Federación agraria residentes del distrito de la Estrada

Área de identidade

Tipo de entidade

Entidade colectiva

Forma(s) autorizada(s) do nome

Federación agraria residentes del distrito de la Estrada

Forma(s) paralea(s) do nome

  • Federación agraria de la Estrada
  • Federación agraria, comité de residentes del distrito de la Estrada en Buenos Aires

Forma(s) normalizada do nome, dacordo a outras regras

Outra(s) forma(s) de nome

  • Relacionar con: Centro cultural del partido de la Estrada

Identificadores para institucións

Área de descrición

Datas de existencia

1915-02-28 ata 1943-10-23, ano da súa fusión coa "Unión Estradense", dando lugar a unha nova entidade, o "Centro cultural del partido de la Estrada"

Historia

Esta sociedade de emigrantes estradenses residentes en Bos Aires, foi fundada coa finalidade de conseguir fondos para a construción dun edificio na vila da Estrada, que sería a sede da Federación agraria da Estrada. Ademais tiñan como obxectivo prioritario loitar a prol do agrarismo e da instrución na súa terra natal. Entre os seus promotores estaban os agraristas Francisco Miguens Rey, presidente social en varios períodos, José Verde Limeses, José M. Abraira e Andrés Camiño.
En 1919 conseguen construír un edificio na rúa Lima, da capital bonaerense, onde se radicou a súa sede social, que contaba con varias oficiñas para xestionar unha bolsa de traballo que ofertar aos socios, ademais dun consultorio xurídico en caso de necesidade. Crea tamén unha escola nocturna para os socios e unha biblioteca social.
Organizaba diversas actividades para conseguir fondos que enviar á súa terra natal para a construción ou mantemento das escolas creadas na súa vila; tamén para axudar economicamente a diversas causas agraristas e anticaciquís, na defensa do campesiñado.
En 1922, prepara un gran festival artístico e danzante a beneficio da casa-escola que se está a construír na parroquia de Loimil (A Estrada). Na década dos anos 20 mandan a súa terra diversas axudas económicas para a construción e mantemento das escolas de Olives, Paradela-Barbude, Arnois, ademais da xa citada de Loimil..
En 1920, promoven a publicación dun voceiro social baixo o título de "La Libertad".
O 23 de outubro de 1943 apróbase a fusión das sociedades "Federación agraria de la Estrada" e "Unión Estrandese", creando unha nova entidade baixo a denominación "Centro cultural del partido de la Estrada".

Lugares

América
Arxentina
Bos Aires
A Estrada
Olives
Loimil
Paradela-Barbude
Arnois

Estatuto xurídico

Asociación civil de emigrantes

Funcións, ocupacións e actividades

Agraristas, instrutivas e recreativas.

Mandatos/fontes de autoridade

Estructura/xenealoxía interna

Contexto xeral

Área de relacións

Entidade relacionada

Centro cultural del partido de La Estrada (1943-10-23 ata a actualidade)

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-CPEst

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1943-10-23

Descrición da relación

Fusión coa entidade Unión Estradense que deu lugar a esta nova entidade

Entidade relacionada

Unión estradense (1926-05-09 ata 1943, ano no que se fusiona coa "Federación agraria residentes del distrito de la Estrada", creando unha nova entidade chamada "Centro cultural del partido de la Estrada")

Identificador da entidade relacionada

AE-AR-SocEst

Categoría da relación

asociativo

Datas da relación

1943-10-23

Descrición da relación

Ambas entidades se fusionan dando lugar a unha nova entidade chamada

Access points area

Materias

Lugares

Occupations

Área de control

Identificador do rexistro de autoridade

AE-AR-FEst

Identificador da institución

ES GA 15078 ACCG

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación, revisión ou eliminación

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Notas de mantemento

  • Portapapeis

  • Exportar

  • EAC

Materias relacionadas

Lugares relacionados