Amosando 181 resultados

Rexistro de autoridade
Persoa

Lugrís Pérez, Ramón (1932-2015)

  • Persoa
  • 1932- 2 de decembro de 2015

Nacido en Ferrol en 1932, nunha familia republicana, o seu pai e mais o seu tío sufriron represión económica e persoal na posguerra. Ao rematar a Guerra Civil trasladouse a Santiago de Compostela (1939), dado que o pai traballaba como comercial en El Correo Gallego e a cabeceira trasladárase de Ferrol a Santiago. Fixo o ensino primario e o bacharelato en Compostela e preparou o acceso á Universidade con Francisco Río Barxa. Estudou en Barcelona cunha bolsa de El Correo Gallegoonde compaxinou os estudos co taballo de lector de prensa internacional. En Compostela contactou co parladoiro do Derby, onde coñeceu a Ramón Otero Pedrayo, Manuel Beiras, Ramón Piñeiro, Xosé Mosquera Pérez, Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Borobó e Ramón Cabanillas. En 1957 marchou traballar a Londres na redacción da sección española da BBC. Posteriormente, traballaría como tradutor na secretaría Xeral da ONU. Desde América participou na fundación do Partido Socialista Galego en 1963. En 1965 deixa a ONU para incorporarse como tradutor á Organización Mundial do Café, en Londres. En 1969 regresa a España, incorporándose á axencia de noticias oficial EFE. Posteriormente transladouse a Brasil e, tras un ano de estadía en Río de Xaneiro, abandonou definitivamente o xornalismo para dedicarse á tradución. Ao retirarse viviu entre Madrid, Londes e Ciudad Real. Colaborou na revista Grial e mais co IGADI.

Resultados 81 a 100 de 181