España

Taxonomy

Code

Scope note(s)

Source note(s)

Display note(s)

Equivalent terms

España

Associated terms

España

24 Archival description results for España

Only results directly related

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Unibero : Boletim Informativo

Este boletín informativo está editado para informar aos alumnos dos cursos aos que poden matricularse e da organización dunha viaxe cultural e educativa a España; ademais comenta as diversas actividades do Departamento de Español da IBERO, artigos sobre temas de interese para os seus estudiantes, entrevistas a profesores sobre as súas investigacións, traballos literarios, etc.

Números conservados en formato papel:

1998: n. 41, 43, 45, 45 (n. especial)

Centro hispano-brasileiro de cultura

Boletín Informativo IHSP Unibero España

Este boletín está editado polo Centro Universitario Iberoamericano para informar aos seus alumnos das actividades que se organizan e neste número en concreto, da viaxe realizada polos seus alumnos a España, dos cursos que poden realizar, etc.

Número conservado en formato papel:

2000: n. 5

Centro hispano-brasileiro de cultura

Folleto co programa de actividades

Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.

Casa de Espanha de Rio de Janeiro

Programa cultural

Programa cultural cos actos organizados polo "Centro Gallego de Madrid" para abril de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Madrid

Enquisas

Enquisas enviadas pola "Casa de Galicia en Córdoba" ao Arquivo da Emigración Galega:

  • "Fontes documentais das sociedades galegas" (tamaño A4)
  • "Censo cultural, Medios de comunicación" (150 x 214 mm)
  • "Censo cultural, Entidades" (150 x 214 mm)

Casa de Galicia en Córdoba

Programas dos "Días de Galicia en Córdoba"

Programas de actividades organizadas pola "Casa de Galicia en Córdoba" para celebrar o Día de Galicia en Córdoba:

  • 1 tríptico (1990) (220 x 105 mm)
  • 1 tríptico (1990) (213 x 97 mm)
  • 1 cartaz da 8º edición (1994) (tamaño A4)

Casa de Galicia en Córdoba

Guía cultural

Guía cultural editada pola Área de Cultura do Concello de Córdoba no que participa a "Casa de Galicia en Córdoba", entre outras institucións, conservada en formato papel.

Casa de Galicia en Córdoba

Folletos do Certame de Poesía Rosalía de Castro

Trípticos editados pola "Casa de Galicia en Córdoba" para dar difusión ao Certame de Poesía Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • 2º certame (1992)
  • 4º certame (1994)
  • 5º certame (1995)
  • 6º certame (1996)

Folleto editado pola "Casa de Galicia en Córdoba" co poemario "Yesca" de José A. Ramírez Lozano, premio Rosalía de Castro (44 páxinas, 1991)

Casa de Galicia en Córdoba

Folleto "Fotógrafos en la Posada del Potro"

Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)

Casa de Galicia en Córdoba

Folletos do Aniversario da Casa de Galicia

Folletos editados polas entidades CajaSur e "Casa de Galicia en Córdoba" con ocasión do 10º aniversario societario, conservados en formato papel:

  • Tríptico con información sobre o Certame xuvenil de poesía, pintura e fotografía CajaSur - Casa de Galicia
  • Convite co programa do Acto Poético celebrado o 18/10/1996

Casa de Galicia en Córdoba

Folletos sobre I Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles

Publicacións sobre o 1º Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles, organizado pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebrado en Salamanca os días 9 a 11 de setembro de 1988, conservados en formato papel:

  • Programa (19 páxinas)
  • Proxecto de Ponencias (78 páxinas)

Federación española de casas regionales y provinciales

Folleto sobre as VII xornadas culturais

Folleto sobre as VII xornadas culturais Federación de Casas Regionales en la Comunidad Foral de Navarra, organizadas pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebradas en Pamplona os días 7 a 15 de outubro de 1995, conservado en formato papel (24 páxinas).

Federación española de casas regionales y provinciales

Results 1 to 20 of 24