América

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Termos equivalentes

América

Termos asociados

América

1873 Descrición arquivística resultados para América

1286 resultados directamente relacionados Exclude narrower terms

Manifesto da "Junta Democrática de España"

Folleto que incorpora o Manifesto da "Junta Democrática de España" e invita a tomar parte nunha xornada para a fundación da "Junta Democrática Gallega", conservado en formato papel.

Junta Democrática de Galicia en Caracas

Manifesto a favor da construcción dunha escola e biblioteca

Folleto titulado "Manifiesto a los socios de esta entidad, conterráneos y simpatizante (sic)" instando a suscribir a causa en favor da construcción dunha escola e biblioteca popular no distrito de Porriño, conservado en formato dixital.

Unión agraria parroquias unidas del distrito de Porriño

Manifesto

Manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega

Conxunto artístico galego Breogán

Lux : Órgano de la Sociedad Pro Escuela en Bandeira

Esta publicación é a continuación do xornal «Fomento de la Instrucción Gallega», editadas ambas as dúas pola sociedade Pro-Escuela en Bandeira, como órgano oficial da entidade para informar sobre o labor societario e ao mesmo tempo achegar aos socios as novas da localidade natal e de Galicia. Conta con colaboración literarias e divulgativas de carácter pedagóxico.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

-1913: n. 1

Sociedad pro-escuelas en Bandeira

Lume novo

Este fondo consta da seguinte documentación en formato papel:

  • Folleto sobre exposición de artesanía e postais galegas
  • 4 convites
  • Boletín "Lume novo"

Lume novo

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Lugo : Órgano oficial del "Centro Lucense" de Buenos Aires

Esta publicación foi editada como voceiro do Centro Lucense para informar das actividades sociais e culturais realizadas por esta entidade e doutros asuntos do seu interese (datos das comisións directivas, ingresos de socios, memorias sociais, balances económicos, etc.). Tamén contén noticias da colectividade emigrada en xeral, da actualidade galega, principalmente lucense, e artigos que abordan diversos temas xeográficos, históricos e culturais da súa provincia de referencia.

Números conservados en microfilme:

1943: n. 1-8
1944: n. 9-20
1945: n. 21-31
1946: n. 32-43
1947: n. 44-54
1948: n. 55-66
1949: n. 67-78
1950: n. 79-90
1951: n. 91-102
1952: n. 103-114
1953: n. 115-126
1954: n. 127-138
1955: n. 139-150
1956: n. 151-162
1957: n. 163-174
1958: n. 175-186
1959: n. 187-198
1960: n. 199-210
1961: n. 211-221
1962: n. 222, 224-231, 233
1963: n. 234-245
1964: n. 246-257
1965: n. 258-269
1966: n. 270-281
1967: n. 282-293
1968: n. 294-300

Centro Lucense de Buenos Aires

Lonxe da Terriña

Revista societaria editada por "Lar Gallego de Chile".

Números conservados en formato papel:

1991: n. 2
1995: n. 6
1997: n. 8
1998: n. 9
2000: n. 11
2001: n. 12
2002: n. 13
2003: n. 14
2004
2009: n. 19
2010: n. 20

Número conservado en formato facsímil ou dixital:

2015: n. 25

Lar Gallego de Chile

Loita : Movimento Galego de Liberdade Nacional

Esta publicación de carácter político, xa desde o seu primeiro número, amosa o seu ideario, cun manifesto ao pobo no que se reclama o recoñecemento de Galicia como nación, defendendo o labor político nacionalista, sobre todo o realizado alén mar, describindo as actividades realizadas en Bos Aires en pro destas ideas. Igualmente aparecen artigos sobre Galicia, criticando a súa situación política e económica.

Números conservados en papel:

Fotocopia:

1959: n. 1

Orixinal:

1959: n. 2

Hijos de Ois de ayuda mutua

Listaxes e solicitudes de socios

Documentación da sociedade "Unión Villalbesa y su Comarca" relativa ao rexistro de socios, conservada en formato dixital:

  • 2 solicitudes de inscrición realizadas o 01/05/1957
  • Listaxes de socios dos anos 1970-1976

Monterroso y Antas de Ulla

Listaxes de socios

Listaxes de socios do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservados en formato papel (fotocopias):

  • Listaxe manuscrita de 488 socios (13 páxinas)
  • Listaxe mecanoscrita de 487 socios do día 25/03/1996 (7 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Listaxes de socios

Listaxes de socios da sociedade conservadas en formato papel (fotocopias):

  • Listaxe de 1908-1909
  • Listaxe de 1917
  • Listaxe de 1921
  • Listaxe de 1922
  • Listaxe de 1927
  • Listaxe de 1928
  • Listaxe de 1930
  • Listaxe de 1933

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Listaxe de socios fundadores

Listaxe de socios fundadores da sociedade "El Valle de Oro", conservada en formato dixital:

  • Listaxe do ano 1907 (9 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Listaxe de socios do ano 1937

Listaxe de socios da "Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro" (6 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.

Sociedad cultural hijos de las tres parroquias de Dodro

Listaxe de socios

Listaxe de socios da "Sociedad Hijos de Lestrove" (3 páxinas) conservada en PDF e en microfilme. Manuscrito datado o 19 de xuño de 1943 e asinado polo secretario social, Ramón Mourelle

Sociedad hijos de Lestrove

Resultados 481 a 500 de 1873