Emigración galega

Taxonomy

Code

Scope note(s)

Source note(s)

Display note(s)

Hierarchical terms

Emigración galega

Equivalent terms

Emigración galega

Associated terms

Emigración galega

1654 Archival description results for Emigración galega

1654 results directly related Exclude narrower terms

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios da sociedade "Club Navia de Suarna", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro dende o ano 1945, con fotografías de cada asociado: só dixitalizados algúns exemplos (5 páxinas)
  • Libro de rexistro dende 1960 ata 1972 (139 páxinas)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Libros de caixa

Libros de caixa da sociedade "Club Navia de Suarna", conservados en formato dixital:

  • Libro de caixa dende o 09/11/1918 ata 01/1921 (31 páxinas)
  • Libro de caixa de Secretaría dende 11/1918 ata 09/1923: so dixitalizado ata 01/1922 (43 páxinas)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Recibo

Recibo de cobro da sociedade "Club Navia de Suarna" ao socio Teolindo López Arias, conservado en formato dixital.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Memoria social

Memoria social da sociedade "Club Navia de Suarna", que comprende dende 1928 ata 1939, e inclúe directivas e fotografías dos membros (72 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Regulamento

Regulamento da "Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol" aprobado o 18/04/1951 en Xunta Xeral Extraordinaria, conservado en formato papel (48 páxinas).

Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol

Hijos de San Miguel y Reinante

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital e impreso:

Estatutos reformados (1951)
Regulamento da sociedade e regulamento da escola (1918)
Memoria do ano 1927

Conservada en formato dixital:

Fotografía da Escola de San Miguel de Reinante

Hijos de San Miguel y Reinante

Estatutos

Estatutos da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Hijos de San Miguel y Reinante" aprobados o 15/05/1951 (27 páxinas), conservados en formato dixital e impresos de maneira incompleta.

Hijos de San Miguel y Reinante

Memoria do ano 1927

Memoria dos traballos realizados pola Directiva da sociedade "Hijos de San Miguel y Reinante" durante o ano 1927 (16 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.

Hijos de San Miguel y Reinante

Estatutos

Estatutos xerais e Regulamento do retiro social da sociedade "El Valle de Lemos" (1953), conservados incompletos en formato dixital e impreso.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Permisos para emigrar

Certificados de soltería e permisos para emigrar á cidade de A Habana de 1915 e 1919, conservados en formato dixital.

El Valle de Lemos, Sociedad de instrucción, protección y recreo

Listaxe de socios

Listaxe de socios da sociedade "Hijos de Lorenzana" nacidos en Galicia (2004), conservada en formato dixital.

Hijos de Lorenzana, Sociedad de Beneficencia y Cultura

Xornal d'a Nosa Galiza

Revista societaria que no seu editorial proclama "a percura do millor galego esquirto que nos sexa posible é unha das preocupazóns dos que redaitamos iste xornal". Consta de varias seccións: "Literatura" con biografías de autores galegos recoñecidos, informacións sobre libros e tamén sobre teatro e poesía; "economía" sobre a situación actual de Galicia; a vida societaria, directivas, o balance económico da entidade e as actividades organizadas para os socios; ademais hai artigos sobre temas que poden interesar aos socios e a colectividade emigrada, reproducións de artigos publicados na prensa galega, debuxos de Castelao, etc.

Número conservado en formato papel:

1970: n. 2

Sociedade "A Nosa Galiza"

Revista de A Nosa Galiza

Este xornal é continuador da revista «A Nosa Galicia» e posteriormente cambia de novo de título, pasando a denominarse «Revista da Sociedade Galega A Nosa Galiza». Foi creada pola sociedade do mesmo nome para informar aos seus socios sobre as súas actividades e diversos temas de interese para a colectividade galega emigrada de Xenebra.

Números conservados en formato papel:

1988: marzal
1990: maio

Sociedade "A Nosa Galiza"

Enquisas

Enquisas enviadas ao Consello da Cultura Galega pola Irmandade Galega na Suiza, conservadas en formato papel:

  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (21/12/1996)
  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo" e sobre (02/12/1998)

Irmandade Galega na Suiza

Tarxetas postais

Tarxetas postais enviadas pola Irmandade Galega na Suiza para felicitar as festas navideñas, conservadas en formato papel:

  • Tarxeta enviada en 1987 para felicitar o ano novo 1988
  • Tarxeta sen datar

Irmandade Galega na Suiza

Carteis de "Historia de Galicia"

Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:

  • Tamaño 300 x 214 mm
  • Tamaño 423 x 300 mm

Irmandade Galega na Suiza

Documentos das Xornadas Galegas

Documentos das Xornadas Galegas organizadas pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:

  • "Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín, editada pola Irmandade Galega na Suiza co gallo das Xornadas Galegas de Xenebra de maio de 1974
  • Programa das IIª Xornadas de 1974

Irmandade Galega na Suiza

Results 201 to 220 of 1654