmar e extender os seus valores nacionais galegos.

Nos seus Estatutos sociais, redactados en galego, destacan os seus fins: lograr o desenrolo de todos os medios posibeís no senso da afirmación da lingua, da arte e da cultura do pobo galego, así como dos seus valores nacionais; axuda e apoio moral e social aos galegos da zona de Aarau, especialmente aos asociados, na resolución dos problemas que estes atopen na súa condición de emigrantes; desenvolvemento de actividades culturais, deportivas (...).

No seu local social contan con biblioteca, adicada a Eduardo Blanco Amor.

No ano 1983 fundaron un grupo folclórico de danza e música galegas "Anduriñas dos Alpes" co que participan en numerosas actividades culturais e lúdicas como a celebración de festas do aniversario social, o Día das Letras Galegas, o Día da Patria Galega, o Día do emigrante, festas navideñas, etc. Dende 1984 publican a revista "Enxebre" como voceiro da entidade. Contan con tres equipos de fútbol que participan en diversos torneos.

Formou parte da Federación de Sociedades Galegas na Suíza (FSGS).

Grupo folklórico Airiños da Terra

  • AE-HO-GAiri
  • Entidade colectiva
  • 1983-10-09 ata a actualidade

A asociación foi creada en outubro de 1983 por un grupo de galegos residentes en Rotterdam. A idea orixinal era a de agrupar nela a tódolos galegos, españois e “simpatizantes” das costumes, cultura e folclore galego. A inauguración oficial tivo lugar o 16 de xuño de 1984.

Os seus primeiros Estatutos, redactados en castelán, datan do 20/12/1983. No artigo nº 2 indica que ten como finalidades:

  • Organizar excursións, charlas informativas, coloquios e lecturas.
  • Proxectar películas e diapositivas de carácter informativo.
  • Promover a formación de grupos teatrais e folclóricos.
  • Organizar toda crase de actividades e acontecementos para os seus socios.

Conta cun grupo de danzas, Airiños da Terra, e cun grupo de gaitas, Irmáns Bellón, fundados en 1984. Imparten clases de música e gaita e organizan conferencias e lecturas de temática galega.

O idioma oficial da asociación é o galego “sin perjuicio que toda aquella persona que no hable esta lengua, pueda hacerlo en la suya propia” (art. 3).

Grupo Cultural Galicia en Madrid GRUGALMA

  • AE-ES-GRUGALMA
  • Entidade colectiva
  • 1983-04-02 ata a actualidade

Constituíuse legalmente como asociación en 1983 coa finalidade de dar a coñecer a cultura galega con maiúscula, máis alá dos tópicos. Dende os primeiros momentos esta asociación contou co apoio de boa parte da intelectualidade galega, de entre os que destaca Filgueira Valverde.

A sociedade organiza anualmente dúas actividades culturais; unhas xornadas de cultura monográficas que se celebran primeiro en Madrid (en xuño) e logo na Coruña (en xullo) e a edición da Revista "Galicia en Madrid", de periodicidade irregular e que sufriu cambios na súa liña editorial desde a súa aparición. Comezou sendo informativa porque nos primeiros momentos non había prensa galega. Sen embargo, coa aparición de novas revistas e periódicos de corte informativa, decidiron facela monográfica, aproveitando as liñas temáticas das xornadas culturais.

A finalidade da sociedade é promover actos e estudos sobre a cultura galega.

Resultados 861 a 880 de 1750