Área de identidade
Código de referencia
Título
Data(s)
- 1975 - (Creación)
Nivel de descrición
Unidade documental composta
Extensión e medio
9 folletos
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
As orixes do Centro Galego de Barcelona remóntanse a 1892, pero no es hasta el 1923 que un grupo de emigrantes galegos deciden darlle forma legal á entidade. Foi inaugurado o ano 1923, como unha entidade de carácter recreativo, producíndose pronto problemas internos como a escisión no ano 31 dun grupo de socios que fundarían o "Centro Cultural Galego". Ambas entidades desapareceron a causa da guerra civil.
O 30 de xullo de 1946, como continuación da Peña Galega "A Casa da Troia" constituíuse a "Casa de Galicia", sendo o seu primeiro presidente Santiago Guisán Pardo. En maio de 1947 aproban os estatutos da sociedade artística "Cantigas e Aturuxos" e o 25 de xaneiro de 1948, en asembleia extraordinaria apróbase a fusión de ambalas dúas entidades creando o actual "Centro Gallego de Barcelona".
Ese mesmo ano aproban os estatutos donde aparecen os fins da nova entidade: crear e manter Centros e Seccións especiais de ensino e capacitación técnica en beneficio dos asociados; fomentar a divulgación das Artes entre todos os socios e simpatizantes, promovendo e protexendo a celebración de exposicións, conferencias, visitas, museos e coleccións, así como a formación de tertulias e demais actividades análogas; socorrer, dentro das súas posibilidades, a cantos galegos, transeúntes ou residentes en Barcelona o solicitasen; ofrecer previsión e mutua protección entre os socios, para o que se crean seccións de Montepío, Bolsa de Traballo; abrir un consultorio médico para dar asistencia clínica aos socios e crear un economato e outros similares.
En 1934 crean a Coral "Lonxe da Terra" baixo a batuta do mestre Castells e que sería refundada en 1989. O 4 de marzo de 1948 sae a luz o primeiro número de "Alborada", órgano oficial da entidade e que se segue a publicar hoxe en día.
Fundan baixo a dirección de Xosé Luís Foxo Rivas o ano 1977, unha escola de gaitas e danzas chamada "Toxos e Xestas" de gran repercusión cultural e artística en toda Cataluña e contan cun grupo de teatro "Lonxe da Terra".
O centro ten a súa sede nas Ramblas, Caputxins 35-37, que pasa a ser da súa propiedade no ano 1992. Alí está a biblioteca "Otero Pedrayo", inaugurada en 1979, cuns importantes fondos en literatura galega.
Actualmente organizan actividades recreativas e culturais como bailes, conferencias, exposicións; ofertan cursos de lingua galega e convocan un Premio de narrativa "Manuel Casado Nieto". Ademais, colabora na posta en marcha de emisoras de radio como "Radio Amistad", clausurada en xuño de 1985 e "Radio Celta", inaugurada en abril de 1985.
Repositorio
Historia arquivística
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Folletos do "Centro Gallego de Barcelona" sobre actuacións teatrais, conservados en formato papel:
- 1 díptico (214 x 150 mm): A agrupación teatral Valle-Inclán representa "Una noche de primavera sin sueño" de E. Jardiel Poncela o día 20/12/1975.
- 1 cartaz (tamaño A4): Un grupo do centro representa a comedia "O menciñeiro á forza" de Moliére, traducida por Xosé Manuel Carballo e dirixida por Franciso A. Ferrio, o día 12/05/1975.
- 1 tríptico (215 x 104 mm): Un grupo do centro representa a obra "Una cigüeña bromista" de Andre Roussin dirixida por Francisco A. Ferrio, o día 12/03/1977.
- 1 díptico (214 x 150 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Nin me abandonarás nunca" de José G. Posada Curros e Luís de Gálvez, traducida ao galego por Xosé Luis Méndez Ferrín, o día 21/06/1992.
- 1 díptico (214 x 150 mm): Felicitación de Nadal da Presidenta do Centro Galego de Barcelona na que inclúe o convite a unha cea, e as actuacións previstas para o día 19/12/1993 do grupo de teatro e o coro Lonxe da Terra.
- 1 tríptico (215 x 103 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "Os cravos de prata" de Nicolás Bela na súa versión galega de Francisco Pillado Mayor o día 18/01/1997.
- 1 díptico (210 x 105 mm): O grupo de teatro Lonxe da Terra do Centro representa "O enfermo imaxinario" de Moliére, traducida por Manuel Guede, baixo a dirección de Francisco A. Ferrio, o día 29/11/1997.
- 1 tríptico (215 x 103 mm): O Centro organiza a representación de "Usted puede ser un asesino" de Alfonso Paso.
- 1 folla voandeira (98 x 214 mm): Convite aos dous pases da representación da comedia galega "Bicos con lingua" os días 11 e 12 de febreiro de 2005.
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
- Español
- galego
Escritura do material
- latino
Notas de lingua e texto
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución e Arquivo da Emigración Galega - CdC
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Persoas e entidades
- Centro Gallego de Barcelona (Tema)
Puntos de acceso Xénero/Forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Borrador
Nivel de detalle
Parcial
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 17/06/2019
Idioma(s)
- galego
Escritura(s)
- latino