Casa de Espanha de Porto Alegre

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Casa de Espanha de Porto Alegre

Forma(s) paralea(s) do nome

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • Relacionar con: Centro Espanhol de Porto Alegre (1994)

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1953/05/24 ata 1994, ano da súa fusión coa "Sociedad Espanhola de socorros mutuos de Porto Alegre", dando lugar ao actual "Centro Espanhol de Porto Alegre"

Historia

Esta entidade foi fundada por un grupo de españois, ex-socios da "Sociedade Espanhola de socorros mutuos de Porto Alegre", que decidiron constituír un grupo ao que chamaron "Grupo de amizade 12 de outubro". Eran contrarios á marcha desta entidade, con profundas disensións políticas e mesmo da actuación da entidade que segundo eles perdera "o seu carácter mutualista e hispanista". Este grupo nunca tivo carácter asociativo nin xurídico pero foi o xérmolo dunha nova entidade.
Tras realizar varias festas e banquetes foi cundindo a idea de crear unha nova sociedade que defendera aos emigrantes españois e espallase a cultura española na sociedade brasileira. Esta idea foi apoiada activamente dende o consulado español en Porto Alegre (que tiña moi mala relación coa Sociedade española de socorros mutuos) quen desexaba manter a vinculación dos emigrantes españois co estado español, e a nova sociedade lles serviría de canle para informar dos proxectos e leis que afectase á colectividade.
A directiva fundacional estaba integrada por Juan Quintana Ros, primeiro presidente; Miguel Vázquez Valiño, secreatrio; José Esteve Vila, tesoureiro e como vogais: Victor Braña Rivas, Alejandro Buxeda Gutiérrez, Julio Comesaña Alonso, Pedro Díaz Marco, Celestino Rey Garrido, Laureano Pratas García e Feliciano Veiga Vieites.
Creouse como unha entidade recreativa, co fin prioritario de difusión cultural e estreitamento dos lazos de unión e amistade entre os españois alí asentados.
En 1959 aproban unha reforma nos estatutos nos que tamén se contempla o labor asistencial para os socios e a necesidade de conseguir unha sede social propia.
Tras unha longa traxectoria en 1994, os socios aproban en asemblea xeral a súa fusión coa "Sociedade Espanhola de socorros mutuos de Porto Alegre" e pasan a denominarse como "Centro Espanhol de Porto Alegre", que actualmente continúa a traballar na difusión da cultura española no Brasil e a asistencia mutual entre os seus socios.

Lugares

América
Brasil
Porto Alegre

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Recreativas, culturais e asistenciais

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Sociedade espanhola de socorros mútuos de Porto Alegre (1893-08-01 ata 1994, ano no que se fusiona coa "Casa de Espanha de Porto Alegre", dando lugar a unha nova entidade chamada "Centro Espanhol de Porto Alegre")

Identificador da entidade relacionada

AE-BR-SEPor

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1994

Descrición da relación

Fusión de ambas entidades para crear o Centro Espanhol de Porto Alegre

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-BR-CaEPor

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Bases de datos do AEG

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados